Circuíto de Barcelona-Cataluña
Circuíto de Barcelona-Cataluña | |
---|---|
Plano do Circuíto | |
Datos | |
Inauguración | 1991 |
Outros nomes | |
Carreiras | Fórmula 1; MotoGP; GP2 Series; World Series by Renault; |
Localización | Montmeló (provincia de Barcelona) |
Coordenadas | |
Capacidade | 140.700 espectadores |
Lonxitude | 4,675 km |
Curvas | 16 (9 dereita, 7 esquerda) |
Volta rápida (2021) | 1:18.149 |
Piloto récord | Max Verstappen |
Escudería récord | Red Bull Racing |
Circuíto de Gran Premio (2007–2020) | |
Lonxitude km | 4´655 |
Curvas | 16 |
Récord tempo | 1:18.183 |
Récord piloto | Valtteri Bottas |
Récord equipo | Mercedes |
Récord ano | 2020 |
Circuíto de Gran Premio (2004–2006) | |
Lonxitude km | 4´627 |
Curvas | 16 |
Récord tempo | 1:15.641 |
Récord piloto | Giancarlo Fisichella |
Récord equipo | Renault |
Récord ano | 2005 |
Circuíto de Gran Premio (1995–2003) | |
Lonxitude km | 4´730 |
Curvas | 16 |
Récord tempo | 1:20.143 |
Récord piloto | Rubens Barrichello |
Récord equipo | Ferrari |
Récord ano | 2003 |
Circuíto Orixinal coa chicana Nissan (1994) | |
Lonxitude km | 4´745 |
Curvas | 16 |
Récord tempo | 1:25.155 |
Récord piloto | Michael Schumacher |
Récord equipo | Benetton-Ford |
Récord ano | 1994 |
Circuíto Orixinal (1991-1993) | |
Lonxitude km | 4´747 |
Curvas | 16 |
Récord tempo | 1:20.989 |
Récord piloto | Michael Schumacher |
Récord equipo | Benetton-Ford |
Récord ano | 1993 |
Vista do Circuíto | |
O Circuíto de Barcelona-Cataluña (en catalán: Circuit de Barcelona-Catalunya), coñecido tamén como Circuíto de Cataluña ou Circuíto de Montmeló, é un autódromo situado na poboación de Montmeló, na provincia de Barcelona, España. Inaugurado no ano 1991, ten capacidade para 131.000 espectadores, e acolle diversas competicións entre as que destacan o Gran Premio de España de Fórmula 1 e o Gran Premio de Cataluña do MotoGP.
Debido a que é un dos circuítos máis utilizados para os ensaios dos diferentes equipos de Fórmula 1, a gran maioría dos pilotos está moi familiarizados co mesmo.
O Circuíto de Barcelona-Cataluña é unha instalación pública, cuxa titularidade pertence á Generalitat de Cataluña. Está xestionado polo Real Automóbil Club de Cataluña (RACC).
O circuíto sufriu unha pequena remodelación a principios de 2007, ao introducirse unha chicana na curva do estadio, reducindo a velocidade desa curva. A escapatoria desa chicana é de asfalto, a diferenza das típicas escapatorias de grava, e instalaron un sistema novo de absorción de impactos, que aseguran a integridade do piloto ata velocidades de 200 km/h.
Historia
editarO Circuíto de Barcelona-Cataluña construíuse en 1991 e albergou o Gran Premio de España ese mesmo ano. A construción tamén coincidiu cos Xogos Olímpicos que se disputaron en Barcelona[1] no ano seguinte, no que o circuíto actuou como liña de saída e meta para a carreira de ciclismo por equipo contra o reloxo.[2] O Circuíto de Barcelona-Cataluña non se debe confundir co circuíto de Montjuïc, que foi a sede do Gran Premio de España catro veces entre 1969 e 1975 e a diferenza do Circuíto de Barcelona-Cataluña, en realidade está situado dentro da cidade de Barcelona.
Debido a que moitas probas realízanse neste circuíto, os pilotos de Fórmula Un e os mecánicos están moi familiarizados con el. Isto levou á crítica de que esta familiarización con Cataluña reduce a cantidade de acción na pista.
Cando se utilizou por primeira vez, era frecuente que nos adiantamentos os coches seguiranse de cerca a través das dúas últimas curvas e en ronsel pola longa recta. Cando equilibrio aerodinámico fíxose máis crítico, este método de adiantamento reduciuse drasticamente a medida que os coches foron incapaces de seguir un ao outro a través da última curva rápido debido as turbulencias creadas polo coche que lideraba.[1] A tempada 2007 viu a primeira das dúas curvas finais substituídas por unha chicana lenta, nun esforzo para mellorar os adiantamentos. Con todo, o novo deseño aínda non demostrou ningún efecto.
O Circuíto de Barcelona-Cataluña acolleu o Gran Premio de motociclismo desde 1992, orixinalmente o Gran Premio de Motociclismo de Europa desde 1992 e máis tarde o Gran Premio de Motociclismo de Cataluña desde 1996. A chicana, colocada na penúltima curva para a Fórmula 1 non xoga un papel no deseño da pista de Moto GP, e hai polo menos cinco puntos na pista (curvas 1, 2, 4, 10, 14) onde se sabe que os pilotos poden adiantar. Do mesmo xeito que na Fórmula 1, a primeira curva é sen dúbida o lugar máis popular para os adiantamentos. O circuíto non é famoso por producir grandes cantidades de adiantamentos, malia as súas longas rectas.
O circuíto albergou moitas outras series de carreiras internacionais, incluíndo o Campionato da FIA de Sport Prototipos (1999-2002), Campionato Europeo de Turismos (2003), Campionato FIA GT (2003), Deutsche Tourenwagen Masters (2006-2011), European Le Mans Series (2008-2009), e World Series by Renault (2002-2004, 2006-2011). O Campionato Mundial de Rallycross da FIA actualmente visita a Cataluña desde o ano 2015.
Trazado
editarDo seu trazado destaca a longa recta de meta de máis de 1 km de lonxitude. O resto do circuíto combina curvas e contracurvas rápidas con pinzas e unha recta.
No ano 2007 estreouse unha nova chicana situada entre a penúltima e ante-penúltima curva antes de entrar na recta principal.
Historia do trazado
editar-
Circuíto orixinal do Gran Premio (1991–1994)
-
Circuíto de Gran Premio (1995–2003)
-
Circuíto de motociclismo (1995–2016)
-
Circuíto de Gran Premio (2004–2006)
-
Circuíto de Gran Premio (2007–2020) & circuíto de motociclismo (2016–2017)
-
Trazado do World RX (2015-presente)
-
Circuíto de Motociclismo (2018–2020)
-
Circuíto de Gran Premio (2021)
-
Circuíto de Motociclismo (2021)
Características
editar- Capacidade espectadores: 140.700
- Lonxitude do circuíto: 4´655 quilómetros.
- Distancia da carreira de Fórmula 1: 66 voltas = 307´104 quilómetros. 16 curvas en total.
- Configuración aerodinámica: alta. Velocidade máxima estimada 317 km/h con DRS, 305 km/h sen DRS
- Aceleración a fondo: 60% do tempo de volta.
- Tempo de freado: 13% do tempo da volta.
- Total de combustible necesario para a distancia de carreira:
- Consumo de combustible: kg por volta.
- Cambio de marchas por volta:
- Número de zonas de freado:
- Desgaste dos freos: medio/baixo
- Desgaste dos pneumáticos: alto
- Distancia dos Boxes:
- Perda de tempo nunha parada en boxes:
- Tempo total necesario para a parada en boxes: 21 segundos (media)
- Efecto de combustible (custo en tempo por volta de 10 kg de combustible transportado): 0´40 segundos.
- Marca volta: Kimi Raikkonen - Ferrari, 1.21.670 en 2008
Carreiras
editar- Gran Premio de España de Fórmula 1.
- Le Mans Series, 1.000 km de Cataluña.
