Apiano
Apiano (en latín Appianus Alexandrinus e en grego Αππιανός Αλεξανδρεύς), ás veces citado como Apiano de Alexandría, nado en Alexandría circa o 95 e finado circa o 165,[1] foi un historiador romano de orixe grega, que viviu durante os gobernos de Traxano, Hadriano e Antonino Pío.
Nome orixinal | (grc) Ἀππιανός Ἀλεξανδρεύς |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | c. 95 Alexandría, Exipto |
Morte | c. 165 (69/70 anos) Roma, Italia |
Procurador romano (pt) | |
Actividade | |
Campo de traballo | Historia, función pública e actividade literaria |
Ocupación | historiador, avogado, escritor, funcionario |
Período de tempo | Alto Imperio Romano |
Obra | |
Obras destacables
| |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética (1926—1947) Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft Dictionary of African Biography, |
Traxectoria
editarNaceu arredor do ano 95 d.C en Alexandría (hoxe en Exipto). El mesmo conta que logo de cumprir diversas maxistraturas na provincia de Exipto, recalou en Roma cara ao 120, onde exerceu a avogacía, mantendo casos perante os emperadores. No 147 exerceu como procurador, posibelmente en Exipto mesmo, por recomendación do seu amigo Marco Cornelio Frontón. Este cargo de procurador só podía ser exercido por membros da clase, ou ordo, ecuestre.
Obra
editarA súa obra, Ῥωμαϊκά, coñecida como Historia Romana, en 24 libros (dos cales só 10 están completos) escrita en grego antes do ano 165. Neles, inclúese a historia de Iberia cun carácter etnográfico, e tamén deixou noticias sobre as guerras celtiberas e a conquista de Numancia (libro VI: De rebus Hispaniensibus).
Son máis ben unha colección de monografías que unha historia cohesionada. Nela efectúa unha narración sobre diversos pobos e territorios, desde as súas orixes ata a súa incorporación a Roma, rematando na morte de Traxano. Algúns dos libros completos e considerábeis fragmentos da obra chegaron até nós. Pese á falta de atractivo do seu estilo, a obra é valiosa, especialmente no que se refire ao período das guerras civís.
Volume | Título en latín | Argumento | Estado actual |
---|---|---|---|
I | De regibus Romanorum | Monarquía romana | Fragmentos |
II | De rebus Italicis | República romana. A expansión romana en Italia (496-275 a. C.) | Fragmentos |
III | De rebus Samniticis | Guerras samnitas | Fragmentos |
IV | De rebus Gallicis | Guerra das Galias | Fragmentos |
V | De rebus Siculis et reliquarum insularum | Conquista romana de Sicilia e das illas | Fragmentos |
VI | De rebus Hispaniensibus | Conquista de Hispania | Completo |
VII | De bello Annibalico | Segunda guerra púnica | Completo |
VIII | De rebus Punicis et De rebus Numidicis (appendix) | Tercera guerra púnica e guerra de Iugurta | Completo |
IX | De rebus Macedonicis et De rebus Illyricis (appendix) | Guerras macedónicas e guerras ilíricas | Fragmentos |
X | ... | Guerra en Asia e Grecia | Perdido |
XI | De rebus Syriacis | Guerra romano-siria | Completo |
XII | De bello Mithridatico | Guerras mitridáticas | Completo |
XIII | De bellis civilibus Lib. I | Primeira guerra civil da República romana | Completo |
XIV | De bellis civilibus Lib. II | Segunda guerra civil da República romana | Completo |
XV | De bellis civilibus Lib. III | Batalla de Mutina | Completo |
XVI | De bellis civilibus Lib. IV | Tercera guerra civil da República romana | Completo |
XVII | De bellis civilibus Lib. V | Guerra de Perusia e guerra contra Sexto Pompeio | Completo |
XVIII | ... | Guerra en Exipto I | Perdido |
XIX | ... | Guerra en Exipto II | Perdido |
XX | ... | Guerra en Exipto III | Perdido |
XXI | ... | Guerra en Exipto IV | Perdido |
XXII | ... | Guerra do Imperio | Perdido |
XXIII | ... | Guerras dacias | Perdido |
XXIV | .... | Conquista de Arabia de campañas párticas de Traxano | Fragmentos |
Notas
editar- ↑ "Appian, The Spanish Wars 14". livius.org. Consultado o 24-10-2018.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Apiano |
Bibliografía
editar- Apiano. Historia romana. Madrid: Gredos. ISBN 978-84-249-1661-9
- Volumen I: Historia romana I. 1994. ISBN 978-84-249-3550-4.
- Volumen II: Historia romana II: Guerras civiles. Libros I-II. 1985. ISBN 978-84-249-3551-1.
- Volumen III: Historia romana III: Guerras civiles. Libros III-V. 1985. ISBN 978-84-249-3552-8
Ligazóns externas
editar- As guerras en Hispania (en proxecto Perseus). (en inglés)
- Las guerras ibéricas, na Biblioteca Nacional (texto traducido de 1882)