Asociación Española de Normalización y Certificación
A Asociación Española de Normalización y Certificación (AENOR) é unha organización privada, independente e sen fins de lucro dedicada á normalización e certificación da calidade no Estado español.
Asociación Española de Normalización y Certificación | |
---|---|
Tipo | national standards organisation |
Data de fundación | 1986 |
Sede | calle de Génova |
País | España |
Na rede | |
http://www.aenor.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarConstituíuse en 1986, coincidindo coa entrada de España na Comunidade Económica Europea.[1] Até entón a normativa de normalización era responsabilidade do Instituto de Racionalización y Normalización (IRANOR), entidade pública creada en 1945 dependente do Consello Superior de Investigacións Científicas.[2]
Asociación Española de Normalización y Certificación | |
Oficinas en España | 20 |
Cadro de persoal | 581 |
Normas en catálogo | 31.519 |
Produtos certificados | 106.656 |
Certificados vixentes de sistemas de xestión | 18.473 |
Páxina web | http://www.aenor.es |
Fonte: Datos Principais AENOR |
Historia
editarNo primeiro ano creáronse os primeiros 24 comités técnicos de normalización, herdando o traballo de IRANOR, partindo de 7.810 normas, xa existentes.[1] Un ano despois, AENOR asumía a representación do Estado ante os organismos europeos: CEN, CENELEC e ETSI e internacionais ISO e IEC.
Actualmente,[cando?] son máis de 200 os comités técnicos de normalización nos que participan preto de 6.000 expertos.
En 1989 comezouse a certificación segundo UNE-EN ISO 9001 actualmente hai máis de 26.000 certificados.[3][4]
En 1992, coa celebración do Cumio da Terra no Río de Xaneiro, iniciáronse as políticas ambientais nas empresas, ISO 14000. Os primeiros certificados de AENOR desta norma son de 1994 e xa se levan emitidos máis de 6.900 certificados.[5]
En 2011, no seu 25 aniversario, AENOR contaba con 200 Comités Técnicos de Normalización, 28.000 normas e máis de 90.000 produtos exhiben a marca N. Nestes anos lévanse emitido máis de 60.000 certificados de sistemas de xestión.[6]
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Notas
- ↑ 1,0 1,1 "Conócenos; Historia". aenor.com (en castelán).
- ↑ "Consejo Superior de Investigaciones Científicas". www.csic.es. Consultado o 2023-10-17.
- ↑ "La Asociación Española de Normalización (UNE): AENOR se divide en dos, y el normalizador pasa a llamarse UNE – PDCA Home" (en castelán). 2017-02-19. Consultado o 2023-10-17.
- ↑ "Certificación de calidad - AENOR". www.aenor.com. Consultado o 2023-10-17.
- ↑ Certificación de Medio Ambiente - AENOR. Consultado o 17 de outubro de 2023.
- ↑ "UNE ; Revista de la Normalización Española". revista.une.org (en castelán). Consultado o 2023-10-17.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Asociación Española de Normalización y Certificación |
Outros artigos
editar- Acreditación
- Auditoría
- Auditoría de calidade
- Auditoría informática
- Certificación de produto
- Certificación ecolóxica
- Certificación enerxética
- Certificación forestal
- IEC
- CENELEC
- EFQM
- ETSI
- ISO (Organización Internacional para a Estandarización)
- ISO 9001
- ISO 14000
- ISO 26000
- ISO/IEC 17025
- Norma reguladora
- Norma técnica
- Normalización
- OEKO-TEX
- PMBOK
- Seguridade alimentaria
- Sistema de xestión ambiental
- TQM
- UNE
- Xestión da calidade
Ligazóns externas
editar- Páxina web de AENOR (en varias linguas)