ADN C

(Redirección desde «C-DNA»)

(ADNc ou cDNA)

O ADN C ou C-DNA ou forma C do ADN é unha das moitas posibles estruturas en dobre hélice que pode adoptar o ADN. Esta forma de ADN pode observarse en certas condicións como en condicións de humidade relativamente baixa e en presenza de certos ións, como o Li+ ou Mg2+.

Investigacións recentes indican que tanto o ADN C coma o ADN B constan de dúas conformacións de nucleótidos distintas, chamadas B-I e B-II. A proporción da conformación B-II no ADN C é de máis do 40%. Porén, a proporción da conformación B-II no ADN B é de só un 10%.[1]

  1. L van Dam, M H Levitt (2000). "BII nucleotides in the B and C forms of natural-sequence polymeric DNA: A new model for the C form of DNA". J Mol Biol 304 (4): 541–61. PMID 11099379. doi:10.1006/jmbi.2000.4194. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar