Saski Baskonia
O Baskonia S.A.D., é un club de baloncesto profesional vasco da cidade de Vitoria-Gasteiz. Foi fundado en 1959 baixo o nome de Club Deportivo Vasconia, denominación que mantivo ata 1976. Ese ano, José Luis Sánchez Erauskin, quen daquela era presidente, trocou o "V" polo "B", pasando o club a denominarse C.D. Basconia. O Baskonia compite na Liga ACB española, onde é un dos clubs máis potentes, e na Euroliga. Entre os seus logros destacan catro títulos da Liga ACB, seis Copas do Rei e unha Copa Saporta. O Baskonia xoga os seus encontros como local no Fernando Buesa Arena, un pavillón con capacidade para 15 504 espectadores. O presidente do club é dende setembro de 1988 o ex xogador Josean Querejeta.
Baskonia | |
Información xeral | |
---|---|
Liga | ACB / Euroliga |
Fundación | 26 de decembro de 1959 |
Historia | CD Vasconia (1959−1976) CD Basconia (1976−1987) |
Cores | Vermello, azul |
Presidente | Josean Querejeta |
Adestrador | Pablo Laso |
Localización | |
Cidade | Vitoria, España |
Pavillón | Fernando Buesa Arena |
Capacidade | 15 504 |
Inauguración | 1991 |
Campionatos | |
C. Saporta | 1 (1996) |
Liga | 4 (2002, 2008, 2010, 2020) |
Copa | 6 (1995, 1999, 2002, 2004, 2006, 2009) |
Supercopa | 4 (2006, 2007, 2008, 2009) |
baskonia.com |
Historia
editarComezos
editarO equipo de baloncesto Saski Baskonia naceu en 1959 como a sección de baloncesto do Club Deportivo Vasconia, presidido por Félix Ullivarriarrazua.Na súa primeira tempada o club foi adestrado por Vicente Elejalde, acabando ese ano no segundo lugar do Campionato Provincial de Áraba. Durante os anos 1960 o Baskonia foi un dos equipos máis puxantes desa categoría, conseguindo finalmente en 1970 a primeira posición no campionato de Terceira División.[1]
A partir da vitoria na Terceira División, o Vasconia consegue o ascenso á máxima categoría do baloncesto nacional. Xa na Primeira División, no seu primeiro encontro da man do adestrador Pepe Laso, conseguen o seu primeiro triunfo tras bater aos galegos do Breogán de Lugo por 92 a 71. En 1977 o presidente José Luis Sánchez Erauskin troca o nome do equipo cambiando o V por un B, pasando a chamarse Basconia-Schweppes. Tres anos despois, en 1981 o equipo descende á "Primeira B", aínda que conseguindo retornar en tan só unha tempada.[1]
Regreso á elite
editarO regreso á elite do Saski Baskonia coincidiu coa creación da Asociación de Clubs de Baloncesto e a nova e completamente profesional Liga ACB en 1983. Dous anos despois o club consegue o seu primeiro título, a Copa Asociación, un trofeo disputado entre os eliminados na primeira rolda dos play-offs polo título, gañando o Arabatxo Baskonia ao CAI Zaragoza na final por 93 a 85. Esta competición só se disputou ese ano, o que converte o Saski no único campión, con todo a Copa Príncipe de Asturias é considerada a súa sucesora oficial.
Esta vitoria permitiu ao equipo participar por primeira vez en competicións europeas, debutando cun triunfo fronte ao Super Cracks neerlandés e unha posterior derrota fronte ao Villeurbanne. En 1987 comezaría o patrocinio de compañía de cerámica Taulell S.A., que patrocinou ao club cos nomes de Taugré e TAU Cerámica até o ano 2009. O ano seguinte tamén supuxo un cambio importante na estrutura do club, xa que da man do presidente Josean Querejeta, o Taugrés convértese na primeira asociación anónima deportiva do estado, pasándose a denominar oficialmente Saski Baskonia S.A.D.[1]
Converténdose nunha potencia
editarCo comezo da década, a normativa da ACB que obriga a que os pavillóns teñan capacidade para máis de 5.000 espectadores, leva ao club a trasladarse dente o Pavillón de Mendizorroza ao Pavillón Araba. Co troco do estadio os resultados deportivos non tardarían en chegar, en 1991 o Taugrés volve a Europa, acudindo dende ese ano de xeito regular.
O primeiro gran título chegou finalmente en 1995, gañando o Taugrés a Copa do Rei tras vencer na final celebrada en Granada ao Amway Zaragoza por 88 a 80. Pablo Laso do Baskonia foi nomeado MVP. Ao ano seguinte un novo título chegou ás vitrinas dos vitorianos, a Copa Saporta, tras vencer na final por 88 a 81 ao PAOK Tesalónica BC grego. Durante os anos noventa volveu a conseguirse un título, outra Copa do Rei de 1999, esta vez tras gañar ao Caja San Fernando por 70 a 61 en Valencia. O ano 1999 tamén é salientable dentro da historia do club, descantando a ampliación do Buesa Arena até 9.500 espectadores e o debut dos vascos na máxima competición continental, a Euroliga.[1]
Chegan os éxitos
editarPor fin na temporada 2001−02 chegou a primeiro título de liga ao Baskonia. Trala chegada de Duško Ivanović, lendario ex xogador da Jugoplastika, ao banco como adestrador, conseguiron impoñerse na final do campionato ao Unicaja Málaga por un contundente 0 a 3. Chegando tamén ese mesmo á final da Euroliga, aínda que con peor resultado, xa que perderon na final, no quinto partido de desempate, fronte á Kinder Bologna de Italia.
Outros éxitos que chegaron durante o comezo do milenio foron tres Copas do Rei (2002, 2004, 2006), catro Supercopas (2006, 2007, 2008, 2009) e un novo título de liga en 2008, esta vez con Neven Spahija como adestrador, tras vencer na final ao FC Barcelona de novo por 0 a 3. Ademais, aínda que non volveu a conseguir un título a nivel europeo, chegou a disputar tres Final Four da Euroliga, Moscova 2005, Praga 2006 e Atenas 2007. Na tempada 2008−09 volveu ao banco Duško Ivanović e con el gañaron ese ano a súa sexta Copa do Rei, despois de derrotar a Unicaja Málaga por 98-100 na final, e ao ano seguinte a súa terceira liga ACB, derrotando ao FC Barcelona por 3 a 0 na final.
Tras uns anos cunha traxectoria máis discreta, na tempada 2019−20, e de novo con Ivanović como adestrador, o Baskonia volveu gañar a liga por cuarta vez na súa historia. O campionato foi suspendido na xornada 23 debido á pandemia de COVID-19, e a pesar de que Baskonia ocupaba a oitava praza neses momentos, foi quen de vencer na fase final extraordinaria de doce equipos que se disputou en Valencia, derrotando na final de novo ao FC Barcelona, por 67−69.[2]
Patrocinios
editarFóra de España, o club foi a miúdo coñecido como TAU Cerámica Baskonia,[3][4] unha marca comercial de cerámica manufacturada pola compañía valenciana Taulell S.A, cuxo nome patrocinou ao club dende 1986 a 2009. Orixinariamente, Taulell utilizaba un nome distinto doutra marca comercial súa para patrocinar ao equipo, Taugrés, antes de cambiar a TAU Cerámica Baskonia en 1997.[5] Ademais dos xa citados, TAU, Baskonia e TAU Baskonia eran nomes frecuentes para referirse ao club. Cómpre sinalar que o nome oficial do club é Baskonia, Saski Baskonia, ou de xeito completo Saski Baskonia S.A.D. En 2009, a cooperativa de aforro e crédito vasco "Caja Laboral" (en lingua castelá: Caja Laboral Popular Sociedad Cooperativa de Credito ou en éuscaro: Lan Kide Aurrezkia - Euskadiko Kutxa) converteuse na nova denominación de patrocinador do club, incrementando a cantidade de cartos cos que o patrocinador contribúe ás arcas do club. O 27 de abril de 2013, "Laboral Kutxa" converteuse no novo patrocinador do Baskonia, tras a fusión de Caja Laboral e Ipar Kutxa.[6]
- Caja Álava (1983–1987)
- Taugrés (1987–1997)
- Tau Cerámica (1997–2009)
- Caja Laboral / Laboral Kutxa (2009–2016)
- Kirolbet (2018–2020)
- TD Systems Baskonia (2020–2021)
- Bitci Baskonia (2021–presente)
Xogadores
editarCadro actual
editarBaskonia 2023−2024 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Xogadores | Adestradores | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|
Destacados
editarA pesar de non teren retirado ningún número na súa historia, tres dos xogadores máis destacados da historia do equipo teñen unha camisola co seu número pendurada no Fernando Buesa Arena: Pablo Prigioni (#5), pendurada en 2017; Igor Rakočević (#8) e Sergi Vidal (#9), penduradas en 2020.
- Carlos Cabezas
- José Calderón
- Carlos Cazorla
- Mikel Cuadra
- Xabier Davalillo
- Ilimane Diop
- Jorge Garbajosa
- Roberto Íñiguez
- Pablo Laso
- Alberto Ortega
- Fernando San Emeterio
- Chicho Sibilio
- Pau Ribas
- Sergi Vidal
- Aitor Zárate
- Tibor Pleiß
- Walter Herrmann
- Marcelo Nicola
- Andrés Nocioni
- Fabricio Oberto
- Pablo Prigioni
- Luis Scola
- Mirza Teletović
- Marcelo Huertas
- Tiago Splitter
- Georgi Glouchkov
- Velimir Perasović
- Zoran Planinić
- Darko Planinić
- Roko Ukić
- Richard Petruška
- Goran Dragić
- Jaka Blažič
- Victor Alexander
- Jerome Allen
- J. J. Anderson
- Joe Arlauckas
- Ken Bannister
- Scooter Barry
- Elmer Bennett
- Anthony Bonner
- Ryan Bowen
- Rickey Brown
- Lionel Chalmers
- Chris Corchiani
- Pat Durham
- Rashard Griffith
- Travis Hansen
- Essie Hollis
- Casey Jacobsen
- Mike James
- Linton Johnson
- Randolph Keys
- Shane Larkin
- Will McDonald
- Larry Micheaux
- Pete Mickeal
- Drew Nicholas
- Dan O'Sullivan
- Lamar Odom
- Pierriá Henry
- Lou Roe
- Brent Scott
- James Singleton
- Matt Steigenga
- Nikita Wilson
- David Wood
- Hanno Möttölä
- Jim Bilba
- Laurent Foirest
- Thomas Heurtel
- William Phillips
- Kevin Séraphin
- Ioannis Bourousis
- Christos Charissis
- Kornél Dávid
- Ádám Hanga
- Pat Burke
- Lior Eliyahu
- Andrea Bargnani
- Achille Polonara
- Stefano Rusconi
- Dāvis Bertāns
- Jānis Timma
- Simas Jasaitis
- Rimantas Kaukėnas
- Arvydas Macijauskas
- Saulius Štombergas
- Mindaugas Timinskas
- Predrag Drobnjak
- Thomas Kelati
- Maciej Lampe
- David Logan
- Ramón Rivas
- Andrew Betts
- Miroslav Berić
- Nemanja Bjelica
- Vladimir Micov
- Dejan Tomašević
- Igor Rakočević
- Ender Arslan
- Serkan Erdoğan
- Kaya Peker
Galardóns individuais
editarMVP da ACB
- Kenny Green – 1997
- Andrés Nocioni – 2004
- Luis Scola – 2005, 2007
- Tiago Splitter – 2010
- Fernando San Emeterio – 2011
- Ioannis Bourousis – 2016
Xogador Revelación da ACB
- Mirza Teletović – 2008
MVP das Finais da ACB
- Elmer Bennett – 2002
- Pete Mickeal – 2008
- Tiago Splitter − 2010
- Luca Vildoza − 2020
MVP da Copa do Rei
- Velimir Perasović – 1994
- Pablo Laso – 1995
- Elmer Bennett – 1999
- Dejan Tomašević – 2002
- Pablo Prigioni – 2007
- Mirza Teletović – 2009
MVP da Supercopa ACB
- Luis Scola – 2005
- Tiago Splitter – 2006, 2007
- Pablo Prigioni – 2008
Campión do Concurso de Triplas
- Juan Espil – 1997
- Igor Rakočević – 2007
Primeiro quinteto da ACB
- Andrés Nocioni – 2004
- Luis Scola – 2004, 2005, 2006, 2007
- José Manuel Calderón – 2005
- Pablo Prigioni – 2006, 2007, 2009
- Igor Rakočević – 2009
- Tiago Splitter − 2010
- Marcelinho Huertas − 2011
- Fernando San Emeterio − 2011
- Mirza Teletovic − 2012
- Darius Adams − 2016
- Ioannis Bourousis − 2016
- Ádám Hanga – 2017
- Tornike Shengelia – 2018
- Pierriá Henry – 2021
Segundo quinteto da ACB
- Ádám Hanga – 2016
- Shane Larkin – 2017
- Tornike Shengelia – 2019
- Vincent Poirier – 2019
Primeiro quinteto da Euroliga
- Dejan Tomašević – 2002
- Arvydas Macijauskas – 2005
- Luis Scola – 2006, 2007
- Tiago Splitter – 2008
- Igor Rakočević – 2009
- Fernando San Emeterio − 2011
- Ioannis Bourousis − 2016
- Tornike Shengelia – 2018
Segundo quinteto da Euroliga
- Andrés Nocioni – 2003, 2004
- Luis Scola – 2005
- Pablo Prigioni – 2006, 2007
- Igor Rakočević – 2007
- Tiago Splitter – 2009, 2010
- Vincent Poirier – 2019
Adestradores
editar- Vicente Elejalde (1959–1969)
- Pepe Laso (1969–1977)
- Juan Antonio Ortiz de Pinedo (1977–1978)
- Iñaki Iriarte (1978–1980)
- Manu Moreno (1980–1981)
- Iñaki Iriarte (1981–1983)
- Juan Antonio Ortiz de Pinedo (1983)
- Txema Capetillo (1983–1984)
- Xabier Añúa (1984–1985)
- Pepe Laso (1985–1987)
- Manu Moreno (1987–1989)
- Željko Pavličević (1989–1990)
- Herb Brown (1990–1992)
- Iñaki Iriarte (1992–1993)
- Manel Comas (1993–1997)
- Sergio Scariolo (1997–1999)
- Salva Maldonado (1999)
- Julio Lamas (1999–2000)
- Duško Ivanović (2000–2005)
