Acuario (recipiente)

recipiente onde se recrea o ambiente necesario para gardar e criar plantas e animais acuáticos

Un acuario é un recipiente, xeralmente de vidro ou doutros materiais transparentes, como o metacrilato, e os máis sofisticados dotados de compoñentes mecánicos que fan posible a recreación dun ambiente subacuático de auga doce, mariña ou salobre e albergar vida correspondente a eses ambientes, como peixes, invertebrados, plantas etc.

Acuario

No acuario as condicións ambientais son estables e controladas, e están adecuadas para a vida dos organismos que van vivir nel. Os acuarios máis sofisticados poden acobillar un auténtico arrecife mariño, estando dotados de sistemas de iluminación especiais, bombas, xeradores de ondas, filtros físicos, biolóxicos e químicos, control de temperatura, bombas dosificadoras de elementos, reactores, medidores de parámetros etc.

Etimoloxía

editar

A palabra acuario provén do latín aqua, que significa 'auga', mais o sufixo -rium, que significa 'lugar, edificio'.

Prácticas antigas

editar
 
Peixe nun acuario

O coidado de peixes en contornas pechadas ou artificiais é unha práctica cun profundo arraigo na historia. Os sumerios antigos eran coñecidos por manter peixes en estanques, antes de preparalos para comer. Na China, crese que a reprodución selectiva da carpa, que derivou nos hoxe populares koi e carpa dourada comezou hai máis de 2 000 anos. Atopáronse descricións do peixe sagrado Oxyrhynchus na arte exipcia antiga. Moitas outras culturas tamén teñen unha historia de cría de peixes tanto para propósitos funcionais como decorativos. Os chineses gozaban dos peixes de cores en recipientes cerámicos grandes durante a dinastía Song.

Recipientes de vidro

editar

O concepto dun acuario, deseñado para a observación de peixes nun tanque pechado e transparente, para ser gardado no interior, xurdiu máis recentemente. Con todo, é difícil de concretar con precisión a data exacta deste desenvolvemento. No século XVIII, o biólogo Abraham Trembley conservou unha hidra que atopou nas canles do xardín 'Sorgvliet' nos Países Baixos, en grandes naves cilíndricas de vidro para o seu estudo. Polo tanto, considérase que o concepto de manter vida acuática en contedores de vidro data de entón.

Finalidade

editar

Sendo os peixes animais moi unidos ao seu medio ambiente, todo acuario deberá intentar proporcionarlles un biótopo adaptado ás súas necesidades (natureza da auga, temperatura, espazo dispoñible etc.) ós seus habitantes.

Segundo o obxectivo desexado, o acuario pode ser decorativo, científico etc.

Fabricación

editar

Os acuarios posúen polo menos unha cara transparente, de vidro ou plástico (polimetacrilato etc.).

Aínda que existen acuarios cuxa estrutura é de poliéster, de formigón ou outros materiais, os acuarios máis correntes son de vidro. Nas últimas décadas están tendo moito auxe materiais plásticos como o plexiglás. Estes materiais son máis lixeiros e resistentes, pero amarelecen co tempo, polo que non son moi recomendables. Ata os década dos 70, a maioría dos acuarios de vidro ensamblábanse con esquinas metálicas, pero agora simplemente os cristais péganse con silicona.

De xeito xeral, e segundo a concentración en sales minerais da auga, os acuarios divídense en:

  • Acuarios de auga doce (concentración salina de < 0,5%), que simula un ambiente lacustre ou fluvial;
  • Acuarios de auga salgada (concentración salina de 5%-18%), que simula un ambiente mariño ou oceánico; e
  • Acuarios de auga salobre (concentración salina de 0,5%-5%), que simula os ambientes intermedios en canto a concentración salina, por exemplo albufeiras ou estuarios.

Pero, máis detalladamente, a acuariofilia distingue varios tipos de acuarios segundo a súa finalidade:

  • Acuario de comunidade - onde viven peixes e plantas de diversas especies, independentemente da súa lugar de orixe. Obviamente, agrúpanse tendo en conta que as características ambientais que precisan son as mesmas.
  • Acuario de especie individual - son acuarios destinados á cría dunha determinada especie de peixe. Este acuario require unha contorna moi específica, adecuada ó peixe. Diferénciase do acuario de cría en que non ten fins de selección de raza ou comerciais.
  • Acuario de biótopo - onde están reunidos peixes e plantas que pertencen a un mesmo hábitat, co fin de recrear un determinado ambiente.
  • Acuario de reprodución - As súas condicións ambientais tratan de facilitar a reprodución dunha ou varias especies de peixes.
  • Acuario de cría- destinado á cría dunha soa especie de peixe por motivos de selección de raza ou con fins comerciais.
  • Acuario holandés - é unha preparación especial do acuario, que ten a súa orixe nos anos 70. Prevé un gran cultivo de plantas acuáticas, que cobren case todo o tanque, a miúdo non ten presenza de peixes.

Para rematar, atendendo á temperatura da auga, podemos distinguir tres tipos de acuarios:

  • O acuario morno; nel a temperatura oscila entre 18º e 22 °C aproximadamente. Durante os meses de inverno, unha resistencia eléctrica impide que a temperatura baixe por baixo dos 15 °C. Utilízase sobre todo para peixes exóticos resistentes.
  • O acuario tropical; é indiferente a concentración salina da auga, pode ser tanto doce como salgada. É quentada por un sistema de termorregulación. A temperatura flutúa entre 23º e 28 °C aprox., grazas ó uso de resistencias eléctricas, e é regulada por un termóstato.

Accesorios

editar

Sistema de filtración nun acuario típico: (1) Entrada. (2) Filtración mecánica. (3) Filtración de carbono activo. (4) Medio de filtración biolóxica. (5) Saída á reserva.

 
Sistema de filtración nun acuario típico: (1) Entrada. (2) Filtración mecánica. (3) Filtración de carbono activo. (4) Medio de filtración biolóxica. (5) Saída á reserva.

Se é posible conservar peixes vivos un certo tempo nun pouco de auga sen ningunha axuda tecnolóxica, as condicións de vida serán moi deficientes, por iso todo acuario débese equipar correctamente.

Filtración

editar

É vital que a auga do acuario circule, quítenselle as impurezas e estea bioloxicamente depurada. Para facer isto, utilízase unha bomba de auga, que abasteza correctamente as masas de filtración, asegurando a filtración mecánica, e a desintoxicación biolóxica, pola acción de bacterias ou de materiais absorbentes.

A mestura da auga implica tamén unha función osixenante e permite recrear certos medios de vida axitados.

Iluminación

editar

Co fin de ben ver os peixes, de darlles un biorritmo diario e de asegurar a fotosíntese das plantas, un acuario débese iluminar correctamente.

O método aparentemente máis simple é o de utilizar a luz do día, pero isto ten numerosos inconvenientes: fai moverse ás algas filamentosas pola falta de control da intensidade luminosa, os peixes teñen cores máis apagadas etc.

Por estas razóns, débese iluminar o acuario por medio de lámpadas, habitualmente reguladas por unha agulla dos minutos axustada dunha decena de horas a unha ducia de horas por día. O mellor método é utilizar lámpadas fluorescentes hortícolas ou outras lámpadas especiais adaptadas ás necesidades das plantas tanto en calidade como en cantidade.

Climatización

editar

Para manter unha temperatura tropical, o que lle convén ós peixes exóticos, téñense que utilizar sistemas de climatización, compostos dunha resistencia e dun termóstato. No caso de peixes de auga fría, o procedemento é inverso, é preciso utilizar un sistema de refrixeración.

Poboación

editar

O chan do acuario adóitase recubrir de grava fina. Algúns centímetros son suficientes para permitir a fixación das plantas.

