Conservatorio profesional de música Manuel Quiroga
O Conservatorio Profesional de Música Manuel Quiroga é un centro público de ensinanza musical da cidade de Pontevedra, de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galiza, que oferta ensinanzas dos graos elemental e profesional de música. Foi fundado en 1863 e recibe o nome actual en honor ao violinista pontevedrés Manuel Quiroga Losada.
Conservatorio Profesional de Música "Manuel Quiroga" | |
---|---|
Datos xerais | |
Localización | Pontevedra, Galiza |
Datos actuais | |
Datos de contacto | |
Enderezo | Avenida de Virxinia Pereira Renda, 4 36004 |
Páxina web | www.conservatoriomanuelquiroga.com |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarO Conservatorio de Pontevedra foi fundado en 1863, o que o converte nun dos conservatorios máis antigos que funcionan en Galiza. Dende 1992 está integrado na rede pública de conservatorios da Xunta de Galiza, impartindo os graos elemental e profesional dos plans de estudos regulados no RD 268/1966 ata a súa extinción, e o regulado no 253/1993 en vixencia e os estipulados na LOE/07 do 27 de setembro. En 2004 o Conservatorio abandonou a súa localización na céntrica rúa de Afonso XIII para trasladarse á avenida de Xoán Carlos I, no barrio da Parda da capital pontevedresa, o que supuxo o incremento da súa oferta educativa e o aumento do alumnado, aumentando en consecuencia o número de profesores e especialidades, engadindo tamén música antiga.
Especialidades
editarO centro ten unha oferta educativa que inclúe as especialidades de canto, piano, acordeón, especialidades orquestrais de vento madeira, vento metal, instrumentos familia do violín, percusión, corda pulsada, e instrumentos de música antiga e barroca como a frauta de bico, a viola da gamba ou o clave.
Instalacións
editarO edificio actual comprende un total de aproximadamente 3.200 m² distribuídos en catro andares, ós que se suma aparcadoiro para 26 prazas e xardíns. O centro conta coas seguintes instalacións:[1],[2]
- 27 aulas de ensino instrumental.
- 9 aulas de ensino non instrumental.
- 2 aulas de música de cámara.
- 1 aula polivalente.
- 1 aula de informática aplicada á música.
- 24 cabinas de estudio.
- 3 despachos.
- 1 sala de secretaría.
- 1 conserxería.
- 3 despachos destinados a usos varios (departamentos etc).
- Sala de profesores.
- Auditorio con máis de 200 localidades.
- Biblioteca-fonoteca.
- Cafetería.
- Aseos, cuartos de limpeza.
- Almacén xeral e cuartos de instalacións (no soto).
Notas
editar- ↑ "El nuevo conservatorio estará disponible a finales del 2002". La Voz de Galicia (en castelán). 29 de novembro de 2001.
- ↑ "El Concello cede a la Xunta la parcela del nuevo Conservatorio de Música". La Voz de Galicia (en castelán). 2 de xullo de 2002.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Conservatorio profesional de música Manuel Quiroga |