- Gran Premio de Cataluña de Motociclismo do Campionato Mundial de Motociclismo
- World Series by Renault
- Fórmula 3 Euroseries
- Campionato de España de Velocidade (CEV)
- Campionato de España de Fórmula 3
- International GT Open
- Campionato de Cataluña de Automovilismo
- Campionato de Cataluña de Motociclismo
- Campionato de Camións
- DTM
- 24 horas de Automovilismo - Trofeo Fermí Vélez
- 24 horas Frigo de Motociclismo
Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto de Barcelona
editarNº | Ano | Piloto | Construtor | Motor | Pneus. | Tempo | Lonxitude | Voltas | Velocidade media | DatA | GP de |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 1991 | Nigel Mansell | Williams | Renault | G | 1:38:41,541 h | 4,747 km | 65 | 187,586 km/h | 29. setembro | España |
2 | 1992 | Nigel Mansell | Williams | Renault | G | 1:56:10,674 h | 4,747 km | 65 | 159,353 km/h | 3. maio | |
3 | 1993 | Alain Prost | Williams | Renault | G | 1:32:27,685 h | 4,747 km | 65 | 200,227 km/h | 9. maio | |
4 | 1994 | Damon Hill | Williams | Renault | G | 1:36:14,374 h | 4,747 km | 65 | 192,367 km/h | 29. maio | |
5 | 1995 | Michael Schumacher | Benetton | Renault | G | 1:34:20,507 h | 4,727 km | 65 | 195,410 km/h | 14. maio | |
6 | 1996 | Michael Schumacher | Ferrari | Ferrari | G | 1:59:49,307 h | 4,727 km | 65 | 153,856 km/h | 2. xuño | |
7 | 1997 | Jacques Villeneuve | Williams | Renault | G | 1:30:35,896 h | 4,728 km | 64 | 200,396 km/h | 25. maio | |
8 | 1998 | Mika Häkkinen | McLaren | Mercedes | B | 1:33:37,621 h | 4,728 km | 65 | 196,943 km/h | 10. maio | |
9 | 1999 | Mika Häkkinen | McLaren | Mercedes | B | 1:34:13,665 h | 4,728 km | 65 | 195,688 km/h | 30. maio | |
10 | 2000 | Mika Häkkinen | McLaren | Mercedes | B | 1:33:55,390 h | 4,727 km | 65 | 196,281 km/h | 7. maio | |
11 | 2001 | Michael Schumacher | Ferrari | Ferrari | B | 1:31:03,305 h | 4,730 km | 65 | 202,508 km/h | 29. abril | |
12 | 2002] | Michael Schumacher | Ferrari | Ferrari | B | 1:30:29,981 h | 4,730 km | 65 | 203,751 km/h | 28. abril | |
13 | 2003 | Michael Schumacher | Ferrari | Ferrari | B | 1:33:46,933 h | 4,730 km | 65 | 196,619 km/h | 4. maio | |
14 | 2004 | Michael Schumacher | Ferrari | Ferrari | B | 1:27:32,841 h | 4,627 km | 66 | 209,205 km/h | 9. maio | |
15 | 2005 | Kimi Räikkönen | McLaren | Mercedes | M
|
1:27:16,830 h | 4,627 km | 66 | 209,931 km/h | 8. maio | |
16 | 2006 | Fernando Alonso | Renault | Renault | M
|
1:26:21,759 h | 4,627 km | 66 | 212,075 km/h | 14. maio | |
17 | 2007 | Felipe Massa | Ferrari | Ferrari | B | 1:31:36,230 h | 4,655 km | 65 | 198,102 km/h | 13. maio | |
18 | 2008 | Kimi Räikkönen | Ferrari | Ferrari | B | 1:38:19,501 h | 4,655 km | 66 | 187,401 km/h | 27. abril | |
19 | 2009 | Jenson Button | Brawn | Mercedes | B | 1:37.19,202 h | 4,655 km | 66 | 189,337 km/h | 10. maio | |
20 | 2010 | Mark Webber | Red Bull | Renault | B | 1:35:44,101 h | 4,655 km | 66 | 192,471 km/h | 9. maio | |
21 | 2011 | Sebastian Vettel | Red Bull | Renault | P | 1:39:03,301 h | 4,655 km | 66 | 186,020 km/h | 22. maio | |
22 | 2012 | Pastor Maldonado | Williams | Renault | P | 1:39:09,145 h | 4,655 km | 66 | 185,910 km/h | 13. maio | |
23 | 2013 | Fernando Alonso | Ferrari | Ferrari | P | 1:39:16,596 h | 4,655 km | 66 | 185,605 km/h | 12. maio | |
24 | 2014 | {{GBRb}ç Lewis Hamilton | Mercedes | Mercedes | P | 1:41:05,155 h | 4,655 km | 66 | 182,283 km/h | 11. maio | |
25 | 2015 | Nico Rosberg | Mercedes | Mercedes | P | 1:41:12,555 h | 4,655 km | 66 | 182,061 km/h | 10. maio | |
26 | 2016 | Max Verstappen | Red Bull | Renault (TAG Heuer) | P | 1:41:40,017 h | 4,655 km | 66 | 181,241 km/h | 15. maio | |
27 | 2017 | Lewis Hamilton | Mercedes | Mercedes | P | 1:35:56,497 h | 4,655 km | 66 | 192,057 km/h | 14. maio | |
28 | 2018 | Lewis Hamilton | Mercedes | Mercedes | P | 1:35:29,972 h | 4,655 km | 66 | 192,946 km/h | 13. maio | |
29 | 2019 | Lewis Hamilton | Mercedes | Mercedes | P | 1:35:50,443 h | 4,655 km | 66 | 192,259 km/h | 12. maio | |
30 | 2020 | Lewis Hamilton | Mercedes | Mercedes | P | 1:31:45,279 h | 4,655 km | 66 | 200,821 km/h | 16. agosto | |
31 | 2021 | Lewis Hamilton | Mercedes | Mercedes | P | 1:33:07.680 h | 4,655 km | 66 | 198,710 km/h | 9. maio | |
32 | 2022 | Max Verstappen | Red Bull-RBPT | RBPT | P | 1:37:20.475 h | 4,655 km | 66 | 190,109 km/h | 22. maio | |
33 | 2023 | Max Verstappen | Red Bull-Honda RBPT | Honda RBPT | P | 1:27:57.940 h | 4,655 km | 66 | 209´647 km/h | 4. xuño | |
34 | 2024 | Max Verstappen | Red Bull-Honda RBPT | Honda RBPT | P | 1:28:20.227 h | 4,655 km | 66 | km/h | 23. xuño |
Récords
Piloto: Michael Schumacher (6) • País: Reino Unido (9), Alemaña (8) • Construtor Ferrari (8) • Motor: Mercedes/Renault (11 veces cada un) • Pneur: Bridgestone (11)
Voltas rápidas
editarVolta rápida oficial
editarVoltas rápidas en cada configuración diferente do circuíto. (Baixo condicións de carreira).
Configuración do circuíto | Trazado | Clase/Categoría | Evento | Tipo de evento | Tempo | Piloto | Coche/Moto |
---|---|---|---|---|---|---|---|
Circuíto do Gran Premio de F1 actual (2007 – presente) |
Fórmula 1 | Gran Premio de España de 2008 | Carreira | 1:21.670 | Kimi Räikkönen | Ferrari F2008 | |
MotoGP | Gran Premio de Cataluña de 2017 | 1:45.969 | Jonas Folger | Yamaha YZR-M1 |
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Ligazóns externas
editar- Historia e características do Circuíto de Barcelona-Cataluña[Ligazón morta] MundoMotormanía
- Páxina oficial do Circuíto
- Localización do Circuíto
- ↑ 1,0 1,1 Furnell, Claire (novembro de 2009). "Circuíto de Cataluña". en.espnf1.com. ESPN EMEA Ltd. Consultado o 13 de agosto de 2010.
- ↑ 1992 Summer Olympics official report. Arquivado 28 de maio de 2008 en Wayback Machine. Volume 2. pp. 305–7.