Asiria
Asiria foi un país da antigüidade situado no suroeste asiático na antiga Mesopotamia, no val do río Tigris cuxos límites foron: ó norte das montañas de Armenia, ó sur Caldea (Babilonia), ó leste a Media e ó oeste Mesopotamia.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Capital | Assur (pt) Nimrud (pt) Dur Sarruquim (pt) Harran Car-Tuculti-Ninurta (pt) Nínive Tell Leilan (en) Ekallatum (en) Karkemish | ||||
Poboación | |||||
Lingua oficial | lingua acadia Lingua aramea Lingua sumeria | ||||
Relixión | Mitoloxía sumeria | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | c. 2025 a. C. | ||||
Disolución | 609 a. C. | ||||
A cidade máis importante achábase ás beiras do Tigris, ó lado do templo da súa principal divindade Assur; a cidade tamén se chamaba Assur ou El-Assur e o país tomou o mesmo nome denominándose Asiria. Outras cidades importantes foron Nínive, Harran, Nimrud, Dur-Sarrukîn (actualmente chamada Khorsabad). A civilización asiria é moi antiga. Así o confirman os achados arqueolóxicos que apareceron entre as dunas de Nimrud e Khorsabad.
Historia
editarSometidos ó principio á dominación de Sumer, e despois á de Acad, os asirios fan a súa aparición na Historia no transcurso da primeira metade do terceiro milenio a. C. (fundación de Assur). No século XVIII a. C. construíron o primeiro Imperio (reino de Samši-Adad I) pero o seu desenvolvemento foi roto por Babilonia (conquista de Hammurabi). A potencia asiria manifestouse novamente no século XII a. C. con Teglatfalasar I (1112-1074 a. C.), vencedor dos arameos e grazas á súa organización militar impúxose plenamente baixo o reinado de Teglatfalasar III (746-727 a. C.), que anexionou Siria e exerceu o seu control sobre Babilonia. Baixo a dinastía dos Sargónidas, comezada por Sargón II (721-705 a. C.), Asiria coñeceu unha prosperidade sen precedentes, estendeuse por toda Asia occidental desde Persia ata o Mediterráneo, e chegou ata Tebas e Exipto, sometido por Assurbanipal (669-631 a. C.). As súas grandes cidades son Assur, Nínive, Nimrod e Dũr-Sarrukîn (na actualidade, Korsabad, cidade de Iraq), nova capital dos Sargónidas. Pero a inmensidade deste imperio fíxoo vulnerable: afundiuse definitivamente no 614-612 a. C. (caída de Nínive), incapaz de resisti-los ataques dos exércitos medos e dos babilonios.
Arte
editarA arte asiria caracterízase polas súas enormes construcións de ladrillo (ruínas mal conservadas de palacios, de templos, de elevados cigurats polícromos) pola súa escultura maciza (moi poucas estatuas exentas e numerosos baixorrelevos de alabastro nos que figuran grandes escenas de caza), polas súas decoracións de ladrillo esmaltado e polas súas xemas gravadas en oco. Glorifica a guerra e a caza.
O Imperio mesopotámico estableceuse dende o século XVIII ó VII a. C.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Asiria |