Bandeira das Illas Salomón
A bandeira nacional das Illas Salomón foi adoptada oficialmente o 18 de novembro de 1977. Está divida por unha banda de cor ouro (amarela) trazada sobre unha das súas diagonais. O triángulo superior da bandeira é de cor azul e o inferior é verde. No triángulo azul, cerca do bordo máis próximo á hasta, figuran cinco estrelas brancas de cinco puntas agrupadas.
Bandeira das Illas Salomón | |
---|---|
Características | |
Uso | |
Proporción | 1:2 |
Adopción | 18 de novembro de 1977 |
Cores | Amarelo Verde Branco Azul |
A cor azul representa o océano que rodea as illas, a cor verde simboliza a terra, as cinco estrelas representan as cinco illas principais do país e a banda amarela é o símbolo da luz do sol.
Outras bandeiras
editar-
Pavillón civil e pavillón do Estado.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Illas Salomón en Flags of the World (en inglés)