Carballeda de Valdeorras

concello da comarca de Valdeorras, na provincia de Ourense

Carballeda de Valdeorras é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Valdeorras. Segundo o IGE en 2015 tiña 1698 habitantes (1870 en 2009, 2155 en 2003). O xentilicio é carballedego[1] ou valdeorrés.[1]

Modelo:Xeografía políticaCarballeda de Valdeorras
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°22′34″N 6°52′39″O / 42.376111111111, -6.8775
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
Provinciaprovincia de Ourense Editar o valor en Wikidata
CapitalCarballeda Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación1.373 (2023) Editar o valor en Wikidata (6,17 hab./km²)
Xeografía
Superficie222,69 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude600 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcaldesa Editar o valor en WikidataMaría Carmen González Quintela (2019–) Editar o valor en Wikidata
Eleccións municipais en Carballeda de Valdeorras Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal32330 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE32017 Editar o valor en Wikidata

Demografía

editar
Censo total 1.698 (2015)
Menores de 15 anos 112 (6,6 %)
Entre 15 e 64 anos 1057 (62,25 %)
Maiores de 65 anos 529 (31,15 %)
Persoas estranxeiras 311 (18,31 %)
Evolución da poboación de Carballeda de Valdeorras   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
4018 3806 4024 3344 2080
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Localización

editar

Carballeda de Valdeorras sitúase no extremo oriental de Galiza. Limita ao norte con Rubiá, ao sur coa Veiga, ao leste con Encinedo e Benuza (provincia de León) e ao oeste co Barco de Valdeorras.

Polo extremo norte pasa o río Sil, aínda que ten máis relevancia o Casoio, que transcorre todo el polo municipio. Estes e outros ríos transcorren nos vales da Serra do Eixe, que ten as súas maiores alturas no sul: Macizo de Pena Trevinca (Trevinca Sur 2127 m; 2119 m en Pena Negra, Pena Survía 2095 m., a Serra do Eixe (1500 m) e os Vales do Casaio (1773 m).

Os montes son de lousas e xistos, e a extracción en canteiras é a principal actividade económica do concello.

Polo municipio transcorren o trazado da antiga N-120, que une Galiza coa meseta, e o camiño de ferro de Palencia á Coruña.

Historia

editar
 
Casa do concello.

Os romanos procuraron ouro no Sil; a destacar a explotación de tipo ruina montium na freguesía da Médua. Durante a Idade Media estas terras pasaron de man en man: dos descendentes do Conde Froila Díaz pasaron á Casa dos Castro, aos Condes de Lemos e finalmente ao Condado de Ribadavia, no século XV; mais algúns lugares como Lardeira e Casaio estaban baixo a xurisdición da Cabreira, pertencente ao marqués de Vilafranca do Bierzo, como acontecería tamén con lugares valdeorreses do actual concello de Rubiá. Porén ata fins do Antigo Réxime e desde a Alta Idade Media o mosteiro de San Martiño de Castañeda, sito na próxima comarca de Sanabria mantivo a granxa de Santa Cruz, na parroquia de Casoio, obxecto de poxa durante a desamortización.

Durante a Guerra de Independencia Española o abade de Casoio, José Ramón Quiroga Uría, dirixiu as alarmas do Valdeorras contra as tropas francesas. Durante a Guerra civil española e na posguerra, constituíronse grupos guerrilleiros antifranquistas, que utilizaron a serra do Eixe como refuxio, sendo quizais o máis coñecido dos seus mandos Manuel Bazán Girón. Ao tempo, os nazis, no comezo da década de 1940, explotaron as minas de volframio de Valborraz, nos montes de Casaio, que explotaron con presos de guerra republicanos.

Nos anos 1950, o descubrimento de importantes filóns de lousa -louxa en variante local- no cunca dos ríos Casoio e Candís, sería o inicio, nos comezos lento, dunha importante industria de extracción e elaborado como material de cubrición, principalmente. Dun certo minifundismo industrial, foise chegando a unha maior concentración e a expansión exterior, dalgunhas das empresas, das que talvez o símbolo sexa CUPA -ata hai pouco coñecida como CUPIRE-, recoñecida actualmente como a primeira empresa mundial do sector da pedra. Porén, a pesar de que o concello ostenta a proporción máis alta de Galiza de poboación activa empregada no sector secundario -e tamén de emprego feminino-, o concello perdeu poboación, unha parte importante da cal se trasladou ao veciño O Barco de Valdeorras, polas súas características marcadamente xa urbanas con ampla oferta de servizos.

Monumentos e turismo

editar

Do megalitismo destaca o Lombo das Arcas. A vía militar romana XVIII ou Vía Nova atravesou Valdeorras. Próxima dela fican os piares da Pontóriga sobre o Sil, por onde atravesaba unha vía romana secundaria. A ponte que atravesa o río Casaio, que unia camiños secundarios da Vía XVIII, ten un só arco e está construída con lousas. Nese arco houbo unha vivenda, arrasada a fins do século XX por unha crecida.

A ponte de Sobradelo, Carballeda de Valdeorras, sobre do Sil, con sete arcadas, cuxo arco central foi cortado polo abade de Casoio durante a Guerra de Independencia Española, foi comezada a finais do século XVI.

Un dos atractivos de Carballeda é o Macizo de Pena Trevinca, poboado de árbores autóctonas e co único bosque de teixos de toda Galiza, o teixedal de Casaio.

Galería de imaxes

editar

Parroquias

editar
Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Carballeda de Valdeorras

Candeda (San Bernabeu) | Carballeda (San Vicenzo) | Casaio (Santa María) | Casoio (San Xulián) | Domiz (San Bernabeu) | Lardeira (San Tirso) | A Portela do Trigal (Santa Ana) | Pumares (San Martiño) | Pusmazán (San Mateo) | Riodolas (Santa María) | Robledo (Santa María) | San Xusto (San Xusto) | Santa Cruz (Santa Cruz) | Sobradelo (Santa María) | Soutadoiro (Santa Isabel) | Vila (Santa María Madanela) | Viladequinta (San Pedro)

Lugares de Carballeda de Valdeorras

editar

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Carballeda de Valdeorras vexa: Lugares de Carballeda de Valdeorras.

Véxase tamén

editar

 
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.