O código ATC ou Sistema de Clasificación Anatómica, Terapéutica, Química (ATC: acrónimo de Anatomical, Therapeutic, Chemical classification system) é un índice de substancias farmacolóxicas e medicamentos, organizados segundo grupos terapéuticos. Este sistema foi insituido pola Organización Mundial da Saúde e adoptouse en Europa. O código recolle o sistema ou órgano sobre o que actúa, o efecto farmacolóxico, as indicacións terapéuticas e a estrutura química do fármaco

Está estruturado en cinco niveis:

  • 1.- Nivel anatómico: órgano ou sistema no que actúa o fármaco. Existen 14 grupos en total
A Sistema dixestivo e metabolismo
B Sangue e órganos hematopoéticos
C Sistema cardiovascular
D Medicamentos dermatolóxicos
G Aparello xenitourinario e hormonas sexuais
H Preparados hormonais sistémicos agás hormonas sexuais
J Antiinfecciosos en xeral para uso sistémico
L Axentes antineoplásicos e imunomoduladores
M Sistema musculoesquelético
N Sistema nervioso
P Produtos antiparasitarios, insecticidas e repelentes
Q Uso veterinario
R Sistema respiratorio
S Órganos dos sentidos
V Varios
  • 2.-Nivel: subgrupo terapútico
  • 3.-Nivel: subgrupo terapéutico ou farmacolóxico
  • 4.-Nivel: subgrupo terapéutico, farmacolóxico ou químico
  • 5.-Nivel: nome do principio activo ou da asociación farmacolóxica

Exemplo

editar

Na clasificación ATC o Diazepam ten o código: N05BA01

N → Sistema Nervioso - Grupo Anatómico principal
05 → Psicoléptico - Grupo Terapéutico principal
B → Ansiolítico - Subgrupo Terapeutico Farmacolóxico
A → Derivado Benzodiazepina - Subgrupo Químico-Terapéutico Farmacóloxico
01 → Diazepam - Subgrupo Químico

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar