Bucina
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Bucina, buguina ou apupo é a cuncha de diversos caracois mariños de tamaño medio pertencente a varias especies. As auténticas bucinas son as dos moluscos gasterópodos mariños pertencentes ao xénero Strombus (familia Strombidae), pero o nome aplícase ás cunchas de caracois doutras especies que teñen ambos os dous extremos puntiagudos, é dicir, que teñen espiras altas e unha canle sifonal notábel. Entre estoutras especies inclúense as do xénero Melongena, a bucina xigante sagrada (Pleuroploca gigantea) e as do xénero Turbinella.