Bell YAH-63
O Bell YAH-63 (Model 409) foi un helicóptero de ataque experimental para a competición Advanced Attack Helicopter (AAH). O aparello de Hughes Model 77/YAH-64, posteriormente desenvolvido como o AH-64 Apache, foi seleccionado sobre a proposta de Bell.
Bell YAH-63 | |
---|---|
Tipo | helicóptero de ataque |
Fabricante | Bell Helicopter |
Primeiro voo | 1 de outubro de 1975 |
Unidades construídas | 3 |
Deseño e desenvolvemento
editarDurante mediados dos anos 60 o Exército dos Estados Unidos iniciou o programa Advanced Aerial Fire Support System (AAFSS) para desenvolver o Lockheed AH-56 Cheyenne para o papel de combate ati-carro. O Exército U.S. Army perseguíu o AH-1G HueyCobra como un modelo provisional para o "combate na xungla". Porén, a principal preocupación do Exército era a tarefa de protexer Europa Occidental dos exécitos do Pacto de Varsovia no leste.[1]
En 1972 o Exército realizou unha avaliación nunha competición entre o Bell 309 KingCobra, o Lockheed Cheyenne e o Sikorsky S-67. A compatición comezou na primavera e rematou no mes de xullo. En agosto o Exército anunciou que rexeitaba ao tres competidores.[2]
As dificultades atrasaron o desenvolvemento do AH-56 Cheyenne e o Exército cancelou o seu programa en agosto de 1972. A controversia sobre o rol en combate do Cheyenne e o clima político en relación aos programas de adquisición militares causaron que o Exército modificase os requirimentos dun helicóptero de ataque en favor dun aparello máis sinxelo e con máis capacidade de supervivencia.[3][4]
Helicóptero de ataque avanzado
editarO Exército buscou un aparello para encher un rol anti-blindaxe. O Exército quería unha aeronave mellor que o AH-1 Cobra en potencia de fogo, rendemento e alcance. O aparello debería ser maniobrable para realizar misións adaptado ao nivel do terreo. Para atopalo emitiuse unha solicitude de propostas para un Helicóptero de Ataque Avanzado (AAH en inglés) en 1972.[4][5]
O Exército especificou que o AAH tiña que estar impulsado por dous motores turboeixo General Electric T700 con 1 500 CV cada un. Esta era a mesma planta de potencia especificada na competición para un novo helicóptero utilitario do Exército que sería gañada polo Sikorsky S-70 Black Hawk. O AAH estaría armado cun canón de 30 mm e 16 mísiles anti-carro BGM-71 TOW. A especificación de armamento de mísiles foi posteriormente modificada para incluír unha carga alternativa de 16 mísiles anti-carro guiados por láser AGM-114 Hellfire. O Hellfire estaba a desenvolverse nese momento e prometía un maior alcance e letalidade que o TOW.[2]
Bell, Boeing-Vertol (en equipo con Grumman), Hughes, Lockheed e Sikorsky enviaron propostas para o programa AAH. En xuño de 1973 Bell e Hughes foron seleccionados como finalistas, e cada compañía foi premiada coa construción de dous prototipos.[5]
A proposta de Bell, o Model 409 (YAH-63), non era outro deseño do Cobra, aínda que utilizaba a súa tecnoloxía onde era posible. Aínda que tiña o que na época se convertera na configuración típica para un helicóptero de ataque, cunha fuselaxe en forma de tiburón, cabina en tándem e armas baixo as pequenas ás laterais, o YAH-63 era en gran medida unha nova máquina.[2]
Entre as características distintivas incluía un tren de aterraxe en triciclo, fistras chas da cabina, unha cola en T pouco común, unha gran deriva ventral,e un canón de tres canos General Electric XM-188 de 30 mm. O rotor do YAH-63 podería baixarse e o tren de aterraxe axeonllarse para reducir a altura do aparello para o seu transporte.[6] Unha característica menos perceptible era que o piloto ocupaba o asento da fronte en vez do traseiro, ao contrario que no AH-1. Crese que era o máis prudente xa que pretendíase que o YAH-63 voase sobre as copas das árbores durante operacións adaptadas ao perfil do terreo e o piloto necesitaba ter unha visión clara do que rodeaba ao aparello.[2]
O primeiro prototipo do YAH-63 (número de serie 73-22246) realizou o seu voo de estrea a 1 de outubro de 1975. Este aparello esnafrouse en xuño de 1976 pero un dos prototipos das probas estáticas foi preparado para voar e, xunto co segundo prototipo (73-22247), entrou na competición contra a proposta de Hughes, o Model 77 (YAH-64).
O Hughes YAH-64 foi escollido en decembro de 1976 e foi desenvolvido na versión de produción AH-64 Apache. O Exército cría que o rotor de dúas palas do YAH-63 era máis vulnerable aos danos que o rotor de catro palas do Apache. Ademais non gustou o esquema en triciclo do tren de aterraxe do YAH-63 para o servizo, crendo que era menos estable que a configuración cunha roda na cola do Apache. Algúns observadores tamén sospeitaron que o Exército non quería desviar a Bell da produción do AH-1. Bell usaría a súa experiencia co motor T700 para desenvolver o deseño AH-1T+ e posteriormente o AH-1W.
Notas
editar- ↑ "First Generation Cobras". Vectorsite. Archived from the original on 08 de abril de 2012. Consultado o 6 de novembro de 2018.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 "Model 309 Kingcobra / Model 409 AAH (YAH-63)". Vectosite. Archived from the original on 08 de abril de 2012. Consultado o 6 de novembro de 2018.
- ↑ "Hybrid helicopters: Compounding the quest for speed". Vertiflite. Consultado o 6 de novembro de 2018.
- ↑ 4,0 4,1 "An Abridged History of the Army Attack Helicopter Program". Office of the Assistant Vice Chief of Staff of the Army. Arquivado dende o orixinal o 12 de xullo de 2006. Consultado o 6 de novembro de 2018.
- ↑ 5,0 5,1 Bishop, Chris (2005). Apache AH-64 Boeing (McDonnell Douglas) 1976-2005. Osprey Publishing. ISBN 1-84176-816-2.
- ↑ Verier 1990, p. 142
Bibliografía
editar- Verier, Mike. Bell AH-1 Cobra. Osprey Publishing, 1990. ISBN 0-85045-934-6.