Cenlle
Cenlle é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca do Ribeiro. Segundo o IGE en 2014 tiña 1.235 habitantes (1.601 en 2003)
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | provincia de Ourense | ||||
Capital | Xubín | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.087 (2023) (37,48 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 29 km² | ||||
Altitude | 117 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcaldesa | Rebeca Sotelo (2022–) | ||||
Eleccións municipais en Cenlle | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 32459 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 32025 | ||||
Poboación
editarCenso total (habitantes) | 1.235 (2014) |
Menores de 15 anos | 60 (4.86 %) |
Entre 15 e 64 anos | 661 (53.52 %) |
Maiores de 65 anos | 514 (41.62 %) |
Evolución da poboación de Cenlle Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
4.047 | 5.115 | 5.334 | 2.342 | 1.575 | 1.396 | |||||||||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Xeografía
editarOcupa unha extensión de 29,2 km². Está situado entre o río Avia e o Miño xeograficamente é o reborde dos Chaos de Maside e Santo Amaro, que caen máis bruscamente cara ao Miño que non ao Avia.
O relevo é accidentado, pero carece de elevacións importantes, destacando:
- Piñeiro (477 m).
- A Corredoira (489 m).
- Názara (415 m).
- Monte de San Breixo, Monte de San Berismo e monte de San Trocado.
Bañan o termo pequenos regos que desembocan nos ríos Avia e Miño (como por exemplo, o regato da Fareixa), que limitan ao municipio polo oeste e polo leste, respectivamente.
Vías de comunicación
editarAs principais vías de comunicación son:
Economía
editarA viticultura, cunha variada gama de especies continúa sendo a actividade agrícola máis estendida, ocupando o 93,47 % das terras labradas, sendo o concello do Ribeiro coa maior porcentaxe de terra cultivada dedicada o cultivo da vide.
Dada a topografía irregular, o cultivo realízase frecuentemente en bancadas, sendo o tamaño das propiedades pequeno.
As variedades cultivadas son as seguintes:
- Brancas: Albariño, Treixadura, Xerez (Palomino), Caiño Branco, Catalán Branco, Godello,Loureiro o Marqués, Torrantes, Albilla....
- Tintas: Caiño Mouro, Tinta femia, Alicante, Gran negro, Souson o Ferran, Garnacha, Mencia, Catalán Roxo, Folla redonda, Jazquez, Brancellao...
Os viños tintos teñen moita capa e bastante corpo, uns 11 graos de alcohol e característico sabor ácido. Os brancos teñen entre 11 e 12 graos e menor acidez. Todos eles son moi suaves e dixestivos.
Fóra do sector primario apenas existen iniciativas empresariais destacadas, aínda que o moderno Balneario de Laias é un sinal dun posible florecemento de servizos turísticos.
Prehistoria
editarNo Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense consérvanse bifaces de cuarcita, con ampla reserva de codia atopados neste concello.
Outro achado nunha carballeira deste termo revelou un acocho de 5 ou 6 machados de talón con aneis. Un deles, de dous aneis e 244x50 mm, foi regalado ao Museo Arqueolóxico de Ourense por Maximino Álvarez, alcalde que foi do Carballiño.
Historia
editarEn primeiro lugar cómpre destacar a testemuña do Bispo Hidacio no seu Cronicón, que remata situando o achado no río Miño, a 5 millas de Laias, de catro peixes de ouro por parte duns pescadores, que interpreta coma un mal presaxio.
Cenlle sitúase na histórica Terra de Castela, xa coñecida con este nome dende o século IX.
As primeiras referencias escritas sobre Cenlle remóntanse a un documento do ano 1238, no que o Deán da Catedral de Ourense afora a Abril Eáns varias propiedades, entre as que se atopaba unha seara cerca da Torre (In Cauto de Ceeli), obrigándose a entregar a metade do viño e un terzo do centeo que recollera nesa seara.
Outros documentos recollen relacións forais entre as xentes de Cenlle e, principalmente o Cabido da Catedral de Ourense ou o Mosteiro de San Clodio.
Os tres documentos mais antigos conservados están redactados en latín e datan de 1191, 1238 e 1258 (no que tiña que entregar un terzo de tódolos froitos) e os catro seguintes no tempo en galego nos anos 1286, 1289 e 1421 (nel obrigábase a entregar unha cuarta parte de tódolos froitos e un quinto do viño).
En xullo de 1836 os seus veciños, xunto cos de Regadas acoden na axuda da parroquia de Beade repelendo o ataque das tropas carlistas dirixidas por Guillade e Pobadura.
Patrimonio histórico e artístico
editarMoitos pazos e igrexas son testemuña da importancia económica do Ribeiro nos séculos pasados. Destacan polo seu estado de conservación:
Igrexas
editar- Igrexa de San Miguel de Osmo, de orixe románica e modificacións renacentistas do século XVI. Conserva interesantes pinturas manieristas no seu interior.
- Igrexa de San Xoán de Sadurnín, de fábrica románica, conserva a fachada principal e numerosos canzorros.
- Igrexa de Santa Mariña de Esposende, de fábrica románica.
- Igrexa de Santiago de Trasariz, que conserva unha ara romana.
- Igrexa de San Lourenzo da Pena, de fábrica Románica con arranxos posteriores, destaca a imaxe románica da Virxe da O.
- Santuario de San Bieito de Cuñas.
- Igrexa de Santa María de Cenlle.
- Igrexa de San Miguel de Vilar de Rei.
Pazos
editar- Pazo de Rioboó, afastado e interesante exemplo do barroco compostelán.
- Casa dos Toubes.
- Casa Grande de Lentille.
- Pazo de Saa.
- Pazo de Sadurnín.
Cruceiros
editar- Cruceiro de Ánimas e Cruceiro da Procesión de Santa María de Cenlle.
- Cruceiro de San Miguel de Osmo.
- Cruceiro de San Lourenzo da Pena.
Petos de ánimas
editar- Peto de ánimas de Santa María de Cenlle.
Castros
editar- Castro de Areas, na parroquia de Esposende.
- Castro da Pena, na parroquia de Santa María de Cenlle.
Outros
editar- Explotación aurífera galaico-romano de Laias
Galería de imaxes
editar- Artigo principal: Galería de imaxes de Cenlle.
-
Peto de ánimas en Cenlle
-
Capela da Virxe do Socorro en Osmo
-
Cruceiro de ánimas en Cenlle
-
Detalle do Cruceiro de Osmo - Crucificado
-
Táboa da Epifanía da Predela de San Miguel (Igrexa de San Miguel de Osmo)
-
Fachada principal da Igrexa de San Xoán de Sadurnín
-
Atardecer en Názara.
Parroquias
editarLugares de Cenlle
editarPara unha lista completa de todos os lugares do concello de Cenlle vexa: Lugares de Cenlle.
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cenlle |
Bibliografía
editar- González Pérez, Clodio (1998): Sete datas de Cenlle, Santiago de Compostela.
- González Pérez, Clodio, e Marín Martínez, Xoán Ramón (2008): As varandas de ferro dos corredores e balcóns do Ribeiro, (1º premio do VII Concurso de Investigación "Romaría Raigame", 2008), Deputación de Ourense, ISBN 978-84-96503-92-2.
- González Pérez, Clodio (2015): "Cruceiros do concello de Cenlle (Ourense)", Actas do VI Congreso Galego de Cruceiros, Lugo.
- González Pérez, Clodio (2015): "A casa reitoral de San Lourenzo da Pena (Cenlle). Restos dunha obra románica do s. XII-XIII", Boletín Avriense, XLV, Ourense.
Ligazóns externas
editar Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |