Concello de Pontevedra
O Concello de Pontevedra é o máximo órgano de administración e goberno do municipio de Pontevedra. O actual alcalde de Pontevedra é Miguel Anxo Fernández Lores, no cargo desde o 4 de xullo de 1999.
Concello de Pontevedra | |
---|---|
Pleno municipal en 2011 | |
Tipo | concello |
Sede | casa consistorial de Pontevedra |
País | Galicia |
Na rede | |
https://www.pontevedra.gal/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Descrición
editarO Concello está composto por tres órganos: o Alcalde, que dirixe o Concello; o poder executivo, a Xunta de Goberno, composta polo Alcalde e os concelleiros designados por el; e o Pleno, unha asemblea elixida democraticamente que representa ao pobo de Pontevedra. O Alcalde é elixido polos membros do Pleno de entre os seus membros o día en que se constitúe a nova corporación municipal tras as eleccións locais.
Desde 1880, o Concello ten a súa sede na Casa Consistorial de Pontevedra, obra do arquitecto Alejandro Sesmero.[1] Desde 2010, os seus servizos administrativos centrais sitúanse na antiga mansión do Marques de Riestra de finais do século XIX na rúa Michelena 30.[2] Tamén desde 2010, e con motivo dunha reforma integral do Concello, os plenos municipais celébranse no Teatro Principal.[3]
Eleccións locais
editarAlcaldes
editarO 3 de abril de 1979 o Concello constituíuse como entidade democrática, celebrándose as primeiras eleccións democráticas durante a transición española á democracia. Os alcaldes desde entón son:[5]
Lexislatura | Nome | Partido |
---|---|---|
1979-1983 | José Rivas Fontán | Unión de Centro Democrático (UCD) |
1983-1987 | José Rivas Fontán | Alianza Popular (AP) |
1987-1991 | José Rivas Fontán | Independentes de Galicia |
1991-1995 | Javier Cobián | Partido Popular (PP) |
1995-1999 | Juan Luis Pedrosa | Partido Popular (PP) |
1999-2003 | Miguel Anxo Fernández Lores | Bloque Nacionalista Galego (BNG) |
2003-2007 | Miguel Anxo Fernández Lores | Bloque Nacionalista Galego (BNG) |
2007-2011 | Miguel Anxo Fernández Lores | Bloque Nacionalista Galego (BNG) |
2011-2015 | Miguel Anxo Fernández Lores | Bloque Nacionalista Galego (BNG) |
2015-2019 | Miguel Anxo Fernández Lores | Bloque Nacionalista Galego (BNG) |
2019-2023 | Miguel Anxo Fernández Lores | Bloque Nacionalista Galego (BNG) |
Notas
editar- ↑ "La Casa Consistorial afronta su segunda reforma integral en 129 años de historia". Faro (en castelán). 29 de marzo de 2009. Consultado o 30 de xaneiro de 2023.
- ↑ "Secretos desvelados de Michelena 30, la sede central del Concello de Pontevedra". La Voz de Galicia (en castelán). 31 de maio de 2022. Consultado o 31 de xaneiro de 2023.
- ↑ "Los plenos municipales regresarán al Teatro Principal el 19 de septiembre". Pontevedra Viva (en castelán). 22 de agosto de 2022. Consultado o 30 de xaneiro de 2023.
- ↑ "Elecciones municipales 2019 Pontevedra". El País (en castelán). 27 de maio de 2019. Consultado o 30 de xaneiro de 2023.
- ↑ "Corporacións dende 1979". Concello de Pontevedra. Consultado o 30 de xaneiro de 2023.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Concello de Pontevedra |
Outros artigos
editar- Casa Consistorial de Pontevedra
- Mansión do Marqués de Riestra
- Alcaldes de Pontevedra
- Eleccións municipais en Pontevedra