Basílica de Saint-Denis

A basílica de Saint-Denis (San Dinís, san Denís ou san Dionisio, en galego) é unha igrexa de estilo gótico situada en Saint-Denis, preto de París. Ten o estatuto de catedral (da diocese de Saint-Denis) dende 1966, mais segue sendo unha abadía.

Basílica de Saint-Denis
Fachada
PaísFrancia
LocalizaciónSaint-Denis, Sena-San Denis e Illa de Francia
Coordenadas48°56′08″N 2°21′35″L / 48.935555555556, 2.3597222222222
DioceseRoman Catholic Diocese of Saint-Denis
Orde relixiosaOrde de San Bieito
EstiloArquitectura gótica
Páxina webhttp://www.saint-denis-basilique.fr/
editar datos en Wikidata ]

Destaca por ser o primeiro exemplo de arquitectura gótica. A reforma da antiga igrexa carolinxia comeza en 1137 e dela cómpre desatacar un amplo deambulatorio polo que se accede a capelas tanxentes, bóvedas de cruzaría que permiten a abertura de grandes vans, innovacións nos capiteis e elevación das cubertas. Elementos todos estes propios da arquitectura gótica que, aínda que xa coñecidos como recursos da albanelaría xacando, por primeira vez aparecen combinados nun mesmo edificio con propósito estilístico.[1]

  1. Arte, El Arte Como. "El arte como arte: SAINT-DENIS EN EL NACIMIENTO DEL ARTE GÓTICO". El arte como arte. Consultado o 2019-05-09. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar