Cerdaña
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2018.) |
Cerdaña[1] (Cerdanya en catalán, Cerdagne en francés, Ceritania en latín) é un territorio histórico que como consecuencia do Tratado dos Pireneos do 1659, quedou dividido en dous: a comarca da Alta Cerdaña, que forma parte dos Pireneos Orientais, é dicir, os territorios administrados por Francia, e a Baixa Cerdaña, que forma parte de España, dentro da Comunidade Autónoma de Cataluña. Esta á súa vez, quedou dividida nas provincias de Xirona e Lleida.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Capital | Puigcerdà | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 1.085,76 km² | |||
Altitude | 1.100 m | |||
Xeografía
editarComprende dende o collado de la Perxa ata o congosto de Martinet. A comarca limita con Andorra, o Ariège, o Capcir, o Conflent, o Ripollès, o Berguedà e o Alt Urgell. O enclave de Llivia forma parte da Baixa Cerdaña por estar baixo soberanía española, pero os seus territorios están situados no medio do territorio francés, cousa que fai que xeograficamente forme parte da Alta Cerdaña. As montañas que delimitan o val oscilan entre os dous mil e os case tres mil metros de altitude (Carlit, 2921 m; Puigmal 2909 m).
O val que conforma a Cerdaña é un afundimento tectónico situado ao leste do macizo dos Pireneos. Cunha superficie de 1086,07 kn2, esta rexión natural divídese, nun 50,3% para España e un 49,7% para Francia. Está regado polo río Segre e os seus afluentes. É o único val pirenaico que transcorre de leste para oeste en lugar da dirección Norte-Sur ou Sur-Norte habitual. Isto fai que a insolación na Alta Cerdaña sexa das máis importatntes de Europa e foi aproveitado no forno solar de Font-Romeu.
Demografía
editarNo ano 2001 os habitantes da Cerdaña eran 26.500, deles, o 53,4% corresponden a España e o 46,6% a Francia. Cunha densidade de 24 habitantes por km2 é a rexión con menos habitantes de Europa Occidental. O maior número de habitantes atópase na vila transfronteiriza de Puigcerdà-Bourg-Madame:10.900 habitantes en 2001.
Municipios
editarPatrimonio cultural
editarDebido a presenza humana dende tempos prehistóricos, o patrimonio monumental e cultural da comarca é moi remarcable. Existen diferentes megálitos, dolmens (coma o de Marrunyes ou de Ordèn), menhires (coma o Pla del Bac) e diversos sitios arqueolóxicos e pinturas rupestres[2]. Mais o patrimonio máis senlleiro é o do románico, coas igrexas de Santa María de Talló, Sant Martí d'Ix, Santa María de Mosoll ou Sant Martí d'Ur. O románico tamén está representado nos castelos de Llívia e Querol e na fortificación de Sant Martí dels Castells[2]. Posteriormente co desenvolvemento do estilo gótico, construíronse a igrexa de Sant Pere d'Alp, o antigo convento de Sant Domènec de Puigcerdà ou a torre de Bernat de So a Llívia. Mais o máximo expoñente do gótico, é o barrio antigo de Bellver de Cerdanya, coa súa praza maior porticada e a igrexa de Sant Jaume.[2]. Dentro da creación artística, salientar ó pintor Pere Borrell (1835-1910) de Puigcerdà e ó literator Jordi Pere Cerdà, de Sallagosa.[2]. Dentro do ámbito científico e técnico nomear o médico Francesc Piguillem (1770-1826) de Puigcerdà.[2].
Espazos naturais
editarA Cerdanya conta con importantes valores dende o punto de vista da fauna, flora e paisaxismo. Así existen diferentes espazos naturais protexidos. Na parte sur salientar o Parque Natural do Cadí-Moixeró[2].. Trátase dunha formación rochosa duns 30 km que separa as concas dos ríos Segre e Llobregat. con ecosistemas propios da alta montaña. En Francia, atópase a Reserva natural d'Eina, que cobre a totalidade do val do mesmo nome. Debido ó seu microclima, danse numerosas especies botánicas de grande interese científico e un bo número de endemismos. Ademais, nesta zona téñense catalogado máis de setenta especies diferentes de lepidópteros[2].
Notas
editar- ↑ "Cerdaña". Diciopedia do século 21 1. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 431.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Varios autores (2005). RACC 62, ed. Els 40 millors racons de la Cerdanya. ISBN 84-96149-39-0.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cerdaña |