Boreidae (boreidos) é unha familia moi pequena de insectos mecópteros, que só contén unhas 30 especies, todas as cales son boreais ou son especies de montaña do hemisferio norte.

Son insectos pequenos (normalmente de 6 mm ou menos), coas ás reducidas a sedas ou ausentes, e de corpo algo comprimido, lembrando pulgas. Normalmente están activos durante os meses de inverno, cara á transición á primavera e as larvas e adultos aliméntanse xeralmente de musgos. Os adultos dispérsanse a miúdo entre as áreas reprodutoras camiñando entre a neve. Os machos usan as súas ás con forma de sedas para agarrar a femia polo dorso durante o apareamento, mentres que as ás das femias son vestixiais como pequenas almofadas ovais e incapaces de servir para voar. Os adultos teñen un longo rostro formado polo clípeo, o labro, as xenas, e os maxilo-labios.

A temperatura corporal e, por tanto, o nivel de actividade destes insectos depende da súa absorción de radiación de lonxitude de onda curta máis que da tempertura do aire que os rodea (a cal non os afecta). A capa fronteiriza de neve que ocupa o insecto ten unha condutancia térmica moi baixa, polo que o insecto perde a súa propia calor moi lentamente alí. Este delicado equilibrio entre o frío e a calor significa que o animal pode morrer facilmente pola calor cando se mantén sobre unha man humana.[1]

Algúns estudos propuxeron que os parentes máis próximos deste grupo son as pulgas (Siphonaptera), o que faría que Mecoptera fose parafilético. Isto foi discutido por outros estudos, que atoparon que os Nannochoristidae son os que están máis próximos ás pulgas.[2]

Filoxenia

editar

En 2020 non estaba claro se os Mecoptera forman un só clado ou se os Siphonaptera (pulgas) están dentro deste clado, así que os tradicionais "Mecoptera" son un grupo parafilético. Porén, a suxestión inicial de que os Siphonaptera son irmáns dos Boreidae[3][4][5] non se sostén. As dúas árbores posibles son as que se mostran abaixo:[6]

(a) Mecoptera é parafilético, Boreidae é un grupo irmán de (Nannochoristidae + Siphonaptera):[6]

Antliophora

Diptera  

Pistillifera (400 spp.)  

Nannochoristidae (8 spp.)

Siphonaptera (pulgas, 2500 spp.)  

Boreidae (30 spp.)  

(b) Mecoptera é monofilético, Boreidae é irmán de Pistillifera:[6]

Antliophora
Mecoptera

Pistillifera (400 spp.)  

Boreidae (30 spp.)  

Nannochoristidae (8 spp.)

Siphonaptera

(pulgas, 2500 spp.)  

Xéneros

editar

Esta lista está adaptada da World Checklist of extant Mecoptera species,[7] e estaba completa en 1997. O número de especies de cada xénero indícase entre paréntses.

  1. Daniel Marlos (2010-10-05). The Curious World of Bugs: The Bugman's Guide to the Mysterious and Remarkable Lives of Things That Crawl. Penguin Publishing Group. p. 218. ISBN 978-1-101-44406-1. 
  2. Tihelka, Erik; Giacomelli, Mattia; Huang, Di-Ying; Pisani, Davide; Donoghue, Philip C. J.; Cai, Chen-Yang (2020-12-21). "Fleas are parasitic scorpionflies". Palaeoentomology (en inglés) 3 (6): 641–653–641–653. ISSN 2624-2834. doi:10.11646/palaeoentomology.3.6.16. hdl:1983/8d3c12c6-529c-4754-b59d-3abf88a32fc9. 
  3. Whiting, Michael F.; Whiting, Alison S.; Hastriter, Michael W.; Dittmar, Katharina (2008). "A molecular phylogeny of fleas (Insecta: Siphonaptera): origins and host associations". Cladistics 24 (5): 677–707. doi:10.111/j.1096-0031.2008.00211.x. 
  4. Whiting, Michael F. (2002). "Mecoptera is paraphyletic: multiple genes and phylogeny of Mecoptera and Siphonaptera". Zoologica Scripta 31 (1): 93–104. doi:10.1046/j.0300-3256.2001.00095.x. Arquivado dende o orixinal o 2013-01-05. 
  5. Wiegmann, Brian; Yeates, David K. (2012). The Evolutionary Biology of Flies. Columbia University Press. p. 5. ISBN 978-0-231-50170-5. Recentemente, demostrouse convincentemente unha estreita afinidade entre Siphonaptera e Mecoptera pola morfoloxía (Bilinski et al. 1998) e datos moleculares (Whiting 2002), convertendo os Mecoptera en parafiléticos, pero facendo que o clado que inclúe Mecoptera e Siphonaptera sexa monofilético 
  6. 6,0 6,1 6,2 Meusemann, Karen; Trautwein, Michelle; Friedrich, Frank; Beutel, Rolf G.; Wiegmann, Brian M.; et al. (2020). "Are Fleas Highly Modified Mecoptera? Phylogenomic Resolution of Antliophora (Insecta: Holometabola)". biorxiv (10.1101/2020.11.19.390666). 
  7. Boreidae Arquivado 2004-01-11 en Archive.is
  8. Sikes, Derek; Jill Stockbridge (11 de xullo de 2013). "Description of Caurinus tlagu, new species, from Prince of Wales Island, Alaska (Mecoptera, Boreidae, Caurininae)". ZooKeys (316): 35–53. PMC 3713333. PMID 23878513. doi:10.3897/zookeys.316.5400.