Amalafrida ou Amalafreda, foi filla do rei ostrogodo Teodomiro, e a súa esposa Erelieva. Amalafrida era irmá do rei Teodorico o Grande, e foi nai do tamén rei ostrogodo Teodato. Cara ao 500, para consolidar aínda máis a súa autoridade sobre os vándalos, Teodorico artellou unha alianza matrimonial con Trasamundo,rei dos vándalos, que se converteu no segundo marido de Amalafrida en Roma. Esta levou un gran dote mais tamén 1.000 guerreiros de elite góticos e outros 5.000 retenedores armados.[1]

Modelo:BiografíaAmalafrida
Biografía
Nacemento460 Editar o valor en Wikidata
Morte526 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata (65/66 anos)
Actividade
Ocupaciónconsorte Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloRaíña consorte
Princesa Editar o valor en Wikidata
FamiliaAmalos Editar o valor en Wikidata
CónxuxeTrasamundo Editar o valor en Wikidata
FillosTeodato, Amalaberga Editar o valor en Wikidata
PaisTeodomiro Editar o valor en Wikidata  e Erelieva Editar o valor en Wikidata
IrmánsTeodorico o Grande Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fontePaulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft
Allgemeine Deutsche Biographie Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Ostrogoths-42
Denario de Trasamundo

Despois da morte do seu marido Trasamundo, o seu sucesor Hilderico deu ordes para o retorno de tódolos bispos católicos do exilio incluído Bonifacio, un defensor da ortodoxia, bispo da Igrexa africana. En resposta, Amalfrida encabezou un partido de revolta; chamou na súa axuda aos mouros e entrou en batalla en Capsa, a unhas trescentas millas ao sur da capital, á beira do deserto libio.[2] En 523, os partidarios de Amalafrida foron derrotados e Hilderico a arrestou e encarcerou nun intento de zafarse da hexemonía goda e tamén matou os seus soldados góticos.[2] Mentres viviu o seu irmán Teodorico, seguiu prisioneira, mais cando morreu ela tamén morreu no cárcere en data descoñecida.[3] Aínda que Hilderico espallo a idea de que morrera por causas naturais semella ser unha mentira.[4]

Amalafrida tivo dous fillos, dos que se descoñece con certeza quen foi o pai: Teodato, que chegou a ser rei dos ostrogodos,[5] e Amalaberga, quen casou con Hermanfredo, rei dos turinxios.

  1. Heather (1996), p. 231.
  2. 2,0 2,1 Hodgkin (1885), pp. 589-590.
  3. Heather (1996), p. 248.
  4. Hodgkin (1885), p. 590.
  5. Ibo Alfaro (1871), p. 154.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar