Cisxordania[1][2] (árabe: ضفة غربية ), así chamada por se atopar na marxe oeste do río Xordán) é o nome moderno para a parte central do antigo protectorado británico de Palestina que ficou baixo administración xordana tras o armisticio que puxo fin á guerra declarada a causa do establecemento do estado de Israel en 1948. Corresponde en termos xerais coas rexións bíblicas de Xudea e Samaria, aínda que o uso destes nomes na actualidade asóciase aos sectores israelís que aspiran á anexión dos territorios. Delimitada ao leste polo Xordán e mailo Mar Morto, e ao oeste pola chamada Liña Verde, que a separa do estado de Israel, Cisxordania, que tén entre 20 e 40 quilómetros de ancho, non pertence formalmente a ningún país na actualidade, e a ONU considéraa oficialmente "ocupada por Israel".

Modelo:Xeografía políticaCisxordania
Imaxe

Epónimooeste Editar o valor en Wikidata
Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 32°00′N 35°21′L / 32, 35.35
Territorio reivindicado porEstado de Palestina
Israel
Xordania Editar o valor en Wikidata
EstadoEstado de Palestina Editar o valor en Wikidata
CapitalRamala Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación2.881.687 (2017) Editar o valor en Wikidata (491,76 hab./km²)
Lingua oficiallingua árabe Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie5.860 km² Editar o valor en Wikidata
Lonxitude da costa40 km Editar o valor en Wikidata
Bañado porMar Morto, Río Kevin e Mar de Galilea Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoMount Nabi Yunis (en) Traducir (1.020 m) Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoMar Morto (−437 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Creación1949 Editar o valor en Wikidata
Evento clave
Organización política
• Xefe do gobernoMahmoud Abbas (2004–) Editar o valor en Wikidata
MoedaNovo sheqel Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Prefixo telefónico+970 Editar o valor en Wikidata
ISO 3166-2WBK Editar o valor en Wikidata

BNE: XX456029

De acordo ao mandato de Nacións Unidas que ditaminou a partición de Palestina nun territorio xudeu e mais un árabe, Cisxordania estaba destinada a albergar este último; a cidade de Xerusalén e os poboados darredor quedarían baixo control internacional. Non obstante, durante a guerra Árabe-Israelí de 1948, o territorio ficou baixo control xordano, e en 1950 Xordania anunciou oficialmente o seu intención de anexalo, que non foi recoñecida internacionalmente. Xunto coa Franxa de Gaza, Cisxordania foi ocupada militarmente por Israel cando a Guerra dos seis días de 1967; o controvertido plan de colonización impulsado polo Likud levou á construción de numerosos asentamentos, comunicados entre si por estradas de circunvalación (de uso exclusivo para colonos). O status da parte oriental de Xerusalén é aínda máis confuso; Israel non a recoñece como parte dos territorios ocupados, aínda que en principio esta estaba comprendida nas áreas suxeitas á Resolución 242 do Consello de Seguridade que puxo fin ao conflito de 1967.

Desde 1993 impídese a unha gran parte da poboación palestina de Cisxordania o acceso diario a Xerusalén Leste, reivindicada como capital de Cisxordania. Israel está rematando a construción dun muro que separará a Israel da Cisxordania. Este muro é moi controvertido, ao deixar partes da Cisxordania da banda israelí do muro, co cal significa unha anexión de facto. Ademais, este muro provoca o illamento de milleiros de palestinos, incluso partindo pobos pola metade.

Tras os Acordos de Oslo a poboación palestina de Cisxordania tén acceso a un limitado autogoberno, encarnado na Autoridade Nacional Palestina. É en Cisxordania e na Franxa de Gaza onde se debería constituír o futuro estado palestino independente.

A principal cidade de Cisxordania é Xerusalén oriental, sendo o seu centro xeográfico, cultural, relixioso, turístico, e principal mercado. Outras cidades son, ao sur, Belén e Hebrón; ao leste Xericó; ao norte está Ramallah; e Nablús, cidade monumental e centro industrial.

En Cisxordania existen máis de 200 asentamentos israelís. Tamén existen 9 campos de refuxados palestinos, resultado da súa expulsión doutras zonas de Israel polo estado xudeu.

A poboación no ano 2001 era de 2,1 millóns de habitantes, dos cales, 235.000 viven en Xerusalén oriental; 140.000 na cidade de Hebrón; e 116.000 en Nablús. Nos 19 campos de refuxiados de Cisxordania viven unhas 150.000 persoas. Nos asentamentos israelís viven uns 400.000 habitantes, a metade aproximadamente en Xerusalén Leste.

  1. Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1304. ISBN 9788482887524. 
  2. López Martínez, María Cruz (2005). Gran dicionario século 21 da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1442. ISBN 9788482893419.