Luminosidade

(Redirección desde «Brillo»)

En física de partículas defínese a luminosidade instantánea como o número de partículas por unidade de superficie e por unidade de tempo nun feixe. Mídese en unidades inversas de sección eficaz por unidade de tempo. Ó integrar esta cantidade durante un período de tempo obtense a luminosidade integrada, a cal mídese en unidades inversas de sección eficaz (como por exemplo o pb−1). Canto maior é esta cantidade, maior é a probabilidade de que se produzan sucesos interesantes nun experimento de altas emerxías. Dado un proceso cuxa sección eficaz coñecemos (X), para unha luminosidade integrada, L, xa dada, podemos estimar o número de veces que se vai producir ese suceso simplemente multiplicando ambas cantidades:

Número de sucesos = L × X

En astronomía, a luminosidade é a cantidade de enerxía por unidade de tempo emitida en tódalas direccións por un corpo celeste. Está directamente relacionada coa magnitude absoluta. Habitualmente se mide por comparación coa luminosidade do Sol.


Noutras ciencias, como a xeoloxía, a luminosidade instantánea (que neste caso emiten rochas, cristais ou minerais) é denominada brillo