- Pedro Martínez (2005)
- Velimir Perasović (2005–2007)
- Natxo Lezkano (2007)
- Božidar Maljković (2007)
- Neven Spahija (2007–2008)
- Duško Ivanović (2008–2012)
- Žan Tabak (2012–2013)
- Sergio Scariolo (2013–2014)
- Marco Crespi (2014)
- Ibon Navarro (2014–2015)
- Velimir Perasović (2015–2016)
- Sito Alonso (2016–2017)
- Pablo Prigioni (2017)
- Pedro Martínez (2017–2018)
- Velimir Perasović (2018–2019)
- Duško Ivanović (2019–2021)
- Neven Spahija (2021–2022)
- Joan Peñarroya (2022–presente)
Palmarés
editarTítulos internacionais
editar- 2000−2001 Subcampión (Campión Kinder Boloña)
- 2004−2005 Subcampión (Campión Maccabi Tel-Aviv)
- 2005−2006 Terceiro posto (derrota contra o Maccabi Tel-Aviv en semifinais e vitoria contra o F.C.Barcelona no 3º e 4º posto)
- 2006−2007 Cuarto posto (derrota contra o Panathinaikos en semifinais e contra Unicaja Málaga no 3º e 4º posto)
- 2007−2008 Cuarto posto (derrota contra o CSKA Moscova en semifinais e contra Montepaschi Siena no 3º e 4º posto)
Copa Saporta (1 título)
- 1993−1994 Subcampión (Campión Smelt Olimpija de Ljubliana)
- 1994−1995 Subcampión (Campión Benetton de Treviso)
- 1995−1996 Campión (Subcampión PAOK Tesalónica)
Títulos nacionais
editarLiga ACB (4 títulos)
- 1997−1998 Subcampión (Baskonia 1 − 3 TDK Manresa)
- 2001−2002 Campión (Unicaja Málaga 0 − 3 Baskonia)
- 2004−2005 Subcampión (Baskonia 2 − 3 Real Madrid)
- 2005−2006 Subcampión (Unicaja Málaga 3 − 0 Baskonia)
- 2007−2008 Campión (F.C. Barcelona 0 − 3 Baskonia)
- 2008−2009 Subcampión (Baskonia 1 − 3 F.C. Barcelona)
- 2009−2010 Campión (F.C. Barcelona 0 − 3 Baskonia)
- 2017−2018 Subcampión (Real Madrid 3 − 1 Baskonia)
- 2019−2020 Campión (F.C. Barcelona 67 − 69 Baskonia)
Copa do Rei (6 títulos)
- 1993−1994 Subcampión (F.C. Barcelona 86 − 75 Baskonia)
- 1994−1995 Campión (Baskonia 88 − 80 Amway Zaragoza)
- 1998−1999 Campión (Baskonia 70 − 61 Caja San Fernando)
- 2001−2002 Campión (Baskonia 85 − 83 F.C. Barcelona)
- 2002−2003 Subcampión (F.C. Barcelona 84 − 78 Baskonia)
- 2003−2004 Campión (Baskonia 81 − 77 DKV Joventut)
- 2005−2006 Campión (Baskonia 85 − 80 Pamesa Valencia)
- 2007−2008 Subcampión (DKV Joventut 82 − 80 Baskonia)
- 2008−2009 Campión (Baskonia 100 − 98 Unicaja de Málaga)
Supercopa de España (4 títulos)
- 2005−2006 Campión (Baskonia 61 − 55 C.B. Granada)
- 2006−2007 Campión (Baskonia 83 − 78 Unicaja Málaga)
- 2007−2008 Campión (Baskonia 85 − 73 Iurbentia Bilbao)
- 2008−2009 Campión (Baskonia 86 − 85 CAI Zaragoza)
Historial
editarAno | Nivel | Liga | Pos. | V–D | Copa do Rei | Outras copas | Competicións europeas | |||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1959 | Fundación do Club Deportivo Vasconia | |||||||||||
1959–60 | 4 | Prov. | 2º | |||||||||
1960–61 | 4 | Prov. | 2º | |||||||||
1961–62 | 4 | Prov. | 1º | |||||||||
1962–63 | 4 | Prov. | 2º | |||||||||
1963–64 | 4 | Prov. | 1º | |||||||||
1964–65 | 4 | Prov. | 2º | |||||||||
1965–66 | 4 | Prov. | 1º | |||||||||
1966–67 | 4 | Prov. | 2º | |||||||||
1967–68 | 4 | Prov. | 1º | |||||||||
1968–69 | 4 | Prov. | 1º | |||||||||
1969–70 | 3 | 3ª Div. | 1º | 10–5 | ||||||||
1970–71 | 2 | 2ª Div. | 2º | 20–4 | ||||||||
1971–72 | 2 | 2ª Div. | 1º | 21–3 | ||||||||
1972–73 | 1 | 1ª Div. | 10º | 12–18 | Semifinais | |||||||
1973–74 | 1 | 1ª Div. | 8º | 12–16 | ||||||||
1974–75 | 1 | 1ª Div. | 8º | 8–14 | Cuartos de final | |||||||
1975–76 | 1 | 1ª Div. | 8º | 14–18 | ||||||||
1976 | Converting in Club Deportivo Basconia | |||||||||||
1976–77 | 1 | 1ª Div. | 10º | 8–14 | Primeira rolda | |||||||
1977–78 | 1 | 1ª Div. | 10º | 7–1–14 | Primeira rolda | |||||||
1978–79 | 1 | 1ª Div. | 8º | 9–13 | Semifinais | |||||||
1979–80 | 1 | 1ª Div. | 11º | 5–2–15 | Oitavos de final | |||||||
1980–81 | 1 | 1ª Div. | 14º | 6–20 | Oitavos de final | |||||||
1981–82 | 2 | 1ª Div. B | 2º | 19–1–6 | ||||||||
1982–83 | 1 | 1ª Div. | 13º | 3–3–20 | Oitavos de final | |||||||
1983–84 | 1 | ACB | 9º | 9–22 | Oitavos de final | |||||||
1984–85 | 1 | ACB | 10º | 8–22 | Copa Asociación | C | ||||||
1985–86 | 1 | ACB | 9º | 16–14 | Copa Príncipe | QF | 3 Copa Korać | R2 | 0–1–1 | |||
1986–87 | 1 | ACB | 8º | 15–18 | Copa Príncipe | OF | ||||||
1987–88 | 1 | ACB | 8º | 19–14 | Copa Príncipe | OF | ||||||
1988 | Mudanza de denominación a Saski Baskonia S.A.D. | |||||||||||
1988–89 | 1 | ACB | 7º | 21–17 | Oitavos de final | |||||||
1989–90 | 1 | ACB | 7º | 23–15 | Cuartos de final | |||||||
1990–91 | 1 | ACB | 4º | 26–16 | Cuartos de final | |||||||
1991–92 | 1 | ACB | 4º | 30–15 | Cuartos de final | 3 Copa Korać | CF | 6–6 | ||||
1992–93 | 1 | ACB | 11º | 19–14 | Terceiro | 3 Copa Korać | GS | 6–4 | ||||
1993–94 | 1 | ACB | 11º | 17–15 | Subcampión | 2 Copa Saporta | 2º | 11–4 | ||||
1994–95 | 1 | ACB | 5º | 24–17 | Campión | 2 Copa Saporta | 2º | 12–3 | ||||
1995–96 | 1 | ACB | 8º | 22–19 | 2 Copa Saporta | C | 13–1–3 | |||||
1996–97 | 1 | ACB | 5º | 21–17 | 3 Copa Korać | OF | 8–2 | |||||
1997–98 | 1 | ACB | 2º | 34–10 | Cuartos de final | 3 Copa Korać | R32 | 5–3 | ||||
1998–99 | 1 | ACB | 5º | 25–13 | Campión | 1 Euroliga | FG | 4–6 | ||||
1999–00 | 1 | ACB | 4º | 25–18 | Cuartos de final | 2 Copa Saporta | OF | 9–5 | ||||
2000–01 | 1 | ACB | 3º | 32–11 | Cuartos de final | 1 Euroliga | 2º | 15–7 | ||||
2001–02 | 1 | ACB | 1º | 33–12 | Campión | 1 Euroliga | T16 | 13–7 | ||||
2002–03 | 1 | ACB | 6º | 20–19 | Subcampión | 1 Euroliga | T16 | 11–9 | ||||
2003–04 | 1 | ACB | 3º | 32–10 | Campión | 1 Euroliga | T16 | 13–7 | ||||
2004–05 | 1 | ACB | 2º | 36–11 | Semifinais | Supercopa | 4º | 1 Euroliga | 2º | 13–11 | ||
2005–06 | 1 | ACB | 2º | 31–13 | Campión | Supercopa | C | 1 Euroliga | 3º | 18–7 | ||
2006–07 | 1 | ACB | 3º | 31–11 | Semifinais | Supercopa | C | 1 Euroliga | 4º | 20–4 | ||
2007–08 | 1 | ACB | 1º | 29–13 | Subcampión | Supercopa | C | 1 Euroliga | 4º | 16–9 | ||
2008–09 | 1 | ACB | 2º | 33–8 | Campión | Supercopa | C | 1 Euroliga | CF | 14–7 | ||
2009–10 | 1 | ACB | 1º | 35–9 | Semifinais | Supercopa | SF | 1 Euroliga | CF | 11–9 | ||
2010–11 | 1 | ACB | 4º | 25–14 | Semifinais | Supercopa | SF | 1 Euroliga | CF | 10–10 | ||
2011–12 | 1 | ACB | 3º | 27–14 | Semifinais | Supercopa | 2º | 1 Euroliga | LR | 5–5 | ||
2012–13 | 1 | ACB | 5º | 26–11 | Semifinais | 1 Euroliga | CF | 13–15 | ||||
2013–14 | 1 | ACB | 6º | 19–17 | Cuartos de final | Supercopa | SF | 1 Euroliga | T16 | 11–13 | ||
2014–15 | 1 | ACB | 6º | 20–17 | Supercopa | SF | 1 Euroliga | T16 | 11–13 | |||
2015–16 | 1 | ACB | 4º | 27–14 | Semifinais | 1 Euroliga | 4º | 18–11 | ||||
2016–17 | 1 | ACB | 3º | 26–13 | Semifinais | Supercopa | SF | 1 Euroliga | 7º | 17–16 | ||
2017–18 | 1 | ACB | 2º | 31–13 | Cuartos de final | 1 Euroliga | 7º | 17–17 | ||||
2018–19 | 1 | ACB | 5º | 26–10 | Cuartos de final | Supercopa | 2º | 1 Euroliga | 7º | 16–18 | ||
2019–20 | 1 | ACB | 1º | 17–13 | 1 Euroliga | — | 12–16 | |||||
2020–21 | 1 | ACB | 5º | 23−13 | Semifinais | Supercopa | SF | 1 Euroliga | FG | 18–16 | ||
2021–22 | 1 | ACB | 4º | 22−18 | Semifinais | 1 Euroliga | 9º | 12–16 | ||||
2020–21 | 1 | ACB | 5º | 23−13 | Semifinais | Supercopa | SF | 1 Euroliga | FG | 18–16 | ||
2022–23 | 1 | ACB | 5º | 28−8 | Cuartos de final | 1 Euroliga | FG | 18–16 |
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 "Baskonia, un paseo pola súa historia". Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2010. Consultado o 24 de abril de 2010.
- ↑ "O Baskonia sorprende ao Barcelona e proclámase campión". La Opinión A Coruña. 30 de xuño de 2020. Consultado o 3 de xullo de 2020.
- ↑ "Baskonia.com". Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2010. Consultado o 07 de febreiro de 2010.
- ↑ Morre o Tau Baskonia e nace o Caja Laboral Baskonia
- ↑ "Taulell S.A. e Saski Baskonia S.A.D". Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2012. Consultado o 24 de abril de 2010.
- ↑ "El Baskonia pasa a denominarse Laboral Kutxa". Arquivado dende o orixinal o 29 de abril de 2013. Consultado o 27 de abril de 2013.