A fin de semana perdida

filme de 1945 dirixido por Billy Wilder

A fin de semana perdida (en inglés, The Lost Weekend) é un filme do director Billy Wilder que conta a historia dun escritor alcohólico. Foi premiado coa Palma de Ouro no Festival de Cannes de 1946 e co Oscar ao mellor filme na 18ª edición dos Oscar.

A fin de semana perdida
Póster do filme.
Ficha técnica
Título orixinalThe Lost Weekend
DirectorBilly Wilder
GuiónCharles Brackett
Billy Wilder
Baseado enThe Lost Weekend, de Charles R. Jackson
IntérpretesRay Milland
Jane Wyman
MúsicaMiklós Rózsa
FotografíaJohn F. Seitz
MontaxeDoane Harrison
Estrea16 de novembro de 1945 [1]
Duración99 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroDrama
Orzamento$1 250 000
Recadación$11 000 000[2]
Na rede
IMDB: tt0037884 Filmaffinity: 325753 Allocine: 65267 Rottentomatoes: m/lost_weekend Mojo: lostweekend Allmovie: v30170 TCM: 81891 TV.com: movies/the-lost-weekend Netlix: 60004165 Editar o valor en Wikidata

Estreouse en galego na TVG o 13 de marzo de 1989.[3]

Argumento

editar

O filme narra os feitos que ocorren en seis días, desde o xoves ata o martes.

O escritor alcohólico Don Birnam está preparándose para unha fin de semana de vacacións co seu irmán Wick, que quere obrigalo a deixar a bebida. A moza de Don, Helen, chega para despedirse deles e menciona que ten dúas entradas para un concerto. Don pide a Wyck que a acompañe e mentres el vai a un bar e perde o tren deliberadamente para volver a casa e seguir bebendo.

Personaxes

editar

Premios

editar

Na 18ª edición dos Oscar, A fin de semana perdida gañou catro premios, mellor filme, director, actor e guión. Ademais foi candidato á mellor fotografía, montaxe e música.

O filme compartiu o Grand Prix du Festival International du Film na primeira edición do Festival de Cannes, onde Milland tamén gañou o premio ao mellor actor. Xunto con Marty (1955) son os únicos filmes que gañaron o principal premio en Cannes e nos Óscar.

  1. "THE LOST WEEKEND - DIARY OF A DIPSOMANIAC (PG)". British Board of Film Classification. 23 de agosto de 1945. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 27 de xaneiro de 2013. 
  2. Box Office Information for The Lost Weekend. Arquivado 08 de marzo de 2014 en Wayback Machine. The Numbers. Consultado o 8 de marzo de 2014.
  3. "Televisión". ABC. 13 de marzo de 1989. Consultado o 14 de setembro de 2015. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar