Aaron Charles Rodgers, nado o 2 de decembro de 1983 en Chico (California), é un xogador estadounidense de fútbol americano profesional que actualmente xoga como quarterback para os Green Bay Packers da National Football League (NFL). Rodgers xogou fútbol colexial para a Universidade de California, onde bateu varios récords como pasador, incluíndo as taxas máis baixas nunha temporada e en global de intercepcións.[1] Tras acabar o seu periplo universitario, foi seleccionado polos Packers na primeira rolda (posto 24) do Draft de 2005.[2]

Modelo:BiografíaAaron Rodgers

(2021) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento2 de decembro de 1983 Editar o valor en Wikidata (40 anos)
Chico, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónPleasant Valley High School (en) Traducir
Universidade de California, Berkeley
Butte College (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura188 cm Editar o valor en Wikidata
Peso100 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxogador de fútbol americano, teórico da conspiración Editar o valor en Wikidata
DeporteFútbol americano Editar o valor en Wikidata
Disciplina deportivaFútbol americano Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoQuarterback (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Número deportivo12 Editar o valor en Wikidata
Convocado porGreen Bay Packers Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
California Golden Bears football
2005– Green Bay Packers
2023– New York Jets
Familia
ParellaShailene Woodley (2020–2022)
Danica Patrick (2018–2020) Editar o valor en Wikidata
IrmánsJordan Rodgers Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm2333671 Twitter: AaronRodgers12 Instagram: aaronrodgers12 Editar o valor en Wikidata

Despois de ser o suplente de Brett Favre durante os seus primeiros tres anos de carreira na NFL, Rodgers converteuse no quarterback titular dos Packers en 2008, liderando ao equipo na temporada 2010 á vitoria na Super Bowl XLV. Entre os recoñecementos á súa lavor recibiu o premio ao mellor xogador da Super Bowl XLV, Atleta do Ano de Associated Press en 2011,[3] así como mellor xogador da NFL en 2011 e 2014. A nivel estatístico, Rodgers liderou a NFL tres veces en taxa de touchdown por intercepción (2011, 2012, 2014),[4] dúas veces en eficiencia de pase (2011, 2012), porcentaxe de pases de touchdown (2011, 2012) e menor taxa de intercepción de pase (2009, 2014) e unha vez en iardas por intento (2011).

A nivel global, Rodgers é o líder de todos os tempos da NFL en eficiencia de pase en temporada regular cun índice do 103,8[5][6] e o quinto de toda a historia nas playoffs cun índice do 98,2 (dentro dos pasadores con, como mínimo, 1.500 e 150 tentativas de pase respectivamente).[7] De feito, é un dos únicos quarterbacks que teñen unha eficiencia de pase superior ao 100,0 en liga regular (xunto con Russell Wilson)[6] así como en ter unha taxa de 4,01 touchdowns por intercepción.[8] Tamén posúe o récord de menor porcentaxe de intercepcións por pase para un quarterback en liga regular cun 1,6%[9] e o récord absoluto de mellor eficiencia de pase nunha temporada con 122,5.[10]

Traxectoria

editar

Primeiros anos

editar

Nado en Chico (California)[11] Aaron Rodgers é fillo de Darla Leigh (nada Pittman) e Edward Wesley Rodgers. O pai de Aaron, quiropráctico de profesión, foi xogador de fútbol americano universitario, na posición de liña ofensiva, nos Chico State Wildcats de 1973 a 1976.[12][13] A súa ascendencia é, entre outras, de orixe británica, irlandesa e alemá.[12][14] Tras a mudanza da familia a Ukiah (California), Aaron acudiu á escola primaria de Oak Manor.[15] Nesa altura, Edward Rodgers lazou un balón aos pés dos seus fillos Luke, Aaron e Jordan, e pediulles que non bebesen nin fosen a festas universitarias ou verían truncada a súa carreira deportiva como lle pasara a el. Aaron tomou moi en conta o consello.[13] A idade de dez apareceu na portada do Ukiah Daily Journal pola súa actuación nunha competición local de tiros libres de baloncesto.[15]

Posteriormente, a familia mudouse a Beaverton, Oregón, onde Rodgers acudiu ás escolas primarias de Vose e Whitford, xogando ademais ao béisbol na liga local de Raleigh Hills nas posicións de shortstop, center field e pitcher.[16] A familia Rodgers regresou a Chico en 1997, e Aaron acudiu ao Instituto de Pleasant Valley, onde xa xogou ao fútbol americano. Titular como quarterback durante dúas temporadas no equipo do centro, conseguiu facer 4.421 iardas de pase. Bateu ademais récords do instituto, como os seis touchdowns e 440 iardas nun só partido, así como o iardas totais nunha temporada con 2.466 en 2001. Finalmente, gradúase na primavera de 2002.[17]

Universidade

editar

A pesar das súas temporadas de récords estatísticos, Rodgers non atraera moito interese por parte das universidades con equipos na primeira división da NCAA. Nunha entrevista no ano 2011 con E:60, atribuíu esta falta de atención no proceso de recrutamento debido ao seu físico naquela altura (1,78 m e 75 kg). O desexo de Rodgers era ir á Universidade de Florida State e xogar baixo o mando de Bobby Bowden, porén, foi rexeitado.[18] De feito, só recibiu unha oferta para competir por unha bolsa non deportiva na Universidade de Illinois. Tras declinar a invitación, considerou deixou o fútbol e adicarse ao dereito.

Finalmente, foi recrutado para xogar na Universidade de Butte, cuxa facultade estaba a uns 25 km da súa cidade natal. Na súa primeira temporada conseguiu 26 touchdowns, liderando a Butte a un rexistro de 10 vitorias por tan só unha derrota no campionato da Conferencia NorCal. A súa actuación chamaron a atención do adestrador dos California Golden Bears Jeff Tedford, o cal estaba realmente a observar ao tight end de Butte Garrett Cross. Sorprendido de que non fose recrutado antes, ofreceulle xogar na Universidade de California, Berkeley. Debido ao bo historial académico de Rodgers no instituto, puido ser transferido de universidade despois dun ano en lugar dos habituais dous.

Xa cos Golden Bears, Rodgers foi nomeado quarterback titular no quinto partida da temporada 2003, precisamente nun encontro que o enfrontaba á única universidade que lle ofrecera a oportunidade de xogar na primeira división do fútbol universitario: Illinois. Como estudante de segundo ano, axudou ao equipo a ter un récord de 7-3 sendo titular. No seu segundo partido como titular, levou ao seu equipo a ir gañanado á USC (nese momento terceira na clasificación) por 21-7 no descanso, xusto antes de ser substituído por Reggie Robertson debido a unha lesión. Finalmente o seu equipo gañou despois de tres prórrogas por 34-31. Posteriormente, foi nomeado mellor xogador da Insight Bowl ante Virginia Tech tras de conseguir 394 iardas de pase. Ese ano conseguiu igualar o récord da universidade de partidos con máis de 300 iardas (5) e estabeleceu o récord de menor porcentaxe de pases interceptados co 1,43%.

Como xogador de terceiro ano liderou ao equipo a un récord de 10-1, colocando aos Golden Bears entre os cinco mellores equipo da clasificación universitaria. De feito, o único partido perdido foi unha derrota por 23-17 ante a USC, a cal ocupaba o primeiro posto. Precisamente nese encontro, Rodgers bateu o récord de pases completos consetivos con 26, igualando o récord da NCAA nun só partido con 23. Estabeleceu ademais o récord de mellor porcenxe de pases completados nun encontro da súa universidade co 85,3%. Compre destacar a falta de 1:47 para finalizar o encontro, o seu equipo estaba en posición de primeira e goal, o que lles daría o partido de conseguir o touchdown, aínda que finalmente non terían éxito.

Estatísticas na NCAA
California Golden Bears
Temporada Pase Carreira
Comp Att Pct Yards YPA TD Int Rating Att Yards Avg TD
2003 215 349 61,6 2.903 8,3 19 5 146,58 86 210 2,4 5
2004 209 316 66,1 2.566 8,1 24 8 154,35 74 126 1,7 3
Total 424 665 63,8 5.469 8,2 43 13 150,27 160 336 2,10 8

Profesional

editar

Despois da súa carreira universitaria os analistas agardaban que fose seleccionado entre os primeiros postos do Draft da National Football League (NFL) de 2005, xa que conseguira uns destacábis números na súa etapa universitaria con 2.566 iardas de pase e unha porcentaxe de acerto do 66,1. De feito, igualara o récord da NCAA de pases consecutivos completados con 23, fixera 24 pases de touchdown e tan só oito dos seus pases foran interceptados. Isto impresionou a moitos recrutadores da NFL, que comentaban del que era un "talentoso júnior cun forte brazo"[19] que "combina esta forza, con mecánica e precisión para conseguir todos os pases". Con todo, debido a que xogou nun equipo sistema que beneficiaba ao quarterback, moitos consideraron que os números que acadou estaban inflados, polo que tería problemas para adapatarse a algúns sistemas da NFL.[19]

Datos Pre-draft (NFL Combine)
Altura Peso 40-yd 10-yd 20-yd 3 conos Vert Lonx Int (m)
1,88 m 101 kg 4,71 s 1,65 s 2,75 s 7,39 s 86,63 cm 2,79 m 35 (24)

Estatísticas profesionais

editar

Tempada regular

editar
  Pase Carreira Fumbles Rexistro V-D
Ano Equipo P PT Comp Lanz % Ids I/L TD Int Proporción Car Ids Media TD Fum Perd Titular
2005 GNB 3 0 9 16 56.3 65 4.1 0 1 39.8 2 7 3.5 0 2 2 0–0
2006 GNB 2 0 6 15 40.0 46 3.1 0 0 48.2 2 11 5.5 0 1 1 0–0
2007 GNB 2 0 20 28 71.4 218 7.8 1 0 106.0 7 29 4.1 0 0 0 0–0
2008 GNB 16 16 341 536 63.6 4,038 7.5 28 13 93.8 56 207 3.7 4 10 3 6–10
2009 GNB 16 16 350 541 64.7 4,434 8.2 30 7 103.2 58 316 5.4 5 10 4 11–5
2010 GNB 15 15 312 475 65.7 3,922 8.3 28 11 101.2 64 356 5.6 4 4 1 10–5
2011 GNB 15 15 343 502 68.3 4,643 9.2 45 6 122.5* 60 257 4.3 3 4 0 14–1
2012 GNB 16 16 371 552 67.2 4,295 7.8 39 8 108.0 54 259 4.8 2 5 4 11–5
2013 GNB 9 9 193 290 66.6 2,536 8.7 17 6 104.9 30 120 3.3 0 4 0 6–3
2014 GNB 16 16 341 520 65.6 4,381 8.4 38 5 112.2 43 269 6.3 2 10 2 12–4
Totais 110 103 2,286 3,475 65.8 28,578 8.2 226 57 106.0 376 1,831 4.9 20 50 17 70–33
Fonte: pro-football-reference.com
* récord da NFL

Post-tempada

editar
  Pase Carreira Fumbles Rexistro V-D
Ano Equipo P PT Comp Lanz % Ids I/L TD Int Proporción Car Ids Media TD Fum Perd Titular
2007 GNB 1 0 0 0 0.0 0 0.0 0 0 0.0 0 0 0.0 0 0 0 0–0
2009 GNB 1 1 28 42 66.7 423 10.1 4 1 121.4 3 13 4.3 1 1 1 0–1
2010 GNB 4 4 90 132 68.2 1,094 8.3 9 2 109.8 14 54 3.9 2 2 1 4–0
2011 GNB 1 1 26 46 56.5 264 5.7 2 1 78.5 7 66 9.4 0 1 1 0–1
2012 GNB 2 2 49 72 68.1 531 7.4 3 1 97.6 5 40 8.0 0 1 0 1–1
2013 GNB 1 1 17 26 65.4 177 6.8 1 0 97.8 2 11 5.5 0 0 0 0-1
2014 GNB 2 2 43 69 62.3 494 7.2 4 2 91.1 4 8 2.0 0 2 1 1-1
Totais 12 11 253 387 65.4 2,983 7.7 23 7 101.0 35 192 5.5 3 7 4 6–5
Fonte: pro-football-reference.com
  1. "Player Bio: Aaron Rodgers". The University of California Official Athletic Site. Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2011. Consultado o 05 de marzo de 2015. 
  2. "National Football League: NFL Draft History". NFL. Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2011. Consultado o 05 de marzo de 2015. 
  3. "Rodgers named Male Athlete of the Year". Associated Press. 21 de decembro de 2011. 
  4. "NFL Stats: by Player Category". nfl.com. Consultado o February 4, 2015. 
  5. "Aaron Rodgers: Career Stats at NFL.com". nfl.com. 
  6. 6,0 6,1 "NFL Career Passer Rating Leaders". Pro-Football-Reference.com. Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2015. Consultado o 05 de marzo de 2015. 
  7. "NFL Career Playoffs Passer Rating Leaders". Pro Football Reference. Pro-Football reference. 
  8. "NFL Career Leaders – Passing Touchdown/Interception Ratio". Web. Footballdb.com. Consultado o November 3, 2014. 
  9. "NFL Career Pass Interception % Leaders". Pro-Football-Reference.com. Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2015. Consultado o 05 de marzo de 2015. 
  10. Mayer, Larry. "Bears gearing up to battle Rodgers". Chicago Bears. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2015. Consultado o 05 de marzo de 2015. 
  11. "Aaron Rodgers – No. 12 – QB". Sports Illustrated/CNN. Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2014. Consultado o 15 de decembro de 2016. 
  12. 12,0 12,1 "Ancestry of Aaron Rodgers". Genealogy.about.com. Arquivado dende o orixinal o 11 de decembro de 2011. Consultado o 15 de decembro de 2016. 
  13. 13,0 13,1 Jackel, Pete (6 de outubro de 2005). "Focus on Football: Rodgers preparing for his moment". RacineSportsZone.com. JournalTimes.com. 
  14. "Aaron Rodgers Ancestry". Web. Ancestry.com. 
  15. 15,0 15,1 "'Free throws' are his forte". Ukiah Daily Journal. 3 de xaneiro de 1993. p. 1. 
  16. "Green Bay quarterback Aaron Rodgers has strong ties to Beaverton". The Oregonian. 5 de febreiro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2016. Consultado o 15 de decembro de 2016. 
  17. "#12 Aaron Rodgers". Packer Report. Scout with FoxSports.com. Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2011. Consultado o 15 de decembro de 2016. 
  18. "E:60 – Aaron Rodgers". ESPN. 27 de outubro de 2011. 
  19. 19,0 19,1 "NFL Draft – QB Aaron Rodgers". Draftinsiders.com. Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2012. Consultado o December 9, 2011.