Ames
Ames é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Santiago. Segundo o IGE, o 1 de xaneiro de 2018 tiña 31.278 habitantes (15.015 homes e 16.263 mulleres) (en 2012 29.331 habitantes, 27.900 no 2010, 24.553 no 2007, 23.219 no 2006, 22.228 no 2005, 20.840 no 2004).O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «amesán».[1]
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia da Coruña | ||||
Capital | Bertamiráns | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 32.482 (2023) (403,25 hab./km²) | ||||
Xentilicio | amesán | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 80,55 km² | ||||
Altitude | 63 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Blas García Piñeiro (2021–) | ||||
Eleccións municipais en Ames | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 15220, 15228, 15229, 15664, 15870 e 15895 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 15002 | ||||
Sitio web | concellodeames.gal |
Poboación
editarCenso total | 31.278 (2018) |
---|---|
Menores de 15 anos | 5.874 (18.78 %) |
Entre 15 e 64 anos | 21.733 (69.48 %) |
Maiores de 65 anos | 3.671 (11.74 %) |
Evolución da poboación de Ames Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
7.097 | 7.602 | 9.425 | 9.527 | 20.840 | 27.900 | 28.852 | 29.331 | 29.689 | 29.975 | 30.267 | 30.544 | 30.835 | 31.278 | 31.793 | 32.104 | 31.993 | ||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Toponimia
editarToponimia
editarO topónimo Ames, documentado na Idade Media como Oiames, podería ser un hidrónimo derivado da raíz indoeuropea weg-, referida a un lugar moi húmido, a través da forma con superlativo en acusativo plural *Ugiamos ou *Ugiamas.[2][3]
Xeografía
editarTen unha superficie de 80 km². Limita cos concellos de Santiago de Compostela, Teo, Brión, Negreira, A Baña e Val do Dubra. As poboacións principais son O Milladoiro e Bertamiráns.
Historia
editarO val da Amaía estivo moi vinculado desde a Baixa Idade Media ás principais e máis influentes liñaxes nobres. Situado no Camiño Xacobeo a Fisterra, destaca a ponte Maceira sobre o río Tambre en Agrón. No Milladoiro situábase o fito onde os peregrinos divisaban por primeira vez as torres da catedral compostelá. En 1812 constituíuse o concello de Biduído, adscrito ó partido xudicial de Santiago e á provincia única de Galicia. En 1821 o concello de Biduído integrouse na provincia da Coruña. En 1835 a capital pasou a ser a parroquia de Ames, cambiando o nome do concello. Destacan os Santuarios de Barouta e da Madalena e os pazos de Lens e Leboráns.
Galería de imaxes
editar- Artigo principal: Galería de imaxes de Ames.
-
Rúa principal de Bertamiráns.
-
Rúa lateral de Bertamiráns.
-
Regato que atravesa a vila de Bertamiráns.
-
Praza de Bertamiráns.
-
Vista desde o cemiterio de Ames.
Política
editarParroquias
editarLugares de Ames
editarPara unha lista completa de todos os lugares do concello de Ames vexa: Lugares de Ames.
Notas
editar- ↑ Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 40. ISBN 978-84-8158-706-7.
- ↑ López Boullón, Xosé Ramón (2019). Toponimia de Ames. A Coruña: Real Academia Galega. p. 23-24. ISBN 978-84-947823-7-4.
- ↑ Navaza, Gonzalo (2021). Os nomes dos concellos da provincia da Coruña. Real Academia Galega. ISBN 978-84-17807-09-2. doi:10.32766/rag.377.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ames |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Ames en OpenStreetMap.
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |