Antonov An-124
O Antonov An-124 Ruslan (en ruso e ucraíno: Антонов Ан-124 «Руслан», designación da OTAN: Condor[1] foi o avión máis grande construído en serie ata a chegada do Airbus A380 e foi, ata a chegada do Antonov An-225, o avión máis grande fabricado.
Antonov An-124 | |
---|---|
Un Antonov An-124 | |
Tipo | cargueiro |
Fabricante | Antonov |
Primeiro voo | 1982 |
Introducido | 1986 |
Historia e características
editarFoi deseñado nos anos 70 coma sucesor do An-22 e durante o seu desenvolvemento coñeceuse coma An-400 e An-40 en Occidente. Realizou o seu primeiro voo en 1982, entrando en servizo en 1986. Hai máis de corenta avións en servizo, 26 deles con aeroliñas, nos Emiratos Árabes Unidos, Libia, Rusia e Ucraína.
Fisicamente, o An-124 é similar ao Lockheed C-5 Galaxy estadounidense, pero lixeiramente maior. Os An-124 foron empregados para transportar locomotoras, iates, fuselaxes de avións e outros tipos de carga de grandes dimensións. O avión pode inclinarse para facilitar a entrada da carga. Un An-124 militar pode levar ata 150 t de carga, tamén pode levar ata 88 pasaxeiros nunha cuberta superior detrás da cabina. Porén, debido á limitada presurización da fuselaxe, raramente transporta a paracaidistas.[2]
O An-124 foi fabricado en paralelo por dúas fábricas: a compañía rusa Aviastar-SP (antigo Complexo de Aviación Industrial de Ulyanovsk) e a fábrica AVIANT de Kíiv, en Ucraína.
A produción detívose trala desaparición da Unión Soviética. As últimas cinco estruturas básicas sen rematar foron completadas entre 2001 e 2004. Aínda que xa non se fabrican An-124, existen plans comúns entre Rusia e Ucraína para volver a producir avións entre 2008-2009.[3]
Xa que o avión foi deseñado inicialmente para uso militar ocasional, os An-124 orixinais se fabricaron cunha vida útil de 7.500 horas de voo coa posibilidade dunha extensión. Porén, moitos avións voaron máis de 15.000 horas. Como resposta á queixas dos clientes comerciais, os avións fabricados despois do 2000 (o An-124-100) teñen unha vida útil de 24.000 horas, mentres que os modelos antigos estanse actualizando ó novo estándar.
Notas
editar- ↑ Andreas Parsch y Aleksey V. Martynov Designation-Systems.net
- ↑ http://www.fas.org/man/dod-101/sys/ac/row/fwair.htm Federation of American Scientists Military Analysis Network
- ↑ http://www.podrobnosti.ua/economy/transportational/2006/07/19/331804.htm[Ligazón morta] Antonov planea reiniciar a produción do An-124-10
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Rusia |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Antonov An-124 |