Circuíto de Pedralbes
Circuíto de Pedralbes | |
---|---|
Plano do Circuíto | |
Datos | |
Carreiras | |
Localización | Barcelona, España |
Lonxitude | 6´316 km |
Curvas | 6 |
Volta rápida (1951) | 2:16.93 |
Piloto récord | Juan Manuel Fangio |
Escudería récord | Alfa Romeo |
Coordenadas | |
Vista do Circuíto | |
O Circuíto de Pedralbes é un circuíto de carreiras urbano situado nas rúas do barrio de Pedralbes de Barcelona, España, no que se celebraron carreiras de motocicletas e de automóbiles entre 1946 e 1955. Foi o primeiro circuíto español no que se celebraron carreiras de Fórmula 1.
Tiña unha lonxitude de 6.316 metros. Estaba delimitado polas rúas Avenida do Generalísimo Franco (actual Avenida Diagonal), Numancia, Paseo Manuel Girona, Avenida da Victoria (actual Avenida de Pedralbes) e estrada de Cornellà a Forgas de Tordera (actual Avenida de Esplugues).
Acolleu dous grandes premios de Fórmula 1, en 1951 e 1955.
O desastre ocorrido no circuíto da Sarthe en 1955 provocou un troco nas medidas de seguridade dos circuítos que obrigou a clausurar o circuíto de Pedralbes. Barcelona concibiu entón outro circuíto urbano en Montjuic, o circuíto de Montjuic.
Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto de Pedralbes
editarAno | Piloto | Auto | Duración | Lonxitude | Voltas | Velocidade media | Data | GP de |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1951 | Juan Manuel Fangio | Alfa Romeo | 2:46:54.10 h | 6´316 km | 70 | 158´939 km/h | 28. Outubro | España |
1954 | Mike Hawthorn | Ferrari | 3:13:52.1 | 6´316 km | 80 | 156´378 km/h | 24. Outubro |