Cobalt Air
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Cobalt Air é unha aeroliña chipriota baseada no aeroporto de Larnaca. A compañía realizou o seu voo inaugural o 1 de xuño de 2016 dende Larnaca ata Atenas.[2] É a segunda aeroliña chipriota en nacer, despois de Tus Airways, desde a disolución de Cyprus Airways en 2015. En xuño de 2017 era a segunda aeroliña máis grande no aeroporto de Larnaca cun 8,2% de capacidade semanal tras Aegean Airlines. Agárdase que sexa a aeroliña con máis presenza para o verán de 2018 tras a súa expansión en Larnaca.[3]
Cobalt Air | ||
---|---|---|
IATA CO | OACI FCB | Indicativo APOLLO |
Fundación | 2015[1] | |
Inicio das operacións | 1 de xuño de 2016[1] | |
Aeroporto principal | aeroporto de Larnaca | |
Frota | 6 | |
Destinos | 23 | |
Páxina web: https://cobalt.aero |
Historia
editarO primeiro Airbus A320 de Cobalt Air chegou en abril de 2016 e a aeroliña rebibiu o seu certificado de operador o 18 de maio dese ano despois dun voo de proba entre Larnaca e Heraklion. Segundo o seu presidente Gregory Diacou, Cobalt planeaba recibir outros tres avións do mesmo tipo cara finais do mes de xuño.[4]
Despois do seu exitoso voo inaugural entre Larnaca e Atenas, Cobalt comezou a vender billetes o 14 de xuño para esa ruta e outras cinco novas rutas máis: Dublín, Heraklion, Londres-Stansted, Manchester e Tesalónica.[5]
O 4 de marzo de 2017 o ministro de transporte de Chipre anunciou que Cobalt comezaría a operar tres veces por semana a ruta entre Paphos e Athens enchendo o baleiro deixado por Ryanair que deixaría de operar ese voo a finais do mes.[6]
En agosto de 2017 a aeroliña anunciou plans para instalar nos seus avións Wi-Fi para permitirlle aos seus pasaxeiros descargar contidos nos seus dispositivos persoais. Trátase dun movemento para afastarse da súa concepción orixinal como unha aeroliña de baixo custo cara a unha modelo de servizos plenos.[7]
Frota
editarEn maio de 2018 a frota de Cobalt Air estaba formada polos seguintes avións:[8]
Avión | En servizo | Pedidos | Pasaxeiros | Notas | ||
---|---|---|---|---|---|---|
C | Y | Total | ||||
Airbus A319-100 | 2 | — | — | 144 | 144[8] | |
Airbus A320-200 | 4 | — | 12 | 144 | 156[8] | |
Total | 6 | — |
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Centre for Aviation (ed.). "Cobalt Air". Consultado o 17 de maio de 2018.
- ↑ Cyprus Mail (ed.). "COBALT – the new airline of Cyprus – conquers the skies.". Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2018. Consultado o 17 de maio de 2018.
- ↑ anna.aero (ed.). "Cobalt prepares to go long-haul; anna.aero visits Cyprus’ leading airline as it gets ready to enter its second year of operations". Consultado o 17 de maio de 2018.
- ↑ In-Cyprus (ed.). "COBALT officially Cyprus’ new airline". Archived from the original on 19 de maio de 2016. Consultado o 17 de maio de 2018.
- ↑ anna.aero (ed.). "Cobalt takes to the skies from Cyprus". Consultado o 17 de maio de 2018.
- ↑ Cyprus Mail (ed.). "Cobalt to fill Ryanair’s Paphos-Athens gap". Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2018. Consultado o 17 de maio de 2018.
- ↑ Aviation Week (ed.). "Cobalt Air To Install Onboard Wi-Fi". Consultado o 17 de maio de 2018.
- ↑ 8,0 8,1 8,2 Cobalt Air (ed.). "Fleet". Consultado o 17 de maio de 2018.