Antal Nagy

futbolista húngaro (1944-)

Antal Nagy, nado en Budapest o 16 de maio de 1944, é un exfutbolista húngaro. Xogaba como dianteiro e militou en clubs das principais ligas de Hungría, Bélxica, Países Baixos, Francia, España, Alemaña e Portugal. Foi internacional coa selección húngara, coa que participou no Mundial de Inglaterra de 1966.

Infotaula de personaAntal Nagy
Biografía
Nacemento16 de maio de 1944 Editar o valor en Wikidata (80 anos)
Budapest, Hungría Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeHungría Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1963 Editar o valor en Wikidata - 1978 Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaHungría Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
LigaFußball-Bundesliga Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor en Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
1963-1968 Budapest Honvéd FC 70(25)
1966-1967 Csepel SC (pt) Traducir
1968-1969 Standard de Liège 31(21)
1969-1972 FC Twente 39(19)
1972-1973 Olympique de Marsella 3(0)
1973-1974 Hércules Club de Fútbol 36(10)
1974-1975 Wuppertaler SV Borussia (pt) Traducir 10(2)
1975-1976 Unió Esportiva Sant Andreu 5(1)
1976-1976 SM Caen 12(2)
1977-1977 Leixões Sport Club
1977-1977 Royal Antwerp Football Club (pt) Traducir 2(0)
1977-1978 Leixões Sport Club 21(2) Editar o valor en Wikidata
  Selección nacional enllaç= enllaç=
1964-1965   Hungría
1966-1967   Hungría 3(0) Editar o valor en Wikidata
Participou en
xullo de 1966Mundial de Fútbol Inglaterra 1966 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Comezou a súa carreira como futbolista no Hónved da súa cidade natal, co que foi campión da Copa de Hungría e dúas veces subcampión da liga húngara, e co que debutou na Recopa de Europa.

En 1968 trasladouse a Liexa, onde fichou polo Standard de Liège. A súa marcha de Hungría provocou a perda da súa nacionalidade, sendo considerado dende entón un apátrida.[1] Na tempada 1968/69 foi o máximo goleador da Primeira división belga, da que se proclamou campión esa mesma campaña. A continuación pasou polos Países Baixos, onde xogou tres anos no Twente, antes de recalar no Olympique de Marseille, co que gañou a Copa de Francia de 1972.

En 1973 chegou a España, fichando polo Hércules de Arsenio Iglesias, co que xogou na Segunda división, logrando o ascenso a Primeira. Contribuíu con 10 goles, un deles anotado cun pé descalzo, despois de ter perdido unha bota.[1] Pasou logo polas filas do Wuppertaler SV, da Bundesliga alemá, antes de regresar ao fútbol español para xogar en Segunda coa Unió Esportiva Sant Andreu. Nos seus últimos anos como futbolista xogou no Caen francés, no Royal Antwerp belga e no Leixões portugués, antes de pechar a súa carreira no mesmo equipo no que a comezara, o Budapest Honvéd.

Selección húngara

editar

Foi tres veces internacional coa selección húngara, coa que debutou en 1964, nun encontro amigable ante Iugoslavia. Formou parte do equipo húngaro no Mundial de 1966 en Inglaterra, aínda que non chegou a xogar ningún minuto na competición.[2]

Palmarés

editar
Budapest Honvéd
Standard de Liège
Olympique de Marsella
Individual
  1. 1,0 1,1 Cabot, Toni (20 de maio de 2015). "Antal Nagy, el apátrida del gol descalzo" (en castelán). Consultado o 7 de marzo de 2021. 
  2. "Hungría no Mundial de 1966". FIFA (en inglés). Consultado o 7 de marzo de 2022. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar