Catuxa López Pato
tradutora galega
(Redirección desde «Catuxa Pato»)
Catuxa López Pato, nada no Rosal o 22 de agosto de 1973, é unha funcionaria e tradutora galega.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de agosto de 1973 (51 anos) O Rosal, España |
Educación | Universidade de Colonia Universidade de Sevilla |
Actividade | |
Ocupación | tradutora |
Familia | |
Pais | Anselmo López Carreira e Chus Pato |
Irmáns | Sabela López Pato |
Traxectoria
editarLicenciada en Xermánicas e Románicas pola Universidade de Colonia (Alemaña) no 2000, máster de tradución xurídica pola Universidade de Sevilla no 2004. É funcionaria do corpo superior na Xunta de Galicia dende 2010. Foi candidata de En Marea ao Congreso por Pontevedra nas eleccións xerais de 2016.
Obra
editarTradución
editar- A rosa de ninguén, de Paul Celan, 2005, Galaxia.
- Camposanto, de W. G. Sebald, 2007, Galaxia.
- Máquina Hamlet e outras pezas, de Heiner Müller, 2013, Galaxia.
- Perplex, de Marius von Mayenburg, 2015.
- Insulto ó Público, de Peter Handke, 2016, con Sabela López Pato.[1]
- O facedor de teatro, de Thomas Bernhard, 2017, Galaxia.
- Poemas de José F. A. Oliver en Rosalía en Camiño 2022.[2]
Premios
editar- Premio María Casares ó mellor texto adaptado ou traducido no 2015 por Perplex.
Notas
editar- ↑ Ficha Arquivado 15 de setembro de 2019 en Wayback Machine. na páxina web de Escenasdocambio.
- ↑ Rosalía en Camiño 2022