No caso da auga doce, débense evitar as substancias calcáreas, mentres que o acuario de auga de mar dotarase de area coralina, que permite estabilizar a calidade da auga. Convén prescindir das areas artificiais, así como das pedras pintadas.

A auga pode ser a da billa, a condición de que se modifique segundo as necesidades.

  • Os peixes de auga moi doce (cunca do Amazonas, por exemplo) necesitan, xeralmente, unha dulcificación, esta pode ser realizada mediante un osmotizador.
  • Os peixes de augas duras (lago Malawi, por exemplo) requiren un suplemento de sales especiais. A adición de pedras calcáreas pode ser unha solución.
  • Os peixes de auga de mar necesitan un suplemento de sal, preferentemente engadido a unha auga correctamente depurada, por exemplo por osmose.

No caso dunha auga clorada ou que conteña metais pesados, existen no mercado produtos neutralizantes que poden mellorar a súa calidade. É igualmente posible evacuar o cloro deixando repousar a auga nun recipiente aberto algúns días antes da súa utilización.

Decoración

editar

Todas as clases de decoracións son posibles.

Dealle preferencia ós materiais naturais ou aparencia natural: rolla, raíces de turbeira etc. En relación ás raíces de turbeira, pode ser conveniente fervelas antes de poñelas na auga para liberalas de posibles taninos que puidesen enturbiar a auga.

Certas especies aprecian o poder agacharse (Loche Clown, por exemplo) ou empregan o seu medio para poñer e protexer os seus ovos. É conveniente entón realizar acobillos con pedras (pódese utilizar tamén medio coco ou un bote de flores..., de antemán ben limpados).

O cristal de detrás pode ser enmascarado por unha decoración de poliéster resinado-enarenado, ou por un cartel que represente unha foto de acuario, co fin de aumentar o efecto de profundidade.

Plantas

editar

As numerosas especies de plantas adóitanse comercializar nas tendas especializadas. Desconfíe das plantas capaces de manterse dereitas fóra da auga: a miúdo trátase de plantas non acuáticas que se mergullaron polo seu valor estético (a miúdo plantas con raias brancas ou vermellas).

Non poña nunca plantas artificiais no seu acuario; as que están feitas de plástico recóbrense moi rapidamente de algas e se se omite o mantemento, vólvense unha cepa resistente de algas. ¡A única escapatoria é tirar a planta artificial!

Non plante nos acuarios de auga doce en exceso para permitir a reciclaxe dos refugallos nitroxenados.

Para auga de mar, pódense atopar varias especies de algas no mercado (Caulerpa, por exemplo).

Animais

editar

Nun acuario de auga doce, mantéñense esencialmente peixes. Pódense introducir igualmente algúns invertebrados: gasterópodos, moluscos etc.

Na auga do mar, poden instalarse numerosos invertebrados: ourizos de mar, anémonas, espirógrafos, corais, esponxas, ademais dos peixes.

Con todo, é necesario evitar a superpoboación do acuario.

Mantemento

editar

Un acuario correctamente instalado e poboado require pouco mantemento.

  • Renovación de auga: unha renovación regular dunha parte da auga (por exemplo 1/3 cada dúas semanas) permite eliminar os desperdicios orgánicos. Procédese normalmente por sifonaxe, aspirando a auga preto do chan, co fin de eliminar pola mesma operación os desperdicios sólidos.
  • Limpeza dos cristais: un raspador permite devolver a súa transparencia habitual ós cristais.
  • Limpeza das plantas: as plantas manchadas por algas débense limpar a man.
  • Limpeza do chan: trasladando o chan por medio dunha campá transparente, pódense extraer os desperdicios que se atopan alí e permitir a circulación de auga.
  • Fertilizar as plantas (a base de ferro orgánico, basicamente)
  • Alimentación dos peixes, a base de alimentos frescos, conxelados ou vivos (daphnias, artemias?).

Por que

editar

Renovar a auga

editar
 

É necesario efectuar cambios de auga regulares nun acuario.

Xa que se as bacterias se encargan de degradar o amoníaco e os nitritos en nitratos, estes últimos acumúlanse ós poucos no acuario, podendo alcanzar valores importantes que poderían ser tóxicos para os peixes. A taxa de nitratos debe ser sempre inferior a 50 mg/l.

Os nitratos son consumidos polas plantas acuáticas e polas algas. Con todo o consumo das plantas non basta para eliminar todos os nitratos en xeral, só os cambios de auga regulares permiten obter taxas aceptables.

Por outra banda, os cambios de auga permiten fornecer os oligoelementos necesarios ós peixes e ás plantas, que, se non, se esgotan ós poucos no medio pechado que é o acuario. O ritmo e a cantidade dos cambios de auga son variables segundo a poboación do acuario e as condicións de mantemento. Aconséllase en xeral cambiar o 10 % da auga todas as semanas, ou o 20 % cada 15 días. Esta porcentaxe ten que ser aumentada se por suposto as taxas de nitratos se elevan demasiado.

Con todo, nunca se ten que cambiar toda a auga ó mesmo tempo (véxase Ciclo do nitróxeno).

Limpar os cristais

editar

Por cuestións de estética pero tamén para a vida no acuario. As plantas non poden sobrevivir sen luz. Sendo o vidro un material sobre o cal as algas se establecen facilmente, convén limpar regularmente para evitar a súa proliferación duradeira.

Alimentación

editar

Cada especie de peixe ten as súas propias esixencias, aínda que a maioría se alimentan a base de presas vivas que complementan con preparados inertes e achegas vexetais (follas de leituga ou espinaca, algas...).

O exceso de alimento resulta aínda máis desfavorable para os peixes cá deficiente calidade da auga. Alimentados en exceso, os peixes van acumulando graxas que só servirán para acurtar a súa vida. Por outra banda, se a súa ración é excesiva, non chegan a comela toda, polo que a auga se ensucia deseguida e compromete a saúde dos seus inquilinos.

A ración alimenticia dun peixe debe elaborarse en función dos seus gustos e esixencias, aínda que adoita constar de:

  • alimentos frescos: carne de peixe, carne crúa, ovos de peixe, mexillóns, vexetais;
  • presas vivas: vermes acuáticos, larvas de insectos, pequenos crustáceos;
  • alimento artificial: granulados industriais. A súa utilización debe restrinxirse ós días en que non dispoñamos de alimentos frescos ou presas vivas.

Ecoloxía

editar

A ecoloxía ideal do acuario reproduce o equilibrio que se atopa na natureza nun sistema pechado que é o acuario. Na práctica é case imposible manter un equilibrio perfecto. Como exemplo, unha relación equilibrada de depredador-presa é case imposible de manter ata no maior dos acuarios. Tipicamente o cuidador do acuario debe tomar medidas para manter o equilibrio no pequeno ecosistema contido no seu acuario.

É máis fácil acadar un equilibrio aproximado cando temos volumes grandes de auga. Calquera suceso que perturbe o sistema despraza a un acuario fóra do equilibrio; canta máis auga estea contida nun depósito, máis fácil será de asimilar os efectos de devandito suceso. Por exemplo, a morte dun único peixe nun depósito de 11 L, causa cambios dramáticos no sistema, mentres que a morte dese mesmo peixe nun depósito de 400 L con moitos outros peixes nel, representa un cambio moito menor no equilibrio do depósito. Por isto, os afeccionados a miúdo están a favor de depósitos maiores cando sexa posible, xa que como son sistemas máis estables requiren menos atención ao mantemento do equilibrio.

Ciclo do nitróxeno

editar
 
Ciclo do nitróxeno nun acuario (en inglés).

