Bar (unidade)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Bar (homónimos).
O bar (símbolo: bar) é unha unidade de medida de presión. Ten a súa orixe na palabra grega βάρος (báros) que significa peso. O seu uso débese a Napier Shaw quen o adoptou en 1909 e emprégase internacionalmente desde 1929. Non forma parte do Sistema Internacional de Unidades pero segue a ser amplamente utilizado en descricións da presión ao ser case equivalente á atmosfera
Normalmente a presión atmosférica dáse en milibares xeralmente co símbolo mb no canto do propio mbar por influencia do antigo símbolo do bar que era b, a presión estándar ao nivel do mar é igual a 1 013,25 milibares.
Este artigo sobre física é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |