C-17 (人造人間17号 Jinzō'ningen Jūnanagō?) é un personaxe ficticio do universo de Dragon Ball. É un dos androides creados polo Doutor Guero, para matar a Son Goku xunto a C-16 e C-18, considerados androides tecnorgánicos, os cales foron seres humanos reconstruídos con robótica avanzada.

Biografía

editar

Na liña temporal do Toranks do futuro, aparece xunto coa súa irmá C-18 derrotando a tódolos guerreiros Z. Ó ser Son Gohanda o único supervivente do masacre, vive agochado adestrándose ata que consegue acadar o estado Súper Guerreiro. Son Gohanda morre tras unha difícil batalla contra os dous androides, pero como consecuencia da súa morte, Toranks consegue despertar transformarse tamén nun Súper Guerreiro. Pouco despois decide ir vingar a Gohan, pero só consegue ser ferido. Vendo que o único xeito de cambiar o futuro é regresar ó pasado, Toranks viaxa no tempo para tratar de deter ós androides. Porén, ó regresar novamente á súa época, decátase de que na súa época nada cambiou e emprega as súas novas habilidades para derrotar ós dous androides, e C-17 e C-18 son destruídos.

Na liña de tempo orixinal, C-16, C-17 e C-18 son espertados polo Doutor Guero e despois de que C-17 asasine a este, deciden pelexar contra os Guerreiros Z. Derrótanos a todos doadamente, incluíndo a Vexeta e a Toranks, e van na busca de Son Goku, pois estaban programados orixinalmente para matalo.

Por outra banda aparece do nada un ser estraño chamado Célula, cuxo obxectivo é absorber ós androides e volverse un ser perfecto. Despois dunha breve batalla con Piccoro, que ó descubrir a existencia de Célula e os seus propósitos decide que o mellor é matar a C-17 e a C-18, este non consegue o seu obxectivo e é derrotado. C-17 é absorbido por Célula, e pouco despois C-18 tamén. Logo de que Son Gohanda vence a Célula, as bombas que tiñan no seu interior C-17 e C-18 son eliminadas por un desexo de Krilín ó dragón Shenron. Tempo despois vaga polo mundo ata que o C-17 do inferno o manipula e decide ir con C-18 para tratar de convencela de que se pase ó bando do Doutor Myu, pero esta négase e Krilín é asasinado. Despois de fusionarse co Novo C-17 e crear ó Súper C-17, é derrotado por Son Goku.

Novo C-17

editar

O Novo C-17 (新17号 Shin jūnanagō?), é unha copia do C-17 orixinal creada polo Doutor Guero e o Doutor Myu. Tralas súas respectivas derrotas, os dous científicos malvados coñécense no inferno. Alí xuntan a súa sabedoría para crear unha nova versión do androide máis forte, C-17. Esta nova versión é quen de controlar ó orixinal e era máis poderosa en combate. Ademais era capaz de sincronizarse con el, abrindo unha especie de vórtice entre a Terra e o inferno.

Súper C-17

editar

Súper C-17 (スーパー 17号 Sūpā jūnanagō?) é o androide definitivo, creado pola unión de C-17 e o Novo C-17.

Con Son Goku encerrado no inferno, o novo C-17 pelexa contra Vexeta durante uns minutos, mentres agarda a chegada do C-17 orixinal para unirse. Cando finalmente se atopan un co outro, fusiónanse e nace o androide definitivo, Súper C-17.

Toranks, Son Goten, Son Gohanda, Oob e Vexeta enfróntanse a Súper C-17, pero todos foron derrotados, sendo Vexeta transformado en Súper Guerreiro 2 o único guerreiro en pé que aguantou ata a chegada de Son Goku. Este transfórmase en Súper Guerreiro 4 e derrótao coa axuda de C-18.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar