Calgary
Calgary é a cidade máis grande da provincia de Alberta (Canadá). Está situada no sur da provincia, nunha rexión de outeiros e mesetas a unha distancia aproximada de 80 km ao leste das montañas Rochosas.
Epónimo | Calgary (pt) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Canadá | ||||
Provincia | Alberta | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.306.784 (2021) (1.582,91 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 466.725 (2016) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 825,56 km² | ||||
Bañado por | Rio Bow (pt) , Rio Elbow (pt) e Glenmore Reservoir (en) | ||||
Altitude | 1.045 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Creación | 7 de novembro de 1884: Vila | ||||
Evento clave | |||||
Organización política | |||||
• Alcaldesa | Jyoti Gondek (en) (2021–) | ||||
Órgano lexislativo | Calgary City Council (en) Circunscrición: 14, (Escano: 15) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | T1, T2 e T3 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 403, 587 e 825 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Phoenix Jaipur Quebec Saraxevo Mazkeret Batya (en) Naucalpan de Juárez Daqing (pt) (1985–) Daejeon (pt) (1996–) | ||||
Páxina web | calgary.ca | ||||
Características
editarÉ a terceira cidade do Canadá por poboación, contando, segundo o censo de abril de 2006, con 988.193 habitantes (1 079 310 na metrópole urbana en 2006, o que a coloca no quinto posto metropolitano canadense). O corredor Calgary-Edmonton é a zona urbana máis poboada entre Toronto e Vancouver. Tomou o seu nome dunha praia sita na illa de Mull en Escocia.
Calgary é un destino ben coñecido para deportes de inverno e ecoturismo; un gran número de lugares de vacacións importantes se sitúan preto da cidade. A economía de Calgary está principalmente centrada na industria petroleira; porén, a agricultura, o turismo e mais a alta tecnoloxía contribúen de xeito importante no desenvolvemento económico veloz da urbe. Calgary acolle tamén varios dos festivais anuais máis importantes como a Stampede de Calgary, o Folk Music Festival, o Lilac Festival, a GlobalFest, e o segundo festival da cultura dos Caribes do país (Carifest). En 1988, Calgary converteuse na primeira cidade canadense que acolleu os Xogos Olímpicos de inverno.
Calgary é a cidade máis próspera na provincia máis rica do Canadá.
Xeografía
editarCalgary está localizada na transición entre os chanzos das montañas Rochosas e as Pradeiras canadenses. A altitude de Calgary é aproximadamente de 1 048 metros sobre o nivel do mar no centro de negocios da cidade (Downtown), e de 1 083 metros no aeroporto. A cidade propia cobre unha área territorial de 721 km² (ano 2001).
Está sobre dous ríos principais que a atravesan. O río Bow é o maior e flúe do Oeste ao Sur. O río Elbow corre do Norte para o Mediodía ata confluír co Bow case no centro comercial de Calgary. Dado que o clima da rexión é, en xeral, frío, unha certa densidade de vexetación só aparece nos vales dos ríos, nalgunhas ladeiras da cara sur dos outeiros e no Fish Creek Provincial Park.
Clima
editarCalgary ten un clima continental propio de terras altas, con longos, pero moi variábeis, invernos e veráns curtos e cálidos. O clima está fortemente influído pola altitude da cidade e a proximidade ás montañas Rochosas. Aínda que os invernos de Calgary son fríos, o vento Chinook, quente e seco, que sopra regularmente sobre a cidade desde o océano Pacífico durante a época invernal, pode supor un alivio do frío. Tales ventos poden elevar as temperaturas ata 15 °C en poucas horas, e poden durar varios días. Aproximadamente nunha metade dos días invernais os máximos diarios están por encima dos 0 °C, e mesmo nalgúns mediodías do inverno a temperatura pode atinxir os 20 °C.
Calgary é unha cidade de temperaturas extremas, con gradientes térmicos que van desde −45 °C en 1893, ata un máximo de 36 °C en 1919. As temperaturas baixan do -30 °C uns cinco días por ano, aínda que estas temperaturas de frío máximo non acostuman durar moito máis. Segundo Environment Canada as medias diarias en Calgary van desde os −9 °C en xaneiro, ata os 16 °C no mes de xullo.
Historia
editarDocumentouse a presenza de poboadores desde hai uns 11.000 anos. Até a chegada dos europeos, era territorio do pobo pés negros.
Sam Livingston foi o primeiro en crear, na cidade, nos inicios de 1870, un asentamento europeo que cinco anos despois (no 1875) se converteu no punto de referencia da Policía da cabalo do Noroeste (North West Mounted Police). O lugar foi denominado primeiramente Fort Brisebois (do nome do oficial Éphrem-A. Brisebois), pero sería renomeada como Fort Calgary en 1876, como se dixo no inicio do nome dun areal. Cando máis tarde a compañía ferroviaria pacífica canadense (Canadian Pacific Railway) construíu no posto unha estación ferroviaria, Calgary comezou a medrar, volvéndose un gran centro agrícola e comercial. En 1894 Calgary foi proclamada oficialmente cidade (a sede central da compañía Canadian Pacific Railway radica agora na cidade).
Cando, a mediados do século XX foron descubertos en Alberta grandes xacementos de petróleo, Calgary foi o centro do conseguinte boom económico, tanto que, durante a década de 1970 a poboación se duplicou. En 1981, logo da promoción por parte do goberno do Programa Nacional da Enerxía, o éxito económico comezou a minguar. Aínda na actualidade a urbe atrae moitos residentes doutras cidade canadenses.