Conquiolina
composto químico
A conquiolina,[1] ás veces denominada tamén conchina ou perlucina, é un compleo de macromoléculas orgánicas, proteínas fibrosas quitinidais e polisacáridos, que son segregadas polo manto dos moluscos.
Estes complexos asócianse con cristais de aragonita para formaren unha estrutura ríxida que permite a construción da cuncha do molusco. As moléculas que forman a conquiolina e o carbonato de calcio que formará a aragonita son segregados polo manto. É a matriz orgánica que permite aos moluscos crear a aragonita, mellor que a calcita, da mesma forma que a interacción dos cristais hidroxiapatíticos e o coláxeno nos vertebrados. Estas moléculas danlle ao nácar unha enorme resistencia á ruptura, 3 000 veces superiore á da aragonita.[2]
Notas
editar- ↑ «As valvas están unidas por unha banda elástica chamada ligamento articular, composta por unha materia orgánica córnea, a conquiolina». En Ramonell, Rosa (1985): Guía dos mariscos de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia, S. A. ISBN 84-7154-506-2, p. 42.
- ↑ Rainer, Leslie et al. (2011), p. 225.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Rainer, Leslie; Angelyn Bass Rivera & David Gandreau (2011): Terra 2008: The 10th International Conference on the Study and Conservation of Earthen Architectural Heritage. Getty Publications.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- "Structure of the conchiolin cases of the prisms in Mytilus edulis", por Charles Grégoire, 1960 (en inglés).