Akhaltsikhe (en xeorxiano: ახალციხე; en armenio: Ախալցխա; en ruso: Ахалцихе; en turco: Ahıska) é unha pequena cidade do suroeste de Xeorxia, capital da rexión de Samtskhe-Javakheti e do distrito homónimo. O nome da cidade significa "nova fortaleza". A poboación era de 17.903 habitantes en 2014, a maioría deles xeorxianos (72%) cunha minoría importante de armenios (27%).

Modelo:Xeografía políticaAkhaltsikhe
ახალციხე (ka) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
Mapa
 41°38′20″N 42°59′10″L / 41.63889, 42.98611
EstadoXeorxia
Mkhare (pt) TraducirSamtskhe-Javakheti (pt) Traducir
Lista (pt) TraducirAkhaltsikhe Municipality (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Akhaltsikhe Municipality (en) Traducir (1930–) Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación16.425 (2016) Editar o valor en Wikidata
Lingua oficiallingua xeorxiana Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Bañado porPosof Çayı (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altitude1.029 m Editar o valor en Wikidata
Creaciónséculo XII Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal0800 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Outro
Irmandado con
Ardahan (pt) Traducir
Artvin (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Páxina webakhaltsikhe.gov.ge Editar o valor en Wikidata

Historia

editar
 
A cidade arredor do ano 1887.

A cidade foi mencionada por vez primeira nas crónicas do século XII. Nos séculos XII e XIII foi a sede dos Akhaltsikheli, duques de Meskheti. Dende o século XIII até o século XVII, a cidade e Meskheti foron gobernados pola familia feudal de Jaq'eli.

En 1576 os otománs conquistaron a cidade, e en 1628 pasou a ser o centro do eyalet de Çıldır, co nome de "Ahıska".

En 1828, durante a guerra ruso-turca (1828-1829), as tropas rusas baixo o mando do xeneral Paskevich tomaron a cidade, e como consecuencia do Tratado de Adrianópole de 1829, foi cedida ao Imperio ruso como parte da gobernación de Tiflis.