C-640
A estrada comarcal C-640 foi unha vía de comunicación que ía desde Viveiro até Betanzos[1], ao longo de 95,420 km. A nomenclatura desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña).[2] Foi traspasado á actual estrada LU-540 e LU-170 (ata O Campo da Feira) polo decreto 308/2003, do 26 de xuño (ano 2003).[3]
C-640 | |
---|---|
Fito quilométrico C-640 en Ourol | |
Tipoloxía | estrada comarcal |
Rede | Rede de estradas de Galicia |
Lonxitude | 95,420 km |
Localización | |
Inicio | Viveiro |
Fin | Betanzos |
Percorrido
editarIníciase no cruzamento da estrada LU-862 en Viveiro e finaliza en Betanzos co cruzamento da estrada nacional N-651. De Viveiro a Cacheiros, é a actual estrada LU-540 e de Cacheiros ata Campo da Feira, é a actual estrada LU-170. Do Campo da Feira ata o limítrofe provincial de Lugo e A Coruña é a actual estrada LU-P-6513 e deste mesmo límite provincial ata Betanzos é a actual estrada DP-0905.
Notas
editar- ↑ Secretaría General Técnica (1964). Mapa Oficial de Carreteras de España. Escala 1:400.000 (en castelán) (6ª ed.). Ministerio de Obras Públicas.
- ↑ "Plan de Caminos" (en castelán).
- ↑ "DECRETO 308/2003, do 26 de xuño, polo que se aproba a relación de estradas de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia". Consultado o 21 de xullo de 2003.