Un asunto esencial para o acuariófilo é a xestión dos residuos biolóxicos producidos polos habitantes dun acuario. Peixes, invertebrados,fungos, e algunhas bacterias excretan refugallos nitroxenados en forma de amoníaco (que se pode converter en amonio, dependendo da química da auga) que debe pasar polo ciclo do nitróxeno. Tamén se produce amoníaco a través da descomposición das plantas e a materia animal, incluíndo feces e outros detritos. Os refugallos nitroxenados convértense en tóxicos para os peixes e outros habitantes do acuario en concentracións altas.

Un depósito ben equilibrado contén organismos que poden metabolizar os refugallos doutros residentes do acuario. Os refugallos nitroxenados que se producen nun depósito son metabolizados nos acuarios por un tipo de bacterias coñecidas como nitrificantes (xénero Nitrosomonas). As bacterias nitrificantes crían o amoníaco da auga e metabolízano para producir nitritos. Os nitritos tamén son altamente tóxicos para os peixes en concentracións altas. Outro tipo de bacterias, xénero Nitrospira, converten os nitritos en nitratos, unha substancia menos tóxica.

Este proceso coñécese como ciclo do nitróxeno.

Ademais das bacterias, as plantas acuáticas tamén eliminan os refugallos nitroxenados metabolizando o amoníaco e os nitratos. Cando as plantas metabolizan compostos do nitróxeno, eliminan o nitróxeno da auga, utilizándoo para construír biomasa. Con todo, isto é soamente temporal, xa que as plantas volven expulsar o nitróxeno á auga cando as follas vellas se descompoñen, por exemplo.

Aínda que informalmente se lle chama ciclo do nitróxeno, é de feito soamente unha parte dun ciclo maior: débese engadir nitróxeno ó sistema (normalmente a través da comida proporcionada ós habitantes do depósito), e os nitratos acumúlanse na auga ó final do proceso (ou contribuír a un crecemento en biomasa mediante o metabolismo das plantas). Na práctica, esta acumulación de nitratos nos acuarios caseiros esixe que o coidador do acuario realice cambios periódicos de auga, sacando a auga alta en nitratos e substituíndoa por auga baixa en nitratos.

Os acuarios dos afeccionados a miúdo non conteñen as poboacións necesarias de bacterias necesitadas para limpar os refugallos nitroxenados dos habitantes do depósito. Este problema soluciónase a través de dúas filtracións: Os filtros de carbono activo absorben os compostos do nitróxeno e outras toxinas da auga, mentres que os filtros biolóxicos proporcionan un medio especialmente deseñado para a colonización polas bacterias nitrificantes desexadas.

Outros ciclos de nutrientes

editar

O nitróxeno non é o único nutriente que circula por un acuario. O osíxeno disolto entra no sistema pola superficie da auga en contacto co aire, ou mediante unha bomba de aire. O dióxido de carbono abandona o sistema tamén polo aire. O ciclo do fosfato é un importante, aínda que a miúdo ignorado, ciclo de nutrientes. O xofre, o ferro e outros micronutrientes tamén circulan polo sistema, entrando como comida e saíndo como residuos. O control apropiado do ciclo do nitróxeno, xunto coa achega dun fornecemento de comida equilibrado, adoita ser suficiente para manter estoutros ciclos de nutrientes en equilibrio aproximado.

Acuarios públicos

editar

Os acuarios públicos son instalacións abertas ó público para ver especies acuáticas. A maior parte dos acuarios públicos presentan unha determinada cantidade de tanques máis pequenos, así como un ou máis depósitos maiores. Os depósitos máis grandes teñen unha capacidade de varios millóns de litros de auga e poden acoller especies grandes, incluíndo golfiños, quenllas ou baleas. Os animais acuáticos e semiacuáticos, (lontras, pingüíns?), poden ser expostos tamén por acuarios públicos.

Desde o punto de vista operacional, un acuario público é similar en moitos aspectos a un zoolóxico ou museo. Un bo acuario terá exposicións especiais para atraer os visitantes, ademais da súa colección permanente. Uns cantos teñen a súa propia versión de "zoo para tocar"; por exemplo, o Monterey Bay Aquarium, en Monterey (California), ten un depósito superficial cheo de tipos comúns de raias, e o público pode tocar as súas peles coriáceas cando pasan.

Coma os zoos, os acuarios normalmente teñen un corpo especializado de investigadores que estuda os costumes e bioloxía dos seus espécimes. Nos últimos anos, os grandes acuarios estiveron intentando adquirir e criar diversas especies de peixes de océano aberto, e ata cnidarios (medusas), unha tarefa difícil posto que estas criaturas nunca antes atoparon superficies sólidas como as paredes dun depósito, e non adquiriron o instinto para apartarse das paredes no canto de chocar contra elas.

O primeiro acuario público abriu en Regent's Park, Londres, en 1853. Phineas Taylor Barnum seguiuno rapidamente co primeiro acuario americano, aberto en Broadway, Nova York. A maior parte dos acuarios públicos localízanse preto do océano, para ter un fornecemento constante de auga de mar natural. Un acuario pioneiro de interior foi o Shedd Aquarium de Chicago, que recibía a auga de mar transportada por ferrocarril.

En xaneiro de 1985, Kelly Tarlton empezou a construción do primeiro acuario en incluír un gran túnel acrílico transparente, en Auckland, Nova Zelandia, unha tarefa que necesitou 10 meses e custou tres millóns de dólares neozelandeses. O túnel de 110 metros construíuse con follas de plástico de fabricación alemá que se conformaban alí nun gran forno. Actualmente, unha fita mecánica transporta os visitantes, e os grupos de escolares ocasionalmente pasan a noite alí, baixo os tiburóns e as raias.

A miúdo, algúns acuarios públicos afílianse a institucións superiores de investigación oceanográfica importantes ou conducen os seus propios programas de investigación, e normalmente (aínda que non sempre) especializarse nas especies e ecosistemas que se poden atopar nas augas locais.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Brunner, Bernd: The Ocean at Home: An Illustrated History of the Aquarium. Nova York: Princeton Architectural Press (2005). ISBN 1-56898-502-9.
  • David E. Boruchowitz: The Simple Guide to Fresh Water Aquariums. TFH Publications (2001). ISBN 0-7938-2101-0
  • Kang Chol-Hwan, Pierre Rigoulot, Chor-Hwan Kang, Yair Reiner: The Aquariums of Pyongyang: Ten Years in the North Korean Gulag. Basic Books; Reprint edition (2002). ISBN 0-465-01102-0
  • Vincent B. Hargreaves: The Complete Book of the Marine Aquarium. Thunder Bay Press (CA) (2002). ISBN 1-57145-762-3
  • Maddy Hargrove, Mic Hargrove: Aquariums for Dummies. For Dummies (1999). ISBN 0-7645-5156-6
  • Peter Hiscock: Aquarium Designs Inspired by Nature. Barron's Educational Series (2003). ISBN 0-7641-5549-0
  • Peter Hiscock: Encyclopedia of Aquarium Plants. Barron's Educational Series (2003). ISBN 0-7641-5521-0
  • Michael S. Paletta, Edward Kadunc, Scott W. Michael, John Goodman: The New Marine Aquarium: Step-By-Step Setup & Stocking Guide. TFH Publications (1999). ISBN 1-890087-52-1
  • Michael S. Paletta: Ultimate Marine Aquariums: Saltwater Dream Systems and How They Are Created. Microcosm Ltd (2003). ISBN 1-890087-74-2
  • Scott, Peter W.: The Complete Aquarium. DK Publishing (1995). ISBN 0-7894-0013-8.
  • Skomal, Gregory: Setting up a Freshwater Aquarium: An Owner's Guide to a Happy Healthy Pet. Nova York: Wiley Publishing (1997). ISBN 0-87605-502-1.
  • Tlusty, Michael:The benefits and risks of aquaculture production for the aquarium trade. Aquaculture (2002). v205 i3 px 203 (17).

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar