Bandeira de Mongolia
A bandeira de Mongolia actual foi adoptada o 12 de febreiro de 1992. É semellante á bandeira de 1949, a excepción da eliminación da estrela socialista.
Bandeira de Mongolia | |
---|---|
Características | |
Uso | |
Proporción | 1:2 |
Adopción | 12 de xaneiro de 1992 |
Cores | Vermello Azul Amarelo |
Deseño
editarEstá composta por tres franxas verticais do mesmo tamaño. A banda do centro é de cor azul celeste e as dúas bandas laterais de cor vermella. Centrado na banda vermella do lado do mastro e en amarelo atópase o símbolo nacional, o Soyombo, un conxunto de representacións abstractas cunha disposición en columna que inclúe a representación do lume, o sol, a lúa, a terra, a auga e o símbolo do yin e yang. A proporción da bandeira en relación ao seu alto e lonxitude é de 1:2.
Bandeiras históricas
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Mongolia en Flags of the World (en inglés)