Berinxia
Berinxia, tamén chamada Ponte Terrestre de Bering - foi unha porción de terra firme, con aproximadamente 1600 km de norte a sur na súa máxima extensión, que xuntou Alasca e Siberia, onde neste momento se atopa o Estreito de Bering, durante as glaciacións.
Tanto o Estreito de Bering, como o Mar de Chukchi ao norte e o Mar de Bering ao sur, son mares de pequenas profundidades e durante as glaciacións a auga do mar concentrouse nos casquetes polares e nas xeeiras, facendo baixar o nivel do mar e expondo os fondos mariños de pequenas profundidades. Outras pontes terrestres se formaran e desapareceran nos períodos interglaciais: hai 14 mil anos Australia estivo unida a Nova Guinea e a Tasmania e as Illas Británicas estiveron unidas a Europa.
A Ponte Terrestre de Bering foi importante porque permitiu a migración de seres humanos de Asia a América, así como varias especies de animais terrestres, incluíndo leóns e guepardos, que evolucionaron a especies endémicas de América do Norte, actualmente extintas, e exportando camélidos a Asia.
A medida que o clima se altera, tamén as condicións ambientais cambian, determinando que plantas e animais poden sobrevivir – a masa de terra pode funcionar, tanto como unha ponte, como constituíndo unha barreira, unha vez que, en períodos menos fríos, a chuvia e os glaciares alteran o solo e a orografía.
Rexistros fósiles mostran que, en América do Norte, os abetos, bidueiros e chopos xa poboaran rexións ao norte da súa zona de distribución actual, indicando que esa rexión foi máis quente que actualmente.
As flutuacións do nivel do mar expuxeron a Ponte Terrestre de Bering en varios períodos durante o período Plistoceno, tanto na glaciación que ocorreu hai 35 mil anos, como durante a máis recente, entre 22 mil e 7000 anos. Hai preto de 6000 anos, as liñas de costa de América e de Asia tiñan xa a súa configuración actual.
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Berinxia |
Bibliografía
editar- Pielou, E. C. 1992, After the Ice Age: The Return of Life to Glaciated North America.