Capitolio dos Estados Unidos

Sede do poder lexislativo dos Estados Unidos de América

O Capitolio é o edificio que serve como sede do poder lexislativo dos Estados Unidos de América, a Cámara de Representantes (House of representatives, en inglés) e o Senado.

Capitolio dos Estados Unidos
Coordenadas38°53′23″N 77°00′33″O / 38.889722222222, -77.009166666667
editar datos en Wikidata ]

A construción do edificio comezou en 1793 e completouse en 1811. Atópase en Washington, D.C., a capital do país, e é unha das súas principais atraccións.

Dólar conmemorativo do bicentenario do Capitolio (1994).

O edificio foi deseñado inicialmente por William Thornton, pero modificado posteriormente por Benjamin Henry Latrobe e Charles Bulfinch. Ten unha gran cúpula no centro (deseñada por Thomas U. Walter e August Schoenborn) e dous edificios anexos a cada lado. A ala norte corresponde ao senado e a ala sur á cámara de representantes. Nos pisos de arriba áchanse galerías para que o público poida observar as sesións en certas ocasións. É un exemplo do neoclasicismo arquitectónico estadounidense.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar