Bambi

filme de animación estadounidense de 1942

Bambi é un filme de animación en Technicolor, baseado no relato Bambi, unha vida no bosque (Bambi, ein Leben im Walde no orixinal alemán), publicado en 1923 polo autor austríaco Felix Salten. É o quinto filme de animación producido por Walt Disney Pictures, estreado o 13 de agosto de 1942, e distribuído por RKO Radio Pictures nas salas de cinema dos Estados Unidos.

Bambi
Bambi adolescente con Flor, a mofeta, e Tambor, o coello.
Ficha técnica
Título orixinalBambi
DirectorDavid Hand
James Algar
Samuel Armstrong
Graham Heid
Bill Roberts
Paul Satterfield
Norman Wright
ProdutorWalt Disney
GuiónPerce Pearce
Larry Morey
Vernon Stallings
Melvin Shaw
Carl Fallberg
Chuck Couch
Ralph Wright
Baseado enBambi, ein Leben im Walde de Felix Salten
IntérpretesBobby Stewart
Donnie Dunagan
Hardie Albright
John Sutherland
Paula Winslowe
Peter Behn
Tim Davis
Sam Edwards
Will Wright
Cammie King
Ann Gillis
Fred Shields
Stan Alexander
Sterling Holloway
MúsicaFrank Churchill
Edward H. Plumb
EstudioWalt Disney Productions
DistribuidoraRKO Radio Pictures
Estrea1942
Duración70 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroAnimación, Infantil
Orzamento$858 000
Recadación$267 447 150
Filme seguinteBambi II
Na rede
https://d23.com/disney-a-to-z/bambi-film/
IMDB: tt0034492 Filmaffinity: 206403 Allocine: 2223 Rottentomatoes: m/bambi Mojo: bambi Allmovie: vm1080235 TCM: 68039 Metacritic: movie/bambi TV.com: movies/bambi Editar o valor en Wikidata

Os personaxes principais son Bambi, un cervo de cola branca, os seus pais (o Gran Príncipe do bosque e súa nai), os seus amigos Tambor (un coello de fociño rosado) e Flor (unha mofeta), e a súa amiga de infancia e futura compañeira, Faline. Para este filme, Disney decidiu cambiar a especie de Bambi dun corzo da historia na historia orixinal xa que é un animal que non vive en América para un cervo de cola branca que é máis familiar para americanos. Este filme foi premiado con tres Oscar, nas categorías de Mellor Son, Mellor Canción para Love Is a Song interpretada por Donald Novis e Mellor Banda Sonora.

Sinopse

Bambi é a historia dun veado contada desde a súa percepción dos acontecementos. Cos seus amigos, como Tambor o coello ou Flor a mofeta, irá descubrindo sabias leccións ao respecto do amor e mais da vida. O perigo vén representado polo ser humano, que Bambi vai comprendendo a través de duras experiencias como a perda da nai, que cae abatida polos cazadores.

A versión animada da historia omite a varios personaxes do libro, tales como Gobo, Karus o Rono e mesmo pasa por alto certas incursións e encontros co Home. Por outra banda, os carismáticos personaxes de Flor e Tambor son invencións da Disney.

Personaxes

  • Bambi, a personaxe principal do filme:
  • Thumper, un amigo de Bambi:
    • Peter Behn como Thumper de pequeno
    • Tim Davis como Thumper adolescente
    • Sam Edwards como Thumper adulto
  • Paula Winslowe como nai de Bambi
  • Flower, unha mofeta e outro amigo de Bambi:
    • Stan Alexander como Flower de pequeno
    • Tim Davis como Flower adolescente
    • Sterling Holloway como Flower adulto
  • Will Wright como Owl
  • Faline, unha cerva da cal se namora Bambi:
  • Fred Shields como Gran Príncipe do Bosque
  • Margaret Lee como Mrs. Rabbit
  • Mary Lansing como Tía Ena e Mrs. Possum
  • Perce Pearce como Mr. Mole[1]

Notas

  1. Gez, Didier (2012). Walt's People-Volume 12: Talking Disney with the Artists who Knew Him. Xlibris. ISBN 978-1477147894. P.59.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Wills, John (2015). "Felix Salten’s Stories: The Portrayal of Nature in Bambi, Perri and The Shaggy Dog". En Jackson, Kathy Merloch; West, Mark I. Walt Disney, from Reader to Storyteller: Essays on the Literary Inspirations. Jefferson (N.C.): McFarland. pp. 45–61. ISBN 978-0-7864-7232-1. 

Ligazóns externas