Aciñeira
Aciñeira | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Quercus ilex | |||||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||
Pouco preocupante | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||
Quercus ilex L. | |||||||||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||||||||
|
A aciñeira[1] ou carrasca (Quercus ilex) é unha árbore cupulífera do xénero dos carballos, monoica e perennifolia. A aciñeira ten unha lonxevidade de 200 a 500 anos.
Morfoloxía
editarAcada unha altura de 20–27 m, a copa é densa e redondeada, un toro curto e pólas rectas e ascendentes, as follas varían dende as de forma estreita e longa o outras ovaladas, nas beiras son onduladas ou teñen dentes espiñentos. Miden de 2 a 9 cm. Agroma de abril a maio. As flores masculinas agrúpanse en amentos colgantes.
Os seus froitos, landras, de entre 1,5 e 2,5 cm de lonxitude, son de cor verde clara cando novas e de cor castaña xa de maduras. Están cubertas parcialmente por unha cúpula escamuda e teñen un pedúnculo curto. As landras maduran no outono (de outubro a novembro) e son doces.
A súa madeira é moi dura, pesada, forte e resistente de difícil modelación, con gretas pouco fondas. Emprégase para facer rodas, aparellos de labranza, para combustible e carbón vexetal.
Hábitat
editarOs aciñeirais son bosques característicos do sur de Europa de clima mediterráneo, en terras secas do litoral de Francia, Italia e Península Ibérica. En Galiza está presente nas provincias de Ourense e Lugo, na zona que fai fronteira con León e Zamora.
Adoita plantarse como protección, especialmente xunto ao mar, pola súa resistencia aos ventos e á contaminación das cidades.
Galería de imaxes
editar-
Tronco e pólas de enciño en Frouzet (Francia).
-
Cortiza de enciño.
-
Folla de aciñeira.
-
Landra madura de Quercus ilex.
-
Museum specimen.
Notas
editar- ↑ Entrada nº 12. Xusto Rodríguez Río (coordinación) (2004). Servizo de Normalización Lingüística da USC, ed. Termos esenciais de botánica (PDF). p. 18.
Véxase tamén
editarVexa a entrada do Galizionario acerca de Aciñeira |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Aciñeira |
Bibliografía
editar- As 50 árbores máis comúns. Baía Edicións.
- García, Xosé Ramón (2008). Guía das plantas de Galicia, Edicións Xerais de Galicia. ISBN 978-84-9782-939-7.