Colonización europea de América

A Colonización europea de América comezou no século X, cando os navegantes nórdicos exploraron e se asentaron en áreas limitadas das costas de Groenlandia e o Canadá.[1] Segundo a tradición nórdica, os violentos conflitos coa poboación indíxena provocaron que ós nórdicos abandonasen eses asentamentos.

Evolución territorial de Norte América entre 1750 e 2008.

A colonización extensiva dos europeos comezou en 1492, cando unha expedición española capitaneada por Cristovo Colón navegou cara ao oeste para descubrir unha nova ruta comercial cara ao "Afastado Leste", mais no seu canto atoparon o continente americano. A conquista europea, a exploración a grande escala, a colonización e o desenvolvemento industrial comezaron axiña. As primeiras dúas viaxes de Colón (1492–93) chegaron ata as Bahamas e varias illas do Caribe, incluíndo A Española, Porto Rico e Cuba. En 1497, partindo dende Bristol, Inglaterra, John Cabot chegou ata a costa de Norte América, e un ano despois, a terceira viaxe de Colón chegou ata a costa de América do Sur. Como patrocinador das viaxes de Colón, o Imperio Español foi a primeira potencia europea en ocupar e colonizar grandes áreas. As cidades españolas foron as primeiras en seren fundadas, como a de Santo Domingo (1496), na actual República Dominicana.

Outras potencias como Francia tamén fundaron colonias en América: no leste de América do Norte, nalgunhas illas do Caribe e pequenas zonas de América do Sur. Portugal colonizou Brasil, intentou tamén moi axiña (dende 1499) colonizar as costas da actual Canadá, e asentouse tamén na beira noroeste do río da Prata (incluída na rexión brasileira). Este foi o comezo da dramática expansión territorial de moitos países europeos. Ata daquela, Europa estivera asolada por guerras internas, e estaba a recuperarse lentamente da perda de poboación causada pola peste bubónica; polo que a rapidez coa que se desenvolveu en riqueza e poder era imprevisible a comezos de 1400.[2]

Eventualmente, o hemisferio occidental pasou a estar baixo o control de gobernos europeos, provocando graves cambios na paisaxe, a poboación, a flora e a vida salvaxe. Só no século XIX, 50 millóns de persoas abandonaron Europa cara ás Américas.[3] A eras despois de 1492 é coñecido como intercambio colombiano, un brutal e xeneralizado intercambio de animais, plantas, cultura, poboacións humanas (incluíndo escravos), de enfermidades contaxiosas e ideas entre os hemisferios norteamericanas e afroeuropeo.

  1. Pálsson, Hermann (1965). The Vinland sagas: the Norse discovery of America. Penguin Classics. p. 28. ISBN 0-14-044154-9. Consultado o 2010-04-15. 
  2. Taylor, Alan (2001). American Colonies. Nova York: Penguin Books. ISBN 9780142002100. 
  3. David Eltis Economic Growth and the Ending of the Transatlantic slave trade

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Bailyn, Bernard, ed. Atlantic History: Concept and Contours (Harvard UP, 2005)
  • Bannon, John Francis. History of the Americas (2 vols. 1952), older textbook
  • Bolton, Herbert E. "The Epic of Greater America," American Historical Review 38, no. 3 (abril 1933): 448–74 in JSTOR
  • Davis, Harold E. The Americas in History (1953), older textbook
  • Egerton, Douglas R. et al. The Atlantic World: A History, 1400-1888 (2007)
  • Eltis, David. The Rise of African Slavery in the Americas (2000).
  • Hinderaker, Eric; Horn, Rebecca. "Territorial Crossings: Histories and Historiographies of the Early Americas," William and Mary Quarterly, xullo de 2010, Vol. 67 Issue 3, pp 395–432 in JSTOR
  • Lockhart, James, e Stuart B. Schwartz. Early Latin America: A History of Colonial Spanish America and Brazil (1983).
  • Merriman, Roger Bigelow. The Rise of The Spanish Empire in the Old World and in the New (4 vol. 1934)
  • Morison, Samuel Eliot. The European Discovery of America: The northern voyages, A.D. 500-1600 (1971)
  • Morison, Samuel Eliot. The European Discovery of America: The southern voyages, 1492-1616 (1971)
  • Parry, J. H. The Age of Reconnaissance: Discovery, Exploration, and Settlement, 1450-1650 (1982)
  • Sarson, Steven, e Jack P. Greene, eds. The American Colonies and the British Empire, 1607-1783 (8 vol, 2010); primary sources
  • Starkey, Armstrong (1998). European-Native American Warfare, 1675-1815. University of Oklahoma Press ISBN 978-0-8061-3075-0
  • Vickers, Daniel, ed. A Companion to Colonial America (2003)