Anna Sui
Anna Sui (chinés tradicional: 蕭志美, simplificado: 萧志美, pinyin: Xiāo Zhìměi, xaponés: アナスイ), nada o 4 de agosto de 1964 en Detroit,[1][2] é unha deseñadora de moda estadounidense.[3][4]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de agosto de 1964 (60 anos) Detroit, Estados Unidos de América |
Grupo étnico | Pobo han |
Relixión | Catolicismo |
Educación | Parsons The New School for Design - doutora honoris causa |
Actividade | |
Ocupación | deseñador de moda, artista, empresaria |
Período de actividade | 1981 - |
Familia | |
Parentes | Fang Chih, avó materno Chase Sui Wonders, sobriña |
Premios | |
| |
Páxina web | annasui.com |
Traxectoria
editarFoi nomeada unha das "Top 5 Iconas de Moda da Década" pola revista Time.[5] En 2009 gañou o Geoffrey Beene "Lifetime Achievement Award" do Consello de Deseñadoras de Moda de América (CFDA), xuntándose ás filas de Yves Saint Laurent, Giorgio Armani, Ralph Lauren e Diane von Furstenberg.[6] As categorías da súa marca inclúen liñas de moda, zapatos, cosméticos, perfumes, lentes, xoias, accesorios e unha liña de agasallos. Os produtos de Anna Sui son vendidos a través das súas tendas e distribuidores libres por todo o mundo en máis de 50 países.[7] En 2006, a Fortune estimou o valor colectivo de imperio da moda de Sui en máis de US $ 400 millóns.[8]
Notas
editar- ↑ "Anna Sui Style.com Profile". Style.com. Condé Nast. Arquivado dende o orixinal o 26 de agosto de 2014. Consultado o 29 de agosto de 2014.
- ↑ Paton, Elizabeth (2 de marzo de 2012). "Still Swinging". Financial Times. Consultado o 29 de agosto de 2014.
- ↑ Trebay, Guy (8 de setembro de 2015). "When Fashion Shows Were Fun". nytimes.com. New York Times. Consultado o 31 de outubro de 2016.
- ↑ Álvarez, Paloma (15 de setembro de 2016). "Anna Sui Primavera-Verano 2017". telva.com. Telva. Consultado o 31 de outubro de 2016.
- ↑ Griffith, Hayley. "What's Next for Anna Sui". Huffington Post.
- ↑ "CFDA Past Winners". CFDA.com.
- ↑ "Anna Sui". marie-claire.es. Marie Claire ES. 2016. Arquivado dende o orixinal o 31 de outubro de 2016. Consultado o 31 de outubro de 2016.
- ↑ "Scouting Mission". New York Post. Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2013.