Alfabeto armenio
Historia do alfabeto |
---|
Idade de Bronce Medio ss –XIX - -XV
|
Meroítico s. –III. |
Xenealoxía completa |
O alfabeto armenio foi creado segundo a lenda no ano 405 por San Mesrop Mašťoc. Permitiu así que o armenio se convertese nunha lingua escrita, o grabar. A Biblia foi o primeiro texto que se traduciu en grabar polo propio Mesrop Mašťoc. A forma máis antiga de escritura armenia, que foi utilizada ata o século XI, é coñecida baixo o nome de erkaťagir (isto é, letras de ferro). É a escritura coa que os armenios escriben a súa lingua, o armenio.
O alfabeto armenio conta con non menos de trinta e nove caracteres e, a diferenza das linguas semíticas utilizadas nos países veciños do leste e do sur do Cáucaso, posúe unha notación íntegra das vogais. Como estas letras só teñen unha posibilidade de lectura, o alfabeto armenio constitúe un instrumento de gran precisión fonética. Toma do grego vinte e dous sons aos que atribúe os seus propios signos e engade catorce signos destinados a notar sons estraños ao grego.
A escritura armenia, como a grega, coa que está parcialmente emparentada, posúe maiúsculas e minúsculas. As formas dos signos do alfabeto armenio están bastante inspiradas nas dos caracteres persas que daquela se empregaban en Armenia. Como este alfabeto parecía que era perfecto desde o principio, non ten sufrido modificacións ao longo dos séculos.
Características
editarAo principio, o alfabeto estaba formado por unha soa serie de caracteres de tipo uncial (erkaťagir), que logo se converteron nas maiúsculas do alfabeto moderno. Estas últimas, tamén chamadas letras de ferro vense hoxe completadas por unha serie de minúsculas (bolorgir ou 'letras redondas').
Cara ao fin da Idade Media apareceu unha escritura cursiva (notrgir), de uso en tipografía e que equivalía en uso á nosa itálica. Esta escritura, hoxe desusada, é substituída por outra con caracteres de aspecto ergueito, o aramian, do nome do seu creador.
O bolorgir, pola súa banda, ten evolucionado para se facer máis doado de ler, pero conservando o seu aspecto inclinado.
O armenio escríbese de esquerda a dereita.
Letra | Minúscula | Maiúscula | Transcrición | Valor núm.. |
---|---|---|---|---|
Ayp | ա | Ա | a | 1 |
Pen | բ | Բ | b | 2 |
Kim | գ | Գ | g | 3 |
Da | դ | Դ | d | 4 |
Yech` | ե | Ե | e | 5 |
Za | զ | Զ | z | 6 |
Eh | է | Է | ē | 7 |
Ët` | ը | Ը | ə | 8 |
T`o | թ | Թ | t῾ | 9 |
Zhe | ժ | Ժ | ž | 10 |
Ini | ի | Ի | i | 20 |
Liun | լ | Լ | l | 30 |
Xeh | խ | Խ | x | 40 |
C'a | ծ | Ծ | c | 50 |
Ken | կ | Կ | k | 60 |
Ho | հ | Հ | h | 70 |
Dz'a | ձ | Ձ | j | 80 |
Ghat | ղ | Ղ | ł | 90 |
Cheh | ճ | Ճ | č | 100 |
Men | մ | Մ | m | 200 |
Yi | յ | Յ | y | 300 |
Nu | ն | Ն | n | 400 |
Sha | շ | Շ | š | 500 |
Vo | ո | Ո | o | 600 |
Ch`a | չ | Չ | č῾ | 700 |
Peh | պ | Պ | p | 800 |
Jheh | ջ | Ջ | ǰ | 900 |
Rra | ռ | Ռ | ṙ | 1000 |
Seh | ս | Ս | s | 2000 |
Vew | վ | Վ | v | 3000 |
Tiun | տ | Տ | t | 4000 |
Reh | ր | Ր | r | 5000 |
C`o | ց | Ց | č | 6000 |
Hiun | ւ | Ւ | w | 7000 |
P`iur | փ | Փ | p῾ | 8000 |
K`eh | ք | Ք | k῾ | 9000 |
Oh | օ | Օ | ō | 10000 |
Feh | ֆ | Ֆ | f | 20000 |
Signos de puntuación e de acento
editarNome | Carácter |
---|---|
Pequena ligatura Ech` Wiwn (utilizada como &) | և |
Letras acentuadas | |
Modificador medio-anel esquerda | ՙ |
Apóstrofo = Modificador armenio medio-anel dereito | ՚ |
Marca de énfase de modificador = Shesht | ՛ |
Puntuación | |
Marca de exclamación = Bac`aganch`akan Nshan | ՜ |
Coma = Bowt` | ՝ |
Marca de interrogación = Harc`akan Nshan | ՞ |
Marca de abreviatura = Patiw | ՟ |
Punto = Verjhaket | ։ |
Guión = Ent`amnay | ֊ |
Armenio en Unicode
editarOs caracteres armenios en Unicode van de U+0530 a U+058F.
0 | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | A | B | C | D | E | F | ||
530 | Ա | Բ | Գ | Դ | Ե | Զ | Է | Ը | Թ | Ժ | Ի | Լ | Խ | Ծ | Կ | ||
540 | Հ | Ձ | Ղ | Ճ | Մ | Յ | Ն | Շ | Ո | Չ | Պ | Ջ | Ռ | Ս | Վ | Տ | |
550 | Ր | Ց | Ւ | Փ | Ք | Օ | Ֆ | ՙ | ՚ | ՛ | ՜ | ՝ | ՞ | ՟ | |||
560 | ՠ | ա | բ | գ | դ | ե | զ | է | ը | թ | ժ | ի | լ | խ | ծ | կ | |
570 | հ | ձ | ղ | ճ | մ | յ | ն | շ | ո | չ | պ | ջ | ռ | ս | վ | տ | |
580 | ր | ց | ւ | փ | ք | օ | ֆ | և | ։ | ֊ |