Cándido Conde-Pumpido

xurista galego

Cándido Conde-Pumpido Tourón, nado na Coruña o 22 de setembro de 1949, é un xuíz galego, presidente do Tribunal Constitucional de España. Anteriormente foi Fiscal Xeral do Estado e maxistrado da Sala Segunda do Tribunal Supremo.

Modelo:BiografíaCándido Conde-Pumpido

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento22 de setembro de 1949 Editar o valor en Wikidata (75 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Presidente do Tribunal Constitucional de España
11 de xaneiro de 2023 –
← Pedro González-Trevijano (en) Traducir
Magistrate of the Constitutional Court of Spain (en) Traducir
14 de marzo de 2017 –
Fiscal Xeral do Estado
27 de abril de 2004 – 30 de decembro de 2011
← Jesús Cardenal Fernández (pt) TraducirEduardo Torres-Dulce Lifante →
Maxistrado do Tribunal Supremo de España
1995 – 14 de marzo de 2017 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmaxistrado, xuíz, avogado Editar o valor en Wikidata
EmpregadorTribunal Constitucional de España Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeClara Martínez de Careaga Editar o valor en Wikidata
FillosCándido Conde-Pumpido Varela Editar o valor en Wikidata
PaiCándido Conde-Pumpido Ferreiro Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX1616771 BUSC: conde-pumpido-touron-candido-1949 Dialnet: 1623750

Traxectoria

editar

Pasou a infancia en Pontevedra, onde o pai, Cándido Conde-Pumpido Ferreiro, que chegaría a ser membro do Tribunal Supremo e prolífico xurista, era fiscal da Audiencia. Xa o avó, Cándido Conde Pumpido, fora presidente das audiencias territoriais da Coruña, Valladolid e Valencia[1]. Conde-Pumpido estudou en Pontevedra no Colexio da Inmaculada.

A súa familia foi unha referencia na xustiza en Galicia e España: seu tío José tamén foi presidente da Audiencia da Rioxa, a súa curmá Paloma é fiscala, e a súa irmá Teresa Conde-Pumpido é maxistrada do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Formación e primeiros postos

editar

Licenciouse en Dereito e en Ciencias Económicas e empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela, onde foi fundador e dirixente do primeiro Sindicato Democrático de Estudantes da Universidade Galega, participando na loita polas liberdades e a democracia do ano 1968.

Durante o franquismo participou no movemento Justicia Democrática, que agrupaba os xuíces que propugnaban unha reforma democrática do réxime de Franco. Despois da aprobación da Constitución foi fundador e o primeiro voceiro de Xuíces pola Democracia.

En 1974 iniciou a súa carreira profesional como xuíz de primeira instancia e instrución primeiro na Pobra de Seabra e logo (1976) no Carballiño. En febreiro de 1981 ascendeu a maxistrado da Audiencia Provincial de Guipúscoa; mentres vivía en Donostia foi tamén profesor da universidade do País Vasco[1]. Durante eses anos de vida en Euscadi, anos intensos do terrorismo da ETA e dos grupos paramilitares españois, ditou as primeiras sentenzas por tortura e contra o terrorismo de estado.

En decembro de 1985 foi designado presidente da Audiencia Provincial de Segovia[1]. A comezos dos anos noventa (1992-1994) volveu ser o voceiro de Xuíces pola Democracia. Nesta segunda etapa opúxose​ á reforma da Lei de Seguridade Cidadá promovida polo daquela ministro socialista José Luis Corcuera, que reducía os dereitos e proteccións cidadás en materia de entrada e rexistro domiciliario. A lei foi logo anulada parcialmente polo Tribunal Constitucional, anulación que Conde-Pumpido valorara deste xeito: "confío en que este correctivo xurídico induza o Ministerio do Interior a comprender que o vieiro de diminuir as garantías xurídicas nin é lexítimo nin políticamente rendible"[2].

En 1995, aos 45 anos, foi nomeado maxistrado da Sala Segunda do Tribunal Supremo.

Tribunal Supremo e Fiscalía Xeral

editar

No Tribunal Supremo foi poñente da sentenza ditada no xuízo a Luis Roldán (exdirector xeral da Garda Civil). Participou no Tribunal que condenou, entre outros, o exministro de Interior José Barrionuevo polo caso Marey. Foi poñente das sentenzas que condenaron o presidente de Cantabria, Juan Hormaechea e o presidente de Navarra, Gabriel Urralburu.

O 23 de abril de 2004 foi nomeado polo goberno socialista Fiscal Xeral do Estado, en substitución de Jesús Cardenal, cargo no que continuou dúas lexislaturas ata comezos de 2012, cando foi substituído por Eduardo Torres Dulce. Durante o seu mandato modificouse o sistema de elección do Fiscal Xeral, dándolle un período fixo de mandato de catro anos, para reforzar a súa independencia; foi reelixido con ese novo sistema. Como fiscal xeral do estado foi asemade membro do Consello de Estado.

En maio de 2009 Conde-Pumpido foi nomeado para a presidencia da Conferencia de Fiscais Xerais da Unión Europea (UE), que foi ocupada polo Fiscal Xeral do Estado español. O acordo foi asinado por representantes dos 25 ministerios públicos da Unión.

Esta rede ten como misión o intercambio de experiencias e pronunciarse sobre o desenvolvemento do Dereito europeo, da maxistratura e dos tribunais comunitarios. Conde-Pumpido avogou nese tempo por a unha fiscalía paneuropea, prevista no Tratado de Lisboa, unha das prioridades do primeiro semestre de 2010, cando España estivo á fronte do Consello Europeo. Madrid foi en 2010 a sede da Conferencia de Fiscais Xerais e Presidentes de Tribunais Supremos da UE.[3] Conde-Pumpido deixou o posto en 2012, ao cesar como fiscal español; en 2019 Laura Kövesi foi designada primeira fiscala europea.

No final do seu mandato retornou como maxistrado da Sala Segunda do Tribunal Supremo.

Tribunal Constitucional

editar

En marzo de 2017 foi elixido maxistrado do Tribunal Constitucional. Seis anos máis tarde, en xaneiro de 2023 foi escollido en votación entre os maxistrados como presidente do Tribunal Constitucional.[4]

Como docente e xurista ten escrito, dirixido ou participado en distintas publicacións:

  • Manual del jurado (1996), a canda Enrique Arnaldo, Gustavo López-Muñoz e Manuel Marchena. ISBN: 84-7052-249-3
  • Los procesos penales (Bosch, 2000), a canda Vicente Gimeno e Jose Garberí ISBN: 9788476766231
  • Tratado práctico de los procesos de extranjería (Bosch, 2002), a canda Diego Córdoba, Fernando de Mateo e J.D. Sanz. ISBN: 9788476769577
  • Los juicios rápidos, el procedimiento abreviado y los juicios de faltas (Bosch, 2003), a canda Vicente Gimeno. ISBN: 8476769792
  • Derecho penal económico (CXPX, 2003). ISBN: 8496228274
  • Comentarios al código penal (2007) como director. ISBN: 9788497903165

Honras

editar

O presidente da República Francesa concedeulle a Lexión de Honra en 2011.[5]

Presidente da Asociación Iberoamericana de Ministerios Públicos

editar

En outubro de 2007, na XV Asemblea celebrada en Madrid,[6] Conde-Pumpido foi elixido por unanimidade para asumir a Presidencia da Asociación Iberoamericana de Ministerios Públicos (AIAMP), composta por 21 países e que ten como finalidade estreitar os vínculos de cooperación, solidariedade e enriquecemento profesional entre os Ministerios Públicos ibero-americanos. Os países da AIAMP son os seguintes: a Arxentina, Bolivia, o Brasil, Colombia, Costa Rica, Chile, Cuba, Ecuador, O Salvador, España, Guatemala, Honduras, Nicaragua, México, Panamá, Paraguai, o Perú, Portugal, a República Dominicana, o Uruguai e Venezuela. O antecesor de Conde-Pumpido como Presidente foi Guillermo Piedrabuena Richard, Fiscal Nacional de Chile e o seu sucesor, en 2011, Roberto Gurgel, Procurador-Geral da República do Brasil.

O fiscal xeral español Cándido Conde-Pumpido Tourón, que ocupou a presidencia por catro anos, iniciou proxectos importantes de cooperación internacional [7] como as Guías de Santiago de tutela as vítimas e testemuñas, a guía de combate ao tráfico de drogas e as fichas AIAMP para compartir informacións dos Ministerios Públicos ibero-americanos. Foi relevado na presidencia, durante a celebración da XIX Asemblea Xeral Ordinaria da AIAMP, o 7 de decembro de 2011 en Brasilia, polo Procurador Xeral da República, Roberto Monteiro Gurgel, elixido por unanimidade para o bienio 2012-14. Conde-Pumpido declarou ao deixar a presidencia que «Acredito que o señor Gurgel, ao que temos todos un grande aprecio, é a persoa máis indicada para levar adiante esta asociación»[8].

En Brasilia, o 6 de decembro de 2011, durante o Seminario Ibero-americano sobre Novas Formas de Criminalidade, o Fiscal Xeral de España e presidente da AIAMP, Conde-Pumpido, resaltou o combate contra a corrupción, citou a experiencia do seu país coa creación dunha Fiscalia especializada neste tipo de crime e salientou que a sociedade exixe do Ministerio Público «comportamentos estritos e rigorosos»[9] .

Do 23 a 25 de marzo de 2011, Conde-Pumpido inaugurou e participou en Fortaleza, Brasil na IV Conferencia Regional para a América Latina da International Association of Prosecutors, sobre "O papel do Ministério Público no combate contra a corrupción".[10]

É profesor honoris causa da Escola Nacional do Ministerio Público da República Dominicana.

Vida persoal

editar

Casou coa maxistrada madrileña do Tribunal Supremo e vogal do Consello Xeral do Poder Xudicial Clara Martínez de Careaga. Ten tres fillos, un deles é o avogado Cándido Conde-Pumpido Varela.

O seu irmán Rogelio é químico de materiais, investigador e profesor da Universidade de Santiago.

  1. 1,0 1,1 1,2 "Cándido Conde-Pumpido Tourón". www.fiscal.es. Consultado o 2023-01-11. 
  2. [1] El Norte de Castilla, 19 de novembro de 1993. Conde-Pumpido: «No es rentable disminuir las garantías jurídicas»
  3. "III Reunión de la ‘Red de Fiscales Generales de Europa’ con la participación de los Ministerios Públicos de toda la Unión Europea". fiscal.es (en castelán). 20-5-2010. Consultado o 26-11-2019. 
  4. "O coruñés Cándido Conde-Pumpido, novo presidente do Tribunal Constitucional". Nós Diario. 11 de xaneiro de 2023. 
  5. "Francia concede la Legión de Honor a Conde-Pumpido y Aurora Mejías por su lucha "incesante" contra ETA". www.europapress.es (en castelán). 24-1-2012. Consultado o 25-7-2019. 
  6. "Cumbres Iberoamericanas". web.archive.org. 26-4-2014. Archived from the original on 26-04-2014. Consultado o 25-7-2019. 
  7. "El fiscal Cándido Conde-Pumpido, con sus homólogos Eric Holder y Alberto González". El País (en castelán). 1-12-2010. ISSN 1134-6582. Consultado o 25-7-2019. 
  8. "PGR é o novo presidente da AIAMP". Ministerio Público Federal (en portugués). 7-12-2011. Consultado o 26-11-2019. 
  9. "UNODC e Ministérios Públicos Ibero-americanos discutem Corrupção". UNODC United Nations Office on Drugs and Crime (en portugués). 6-12-2011. 
  10. "IV Conferência Regional para a América Latina da International Association of Prosecutors". web.archive.org (en portugués). 2-4-2012. Archived from the original on 02-04-2012. Consultado o 25-7-2019. 
Predecesor:
Jesús Cardenal
 

Fiscal Xeral do Estado

2004 - 2011
Sucesor:
Eduardo Torres Dulce
Predecesor:
Pedro González-Trevijano
 

Presidente do Tribunal Constitucional de España

2023 -
Sucesor:
no cargo