Un chapitel[1] é un elemento arquitectónico que se sitúa na parte superior dunha torre, campanario ou igrexa a modo de remate. Por veces o termo tamén é empregado como sinónimo de capitel, elemento de remate superior da columna ou da pilastra.

Detalle do chapitel da igrexa de San Pedro, en Riga (Letonia).
Chapiteis da portada occidental da catedral de Burgos.

A forma dos chapiteis pode variar en función dos diferentes estilos arquitectónicos: poden ser de forma piramidal, cónica ou bulbosa e terminar en forma de frecha aguda. Destaca o seu uso no gótico, no que se converten na culminación visual do templo e símbolo de achegamento a Deus.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para chapitel.

 
 Este artigo sobre arquitectura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.