Arthur Adams
Arthur Adams, nado en 1820 en Gosport, Hampshire, e finado en 1878, foi un médico e naturalista inglés.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1820 Gosport, Reino Unido (pt) |
Morte | 1878 (57/58 anos) Gosport, Reino Unido (pt) |
Actividade | |
Ocupación | zoólogo, carcinólogo, cirurxián, malacólogo, médico, biólogo, scientific collector (en) |
Carreira militar | |
Rama militar | Royal Navy |
Obra | |
Abreviatura do autor en zooloxía | Adams |
Familia | |
Irmáns | Henry Adams |
Parentes | Lionel Ernest Adams, sobriño |
Traxectoria
editarAdams foi cirurxián na Royal Navy a bordo do H.M.S. Samarang, que levaou a cabo a exploración do arquipélago Malaio, os mares do Xapón, Corea e a China, desde 1843 a 1846.[1] En 1850 publicou o libro Zoology of the voyage of H.M.S. Samarang, no que o zoólogo Adam White colaborou con el nas descricións dos crustáceos emcontrados na viaxe.
En 1857, durante a Segunda Guerra do Opio, serviu como cirurxián no H.M.S. Actaeon, estivo presente na toma de Cantón e foi condecorado.
En 1870 retirouse como cirurxián cando servía a bordo do buque insignia H.M.S. Royal Adelaide, en Plymouth.
Foi un prolífico malacólogo que describiu "centos de novas especies, a maioría delas non ilustradas e insuficientemente diagnosticadas".[2]
Traballou co seu irmán Henry Adams (1813–1877) e entre ámbolos dous escribiron The genera of recent mollusca: arranged according to their organization, en tres volumes publicados en 1858.[3]
Así mesmo escribiu Travels of a naturalist in Japan and Manchuria (1870), e un artigo dsobre as arañas interesantes vistas nas súas viaxes.[4]
Especies nomeadas na honra de Arthur Adams
editar- Finella adamsi (Dall, 1889),
- Arcopsis adamsi (Dall, 1886),
- Hinnites adamsi Dall, 1886 [sinónimo de Pseudohinnites adamsi (Dall, 1886)],
- Brachidontes adamsianus (Dunker, 1857),
- Nucinella adamsi (Dall, 1898); como Natica adamsiana R. W. Dunker, 1860, posibelmente Octopus adamsi Benham, 1944 [sinónimo de Octopus huttoni Benham, 1943, posibelmente Zebrida adamsii White, 1847].[5]
Notas
editar- ↑ "Adams (Arthur) [1820–1878]". The History of the Collections Contained in the Natural History Departments of the British Museum. Adamant Media. 2000. p. 23. ISBN 978-1-4021-8140-5.
- ↑ S. Peter Dance (1966). Shell Collecting. An Illustrated History. Faber & Faber. ISBN 978-0-571-06762-6. Citado en E. Alison Kay (1968). "Spurious Species Part III. Shells Erroneously Described From The Hawaiian Islands" (PDF). Hawaiian Shell News. New Series No. 99 16 (3): 1, 5.[Ligazón morta]
- ↑ Adams, Henry; Adams, Arthur (1858). The genera of recent mollusca: arranged according to their organization. Londres: J. Van Voorst.
- ↑ Arthur Adams (1847). "Notes on the habits of certain exotic spiders". Annals and Magazine of Natural History 20: 289–297. doi:10.1080/037454809496053..
- ↑ "Biographical Etymology of Marine Organism Names: Henry Adams". Arquivado dende o orixinal o 05 de outubro de 2011. Consultado o 16 de abril de 2016.