Adobe Inc.

empresa de software con sede nos Estados Unidos

Adobe Inc. é unha empresa de software con sede en San José (California, Estados Unidos) fundada en decembro de 1982 por John Warnock e Charles Geschke. Destaca no mundo do software polos seus programas de edición de páxinas web, vídeo e imaxe dixital. Adobe xogou un rol significativo no comezo da revolución da autoedición cando Apple comezou a utilizar PostScript para a súa liña de impresoras LaserWriter en 1985.

Adobe Inc.

Editar o valor en Wikidata
Fundación1982
LocalizaciónCalifornia (Estados Unidos)
Persoas claveJohn Warnock
Charles Geschke
IndustriaInformática
ProdutosProgramas informáticos, mercadotecnia
Na rede
https://www.adobe.com/, https://business.adobe.com/, https://www.adobe.com/au/, https://www.adobe.com/nz/, https://www.adobe.com/kr/, https://www.adobe.com/tw/, https://www.adobe.com/cn/ e https://www.adobe.com/hk_zh/
Facebook: Adobe Twitter: Adobe Instagram: adobe LinkedIn: adobe Youtube: UC5_SBQbLA9Kg7Jh5GpXoP3g BNE: XX5249453 GitHub: adobe Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Historia

editar

A finais dos anos 80, logo de que o Postscript comezase a popularizarse, Adobe lanzou ao mercado Adobe Illustrator, que pronto se converteu nun dos programas indispensables para os profesionais gráficos. A principios dos 90, saíu a primeira versión de Photoshop que eventualmente sería un dos programas insignia da empresa e un dos seus produtos máis vendidos.

Acrobat e o formato PDF tardaron en atopar o seu lugar no mercado, pero a medida que as aplicacións ían integrándose máis as vantaxes do PDF fóronse facendo máis evidentes e actualmente é o estándar no que a intercambio de documentos dixitais respecta.

Adobe non conseguira desenvolver unha aplicación DTP, e polo tanto adquiriu Aldus en 1994, que producía Pagemaker, para competir con QuarkXPress, pero isto non foi suficiente e en 1999 foi presentado InDesign, que progresivamente foi ocupando lugares antes exclusivos de Quark, aínda que aínda non supera o seu market share.

No ano 2005 Adobe comprou Macromedia, coñecida empresa de software distribuidora dos programas Flash, Dreamweaver, Director, Fireworks, e Freehand entre outros.

Produtos e tecnoloxías

editar

Adobe produce aplicacións de nivel profesional destinadas ao retoque fotográfico (Photoshop), debuxo vectorial (Illustrator), maquetaxe (InDesign), edición de vídeo (After Effects, Premiere), documentos dixitais (Acrobat), contido web e multimedia (Dreamweaver e Flash), entre outros. Coa adquisición de Macromedia en 2005, Adobe ampliou os produtos que ofrecía con aplicacións e tecnoloxías que se complementaban coas que xa posuía. Adobe tamén é distribuidor de tipografías dixitais.

Un dos principais méritos da empresa foi a creación da linguaxe Postscript, que é a linguaxe que usan as impresoras láser para imprimir correctamente. Un dos desenvolvementos máis coñecidos de Adobe é o formato PDF (Portable Document Format) e Adobe Acrobat, programa que traballa con ese formato, e distribúese en diferentes versións: Adobe Reader (só permite ler PDF e é gratuíto) e Adobe Acrobat (comercialízase en edicións estándar e profesional), que permite crear documentos e outras numerosas opcións sobre o formato. Na actualidade Adobe é o distribuidor do Flash Player, creado por Macromedia, e encargado do desenvolvemento do formato SWF.

Os seus produtos pódense adquirir por separado ou en paquetes que inclúen varias aplicacións que se integran entre se, como o Adobe Creative Suite, Adobe Production Studio e Adobe Studio 8.

Lista de produtos

editar
  • Adobe Creative Suite
    • Adobe Acrobat
    • Adobe Bridge
    • Adobe GoLive
    • Adobe Illustrator
    • Adobe InDesign
    • Adobe Photoshop
      • Adobe ImageReady
    • Adobe Stock Photos
    • Adobe Version Cue
  • Adobe Production Studio (Premium)
    • Adobe Audition
    • Adobe Encore DVD
    • Adobe Illustrator
    • Adobe Production Studio (Standard)
      • Adobe After Effects
      • Adobe Bridge
      • Adobe Photoshop
      • Adobe Premiere Pro
  • Macromedia Studio 8
    • Adobe Flash
    • Macromedia Dreamweaver
    • Macromedia Fireworks
    • Macromedia Contribute
    • Macromedia Flashpaper
  • Adobe Captivate
  • Adobe Central Output Server
  • Adobe Document Server
  • Adobe Document Policy Server
  • Adobe eBook Reader
  • Adobe Flash Player
  • Adobe Flex
  • Adobe Fonts
  • Adobe Form Manager
    • Adobe Form Server
  • Adobe FrameMaker
  • Adobe InCopy
  • Adobe Photoshop Lightroom (Beta)
  • Adobe LiveCycle Barcoded Forms
  • Adobe LiveCycle Designer
  • Adobe LiveCycle PDF Generator
  • Adobe LiveCycle Document Security
  • Adobe LiveCycle Reader Extensions
  • Adobe LiveCycle Forms
  • Adobe LiveCycle Form Manager
  • Adobe LiveCycle Policy Server
  • Adobe LiveCycle Workflow
  • Adobe Output Designer
  • Adobe PageMaker
  • Adobe PDF JobReady
  • Adobe Photoshop Album
  • Adobe Photoshop Album Starter Edition
  • Adobe Photoshop Elements
  • Adobe Premiere Elements
  • Adobe Reader
  • Adobe Source Libraries
  • Adobe SVG Viewer
  • Adobe Web Output Pak
  • Digital Negative Specification
  • Adobe Flash
  • Adobe Breeze
  • Macromedia ColdFusion
  • Macromedia Director
  • Macromedia Authorware
  • Macromedia FreeHand
  • Macromedia Robohelp
  • Adobe Shockwave
  • Adobe Shockwave Player
  • Macromedia JRun
  • Macromedia Flash Communication Server
  • Macromedia Central
  • Macromedia FlashCast

Ligazóns externas

editar