Branca (música)
figura musical que equivale a 1/2 do valor da redonda
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Branca.
Branca é o nome da figura musical cuxa duración é a metade dunha redonda.
En fórmulas de compás en que o denominador é un 2 (como 2/2, 4/2, 6/2), a branca é a unidade de tempo.
A branca represéntase por un círculo baleiro con hasta. Cando a nota se escribe até a terceira liña da partitura a hasta fica á dereita da nota e virada para riba. Cando a nota está encima da terceira liña, a hasta fica á esquerda da nota e virada para baixo. A pausa con duración de branca é unha liña grosa que preenche a metade inferior do terceiro espazo da partitura (colada á terceira liña).