Cantaría
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2015.) |
A cantería ou cantaría é a arte de labrar a pedra para o seu emprego posterior en construcións. Asócianse varios oficios a esta técnica, sendo os máis destacables os canteiros.
O traballo de canteira mecanizouse en gran parte, ocasionando a desaparición paulatina dos oficios da cantaría. Actualmente, a súa produción está dirixida, preferentemente, cara a restauración de edificacións de alto valor arquitectónico e patrimonial, para o revestimento de fachadas e a elaboración de fábricas de pedra.
Materia prima
editarA pedra é a materia prima da cantería, variando a técnicas e ferramentas usadas, en función das súas propiedades propias como a dureza, fraxilidade, composición xeolóxica etc
Proceso de elaboración e oficios
editarO proceso de traballo comeza coa extracción da rocha da canteira, cun subsecuente despece de bloques, aplicarlle un escuadro, para finalmente proceder a labrar os cachotes.
Este proceso consta de catro fases, intervindo en cada unha diferentes artesáns:
- extracción do material, seguindo a veta, ou febra, con cuñas, marrón, barra e pico de recalar;
- redimensión do bloque de pedra, empregando cuñas, pico, mandarria e escuadro;
- proporcionar as formas idóneas, realizado polo canteiro;
- acabado final, incluíndo, ás veces, detalles decorativos.
Marcas de cantería
editarOs antigos artesáns marcaban os seus traballos cuns signos chamados marcas de canteiro, recoñecibles entre eles, os cales tamén aparecían gravados na súas ferramentas de traballo. Eran marcas moi simples, compostas por raias, puntos, cruces, ou coa letra inicial do nome. Estes signos servían de referencia para coñecer a produción de cada artesán; e foron profusamente empregadas na arquitectura medieval.
Ferramentas
editarNo proceso de elaboración da pedra necesítase un amplo número de utensilios e ferramentas, entre as que encontramos:
- utensilios de medición, como metros, compases e escuadros;
- ferramentas de percusión, como cuñas, mazos, marrón, picos, martelos, buxardas, escodas, macetas etc.,
- ferramentas de corte, como serras e tronzadores,
- ferramentas de acabado, como ciceis, punzóns, trinchante, fiador, formón, escoupros, abuxardadoras e chumbadas.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cantaría |