O caniche[1][2] é unha raza de cans que ata o primeiro cuarto do século XX, eran considerados de uso exclusivo para o luxo dos aristócratas e nobres. Coñecidos pola súa pelaxe lanosa e rizada, existen as variedades xigante, mediano, anano e miniatura ou toy. Ata o Renacemento, era un can cobrador de augas, é dicir, eran cans que recuperaban as presas xa cazadas que caeran á auga, como parrulos e cisnes.

Caniche negro.

Noutros idiomas

editar

En cada lingua, o caniche recibe un nome distinto:

Historia da raza

editar

Procedentes de Francia, os caniches son descendentes do Barbet, orixinarios dos encoros alemáns; e na Idade Media, foi destinado para a caza de aves natatorias como o parrulo ou o ganso, de modo que seleccionouse por características tales como a súa adaptabilidade ao terreo lamacento e a súa resistencia á auga, o que fai que esta raza, xunto con outras sexan chamados cans acuáticos.

A partir do século XVI, os caniches empezaron a ser famosos pola súa beleza e intelixencia, sobre todo en diversas presentacións circenses, obras de arte de diversos autores como Durero e Francisco de Goya. En tempos de Lois XVI de Francia xa era moi común a súa presenza na corte francesa.

 
Cachorros de Caniche Toy

Por cambios no gusto no que fai á súa aparencia, durante o século XIX, desprezouse a protección da pelaxe, que ata entón, tiña a función de resgardalo da hipotermia, polo que os estilistas empezaron a crear diversos cortes como o Británico montano e o Continental. Para os caniches recentemente nados, iniciouse o costume de amputar a cola, que na actualidade é unha práctica prohibida.

Na Guerra franco-prusiana empezou a difusión da raza como tal, destinada ós millonarios e aristócratas. Só no século XX, predominaba a variedade Xigante, polo que posteriormente xurdiron coa aprobación das asociacións caninas como o Kennel Club as variedades Standart (de escasa difusión desde 1792), Miniatura (1911) e Toy (1957). Nos anos finais do século XX xurdiu a raza híbrida dos Labrapoodles (combinación de Caniche con Labrador).

Variedades

editar

Xigante

editar
 
Cachorro de Caniche Standart

Crese que é a variedade orixinal da que xurdiron as demais a través de cruzamentos para reducir a tálla. A altura á cruz varía desde 45 a 60 cm., admítese 2 cm de máis, sempre que o exemplar garde as proporcións. Nas exposicións celebradas baixo as normas da FCI os exemplares de cor negra, branca e marrón, xúlganse nun mesmo grupo para a obtención do CACIB. O mesmo ocorre coas exemplares de cor gris, albaricoque e vermella; o mellor de cada un destes grupos pasa a un xuízo final para determinar o mellor exemplar da variedade.

Mediano

editar

A altura nesta variedade está comprendida entre os 35 e os 45 cm e ao igual que ocorre na variedade xigante, as cores xúlganse por grupos.

Esta variedade presenta unha altura á cruz de 28 a 35 cm, ten que parecer un caniche de tamaño mediano, pero máis pequeno e non presentar ningún signo de ananismo. Como nas variedades máis grandes son xulgados agrupados por cores.

Miniatura ou Toy

editar
 
Caniches Toy, 18 semanas

A altura da cruz para o caso dos Miniatura varía de 24 a 28, e acéptase 1 cm de menos sempre que se manteñan as proporciones e que non presenten ningún sintoma de ananismo. Ao contrario que ocorre nas demais variedades xúlganse todas as cores xuntos.

Lonxevidade

editar

Dependendo da súa saúde, os caniches adoitan vivir entre os 13 a 18 anos. (Variedades Toy e Miniatura, de 13 a 15 e Variedades Xigante e Standart, de 16 a 18).

Mantemento

editar

Para o seu coidado, pélanse de acordo ao seu estilo, o que require un peluquero canino. Acéptase o pelo en forma de melena para cabeza, orellas e pescozo, incluídas as patas. Non soltan demasiado pelo e por saúde débense limpar os ollos e as orellas. Débense lavar con certa frecuencia. O coidado do pelaje é incondicional nesta raza, polo que é necesario lavar con champu de can exclusivo e en ningún caso con champu humano, xa que daña a pel do caniche porque lle fai perder o aceite natural que posúe no seu pelo, e á longa, isto trae complicacións.

  • Comportamento e adiestramiento: Son moi alegres e intelixentes polo que son moi rápidos á hora de aprender. Están moi vinculados ao dono e a súa familia e non teñen problemas cos nenos, nin con outros cans e animais. Anuncian as visitas ladrando.

Caniches famosos

editar

Por ser de aspecto rechamante, a raza de cans caniche é unha das preferidas polos medios, desde series de TV ata películas adoitan incluír a esta raza no seu elenco.

Algúns exemplos:

  • Fu-Fu, mascota de Peggy en "O Show dos Muppets"
  • Georgette, na película "Oliver e Compañía"
  • Rita, en "Grande Pa!"
  • Cleo, en "Clifford, o gran can vermello"
  • Chiripa, en "Emoción de anxo"
  • Lucky, en "Shinchan"
  1. "caniche". TERGAL. Consultado o 21/11/2019. 
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para caniche.